Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SEGUNDO A DIRECTORA DO OBSERVATORIO DE MEDIOS DE VENEZUELA

Medios de comunicación informan tendenciosamente e defenden unha ética de guerra

Para a directora do Observatorio de Medios venezuelano, Maryclen Stelling, os medios de comunicación en xeral son desequilibrados e informan tendenciosa e sesgadamente durante conxunturas e procesos electorais.
Nunha entrevista no programa Los Domingos de Díaz Rangel, transmitido pola Televisora Venezolana Social (Tves), Stelling dixo: “os medios de comunicación tiveron unha influencia importante, sobre todo nas conxunturas electorais”.

Xurxo Martínez Crespo - 09:51 08/07/2008

Maryclen Stelling indicou que a través das funcións do Observatorio de Medios como laboratorio de monitoreo informativo, logrouse un grande achado determinando que os medios de comunicación non cumpren coa súa función de informar senón que responden a un interese netamente político.

Stelling expresou que en procesos electorais, nos cales se require de medios de comunicación equilibrados, que informen correctamente sobre as votacións, o seu rol baséase explicitamente en intereses políticos e os resultados son informacións sesgadas con inclinacións tendenciosas.

Nese sentido, a representante do Observatorio de Medios venezuelano cualificou que os medios de comunicación pasaron de ser guerreiros da comunicación a guerreiros políticos.

Ise foi o que demostrou o Observatorio de Medios. Pasaron a ser guerreiros políticos”, referiu. Porén, a tamén profesora universitaria salientou que un caso aínda peor de cumprir funcións de interese político é a que cumpren aqueles media con tendencias políticas e económicas, como os medios privados.

Actualmente os media están ao servizo de algo que non sei se existe, que chaman ética de guerra, na cal a ética que impera é a da guerra, onde todo é válido”, manifestou a entrevistada por Díaz Rangel.

Así mesmo, considerou que esa situación comunicativa que se vive en Venezuela é unha problemática rexional latinoamericana.

Ao respecto, manifestou: “os media están respondendo a un interese político, a tendencias perversas e de descualificación”.

A entrevistada exemplificou casos como Bolivia, onde a figura do presidente, Evo Morales, e o seu pobo indíxena é descualificada constantemente polos medios de comunicación, tal como acontce en Chile e El Salvador.

Stelling salientou a importancia de formar novos comunicadores sociais que coñezan as realidades latinoamericanas e que nas escolas de comunicación social ofrezan ferramentas para entender a realidade da rexión.

É unha realidade xeral, porque os problemas non son particulares senón comúns nos nosos países”, puntualizou Stelling.


3,75/5 (4 votos)