Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Destrución a toda Costa 2008'

Vázquez retrúcalle a Greenpeace: o informe é "antigo, amarelista e decepcionante"

O conselleiro e Medio Ambiente considera que o documento presentado esta cuarta feira polo grupo ecoloxista "non reflicte a realidade".

Redacción - 17:30 03/07/2008
O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez

O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez (PSdeG), cualificou esta sexta feira o informe de Greenpeace sobre o estado ambiental de Galiza de "antigo, amarelista e decepcionante" porque "non reflicte a realidade dos últimos tres anos".

Neste texto, titulado Destrución a Toda Costa 2008 e presentado esta cuarta feira, o colectivo ecoloxista Greenpeace realiza unha análise dalgúns dos problemas máis graves, peneirando as principais agresións, desde as macrourbanizacións até a planta de Reganosa, mais, segundo Vázquez "conta con pouco rigor científico". Neste sentido, o conselleiro referiuse, como exemplo, ao caso de Sanxenxo, que aparece no informe como un concello que se desenvolve de xeito descontrolado, cando, segundo Vázquez, "a consellería ten tres recursos contenciosos-administrativos parando as construcións".

Vázquez tamén retrucou á parte do informe que fala das rías galegas, e salientou que dicir que están todas contaminadas "é medio verdade, porque se investiron 629 millóns para sanealas". En canto á marea de cemento da que alerta Greenpeace, o conselleiro socialista dixo que as cousas non son tanto así, xa que "por primeira vez na historia se fixo unha Lei de Medidas Urxentes paralizando a construción a cincocentos metros da costa en 1.450 quilómetros".

O conselleiro referiuse tamén á ría do Burgo e dixo que a consellaría que el dirixe está a dedicarlle tempo a acabar coa licitación do cen por cento dos impactos de vertedura antes de que remate o ano.

"A Galiza que se reflicte no estudo non é a que eu coñezo"
O conselleiro de Medio Ambiente dixo sentirse decepcionado co informe de Greenpeace, porque se trataba dunha organización na que el "confiaba" e que "non está a reflectir a realidade".

Tamén dixo que pola súa xestión non agardaba recibir "aplausos", porque "seguro que hai moitas cousas que non se están facendo ben", mais tampouco pensaba que se había mostrar unha "imaxe catastrofista".

"Non me gusta o informe e dóeme porque seguramente terán razón en cousas pero esa imaxe catastrofista non a comparto en absoluto. Estamos a traballar moito para romper esa imaxe, se iso o din o día antes de tomar posesión créoo, pero a día de hoxe non", sentenciou Vázquez.


4/5 (4 votos)

Comentarios (7)

ecoe #1 3/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En cántos lugares quere o manoliño ver cómo séguen a traballar nas obras de construcción a menos de 500 metros da liña de costa?

ecoe #2 3/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué saneamento cabe entender nos verquidos á ría de Pontevedra de ENCE-ELNOSA (mercurio incluído) que van para á depuradora de Os Placeres?
Cómo se depuran as compoñentes de elementos metálicos? E das medidas superiores ás establecidas dos verquidos ENCE?

mceleiro #3 3/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema do que não se fala da marbelhização, além do feismo e a destruição em terra, são as consequências no mar.

Porque os "de Marbella", CAGAM!. E as depuradoras é uma palavra desconhecida nestas terras.


Do talante do conselheiro:

http://www.gznacion.com/web/no...

http://www.elpais.com/articulo...

Neste último artigo fala-se também dos orçamentos da conselharia:



188 millones perdidos

SOS Courel denunció ayer que Medio Ambiente es el departamento de la Xunta que, en proporción, deja un mayor porcentaje de su presupuesto sin ejecutar. En concreto, según el Informe de Execución Presupostaria da Xunta en 2006 y 2007, quedaron sin destino 92,6 y 95,2 millones de euros respectivamente, en torno a un 35% del presupuesto en cada caso.

La plataforma de defensa de este espacio natural, herido por las canteras a pesar de su protección oficial, cree que parte de esa inversión no ejecutada por Medio Ambiente podría dedicarse al proyecto de parque natural para O Courel. Una promesa del conselleiro al inicio de la legislatura, recuerda el grupo ecologista, que sin embargo "ha quedado totalmente mudo al respecto cuando este período enfila la recta final". SOS Courel lamenta que Manuel Vázquez no se digne a recibirlos para hablar del futuro Parque Natural de O Courel.

Mientras la UE mantiene abierta la investigación de las tres canteras de O Courel y otra más de Quiroga (A Campa, La Ilusión, Cupa II sección 2 y Cupa II sección 3), el Valedor do Pobo elabora su informe sobre el tema una vez que al fin ha recibido la documentación de Innovación, Política Territorial y, más tarde, Medio Ambiente

xoselado #4 4/Xullo/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Amarelista, antiga e DECEPCIONANTE si que é a política deste goberno do que tanto esperabamos...Ata cando abusaran da nosa paciencia?

dumiense #5 4/Xullo/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non concordo coas declaracións de Vázquez pero as valoracións que se fan dende asociacións ecoloxistas sempre van con excesos, todos o sabedes ben, e isto non é bo, hai que facer as cousas con rigor pois despois pasa como co conto do lobo.

Tino #6 4/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A VER, XENTE: eu paso por riba dos comentarios do Gaviotero ese pq NON KERO LE-LOS, pero vós OBRIGÁDESME coas vosas respostas.
TAN DIFICIL É IGNORA-LO? Organizaçao e atençao ao fundo da noticia!

lugris #7 4/Xullo/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que preuntarlle a este conselleiro de Medio Ambiente polas minis-centgrais que queren meter na Ribeira Sacra. Psoe a qué te dedicas? si chegas a estar solo no goberno non sei que sería de nos os galegos e galegas. De esquerda?. Eu teño claro que non. Progresista? tampouco. Sociolistos, sí. O Bng, tenno dificil, son só trece. Que fan, deixan o goberno?. Non, haberá que aproveitar ao PP de Feijoo para que se mollen e votar abaixo semellante barbaridade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Flickr: enderxen
Flickr: enderxen
O informe refírese a puntos de contaminación como a Ría de Ferrol (arriba) a de Vigo (aquí, a depuradora do Lagares) e a do Burgo (abaixo)
O informe refírese a puntos de contaminación como a Ría de Ferrol (arriba) a de Vigo (aquí, a depuradora do Lagares) e a do Burgo (abaixo)
Flickr: Delfin Grande
Flickr: Delfin Grande



Locais:
GZ-Sete