A secretaria xeral vén de presentar unha nova campaña para a promoción do galego: "En Galego tes todo por vivir. Tócache!".
'En galego, tes todo por vivir'. Este é o lema da nova campaña que vén de lanzar a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se marca o obxectivo de impulsar a nosa lingua. Esta iniciativa terá presenza nos medios de comunicación e establece como franxa de idade prioritaria a da mocidade, por ser un colectivo con baixo uso do idioma, malia a súa ampla competencia no seu coñecemento.
Verbas como 'semente', 'axóuxere' ou 'chorima' son empregadas na campaña, que se basea no xogo de palabras encadeadas. Ademais das cuñas publicitarias, contempla outras propostas abertas á participación. Unha delas serán os 'xogos familiares', que se organizarán en espazos públicos para favorecer a transmisión familiar do idioma. Tamén se pon en marcha a web palabrasencadeadas.com, na que xa está aberto un concurso para achegar imaxes nas que estean capturadas palabras en galego. Asemade retomarase a 'Xeración E logo', que consiste no reparto a todas as mulleres embarazadas de material para a interacción cos pequenos en galego.
Críticas ás plataformas contra a normalización
Na presentación da campaña, a secretaria xeral de política lingüística, Marisol López, lamentou os intentos de protexer o castelán en Galiza, unha lingua, dixo, "que non está ameazada". Dixo que é ao galego ao que lle queda un "longo camiño por andar", porque perviven moitos prexuízos sociais, como demostra por exemplo a súa case nula utilización no ámbito económico.
Xa en declaracións a Vieiros, Marisol López, tivo tamén unhas palabras para o 'Manifesto por la lengua común' en defensa do castelán que veñen de asinar coñecidos persoeiros galegos. López recorda que a protección do castelán xa está contemplada na constitución e asegura que este tipo de iniciativas non teñen ningún sentido, xa que non hai tal conflito lingüístico. Dixo que o que se pretende dende o seu departamento é que o galego teña os seus espazos de uso en equilibrio co castelán.
A Mesa contesta
A presentación desta campaña xa xerou reaccións. Dende a Mesa pola Normalización Lingüística pediron xa a súa suspensión e piden que o diñeiro se reinvista en introducir o galego en ámbitos nos que está excluído. O Presidente deste colectivo, Carlos Callón, afirma que na Secretaría Xeral de Política Lingüística "sobra propaganda e faltan medidas". Acusa a este departamento de non investir en que se dobren filmes ao galego, que haxa material pedagóxico en galego ou que non pon en marcha ningún proxecto para garantir o dereito da atención en galego nas diferentes administracións. De igual xeito, Callón di que Política Lingüística vive allea aos problemas das persoas que queren desenvolver a súa vida en galego e que só adica os cartos públicos ao autobombo.
Doutra banda, a Mesa valorou positivamente as declaracións de Marisol López desacreditando as campañas existentes na defensa do castelán e piden que este tipo de manifestacións sexan máis frecuentes.
Cada dia que pasa mais convencido me vexo que esta campaña da xente do Mundo despois de que Esparanza Aguirre non poidera mandar no PP soio quere decir unha cousa.
En Madrid e moitos Madrileños teñen un problema co galego, posto que aqui non se ve problema ningun salvo que esta a desaparecer.
"o que se pretende dende o seu departamento é que o galego teña os seus espazos de uso en equilibrio co castelán."
Mais, eses espazos de uso en equilibrio co castelán están situados no territorio propio do castelán ou no territorio propio do galego?
Obviamente a galegoexterminadora inconsciente da nosa Marisol refírese a igualar unha concreta lingua allea coa lingua propia da Galiza NA GALIZA.
A nosa ignorante Marisol non é consciente de que igualar o que NON é igual é discriminar ... por mor de lingua neste caso.
Na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa, sen prexuízo de usarmos amais linguas alleas con quen aínda lexitimamente (por que non tivo oportunidades) non coñeza a propia do territorio. Iso évos o que di o ordenamento xurídico ESPAÑOL e, entre outras cousas, iso évos algo que semella ignorar a nosa Marisol.
http://www.blogoteca.com/imaxe
hai ben pouca vergoña
Máis do mesmo... a campaña sería dar a coñecer a situación do galego e a do español en Galicia, explicarlles ós pais (e a bastantes profesores) o porqué de buscar un 50% de clases en galego e desactivar toda esta parafernalia lingüicida.
Por certo, Dogma, a maioría dos madrileños non teñen un problema co galego... seguramente moitos estarán de acordo con que se conserve, etc. O problema é dos propios galegos, no que unha proporción importante (incluídos galegofalantes)ven unha tocadura de pelotas que ós nenos lles metan tanto galego, "porque lles costa máis entender matemáticas, medio..." E non só os das cidades, xa llo oín dicir a pais de nenos galegofalantes.
La consejera castellanoparlante Marisol López es una ignorante que desconoce que no se trata de defender el castellano, sino los derechos de los castellanohablantes. En definitiva, Marisol, se trata de que totalitarios fascistoides como tú no nos impongan la bota nazi.
¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!!
¡¡¡FRENTE AL TOTALITARISMO DEL PSdeG/BNG...LIBERTAD, LIBERTAD, LIBERTAD!!!
«...idade prioritaria a da mocidade, por ser un colectivo con baixo uso do idioma, malia a súa ampla competencia no seu coñecemento.»
Megacompetentes. Se entendemos por "competência" a que tem a Marisol.
Palavrinhas "ensebres" e publicidade (que nos diga quanto pagou, por exemplo, à empresa da Crunha que gravou o anúncio "E logo").
Onde não há não se pode pedir. Quando parte de garantir um 50% de castelhanofalantes, que nunca antes existiu....
Libertad, libertad, libertad!!!!
Ese estribillo lémbrame unha canción dos 70 (de Cucharada, creo): "Libertad para mirar los escaparates, libertad para eludir al fastidioso mendigo, que sabrás tú de libertad...
¡¡¡EL GAVIOTERO BILINGUARMÓNICO!!!
A propósito, seica El Gaviotero tem veleidades republicanas inconscientes??
SAÚDE E LÍNGUA!
"Si los curas y monjas supieran
la de hostias que van a llevar,
subirían al coro cantaaaando
¡¡¡libertad libertad libertad!!!"
(Himno de la República Española)
E seguem, e agora os das NNGG:
http://www.elpais.com/articulo...
A ver se o Pereiro adire também a esta campanha...
O que dixem já antes, é o momento da saída do armário da presunta classe inteletual espanholista que todos supunham "progre".
Erro de "falsos irmãos", presunto (esp) = suposto (gal)
O "Manifiesto por la lengua común" é totalmente contraditório, um total despropósito. Nele, diz-se que se defendem os direitos dos falantes (os direitos das falantes são indiferentes para esta gente) e não os dos territórios ou os dos línguas. Mas se assim fosse, defenderiam a babélia linguística, quer dizer, que qualquer falante de qualquer língua tivesse os mesmos direitos em qualquer território. Portanto,é simplesmente uma falácia o que expõem nesse "Manifiesto". E se defendessem os direitos das cidadãs e cidadãos espanhóis independentemente e não dos territórios, porque se eu sou para eles e elas "espanhol", tenho menos direitos do que eles e elas. Porquê eles e elas podem usar um idioma em todo o território e eu não? Não era que defendiam os direitos da cidadania e não dos territórios?
Utilizam a falácia. Dá uma tristeza infinita ver esta "inteletualidade" espanholeira tão longe de inteletuais como Federico García Lorca, espanhol também que foi capaz de escrever em Galego e que foi assasssinado por pessoas que no 1936 defendiam o que esta gente do manifesto defende: o extermínio das línguas e culturas historicamente faladas no Estado espanhol que não sejam o Castelhano. Inteletuais? Mais bem senhoritos e senhoritas da Lengua.
Mágoa do Espanhol, língua formosa como todas em mãos dos abutres.
Saúde e reflexão.
P.S.: Parabéns a personagem Gaviotero pola excelente imitação do fascista espanholista, cada dia mais lograda.
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma o Gaviotero este.
Gaviotero é apenas uma caricatura. Seguramente seja algum ultranacionalista galego a gerar fobia contra os espanhóis. Seria melhor não lhe seguir o jogo.
Sobre a campanha da Marisol... concordo com a Mesa (não costuma ser frequente em mim) em que o melhor seria investir o dinheiro na promoção efectiva do galego. Sobram as campanhas milionárias como a absurda e inútil "Galego, e logo?", que só serviu para manter alguns estômagos agradecidos (e alguns pouco agradecidos também). Propaganda e fume? Não, obrigado.
A gaivota nazi e a liberdade... é un bo título para unha bonita fábula
galeguzo #15 escreveu:
"Gaviotero é apenas uma caricatura. Seguramente seja algum ultranacionalista galego a gerar fobia contra os espanhóis. Seria melhor não lhe seguir o jogo."
Concordo 100%. É uma hipótese que já apontei anteriormente. Contudo, é excessivo e exagerado na sua caraterização. Melhor é não chatear-se com ele. Não vale a pena.
Xenofobia é a aversão às pessoas ou cousas estrangeiras. Portanto, na Galiza não pode haver xenofobia contra a cultura galega porque esta não é estrangeira. Que se perceba por muita gente a cultura galega como estrangeira pode ser definido como um fenómeno de estrangeirização da própria cultura, mas na verdade essa cultura, mesmo que seja percebida assim, continua a ser natural, própria, nacional, nunca estrangeira. Portanto, xenofobia não. Haverá outra cousa, mas não xenofobia.
Saúde e reflexão.
Que bom que concordes, Xavier ;-) Gaviotero só pode ser um "fake", um "troll" ou um "freak". Em qualquer uma das três hipóteses, o recomendável é não lhe dar de comer... ou bem dar-lhe a razão, como aos tolos, e toma-lo com humor.
Eu proporia carinhosamente aos administradores de Vieiros que editassem o perfil de Gaviotero para que automaticamente em cada mensagem sua aparecesse esta imagem do conhecido plugin "Antitroll" do Wordpress: http://img.genbeta.com/37icon-...
:)
Obviamente, o comentário
"Xenofobia é a aversão às pessoas ou cousas estrangeiras. Portanto, na Galiza não pode haver xenofobia contra a cultura galega porque esta não é estrangeira. Que se perceba por muita gente a cultura galega como estrangeira pode ser definido como um fenómeno de estrangeirização da própria cultura, mas na verdade essa cultura, mesmo que seja percebida assim, continua a ser natural, própria, nacional, nunca estrangeira. Portanto, xenofobia não. Haverá outra cousa, mas não xenofobia."
que realicei em Xavier #17 ia dirigido a teixugo #14.
Saúde e reflexão.
Un dos grupos que máis apoio mediático amosa a GB é o grupo prensa ibérica. Faro, La Opinión etc. Pois ben un dos nosos humoristas ven de porlle hoxe unha boa viñeta a este tema. Ben por Dávila...
http://www.farodevigo.es/secci...
A VER, XENTE: eu paso por riba dos comentarios do Gaviotero ese pq NON KERO LE-LOS, pero vós OBRIGÁDESME coas vosas respostas.
TAN DIFICIL É IGNORA-LO? Organizaçao e atençao ao fundo da noticia!
Gaviotero no día máis feliz da sua vida. Mirade ben toda a foto:
http://bp2.blogger.com/_gb81L3...
#20, non caias no xogo españolizador do Faro, o grande humorista é Luis DAVILA, non dávila.
Por certo, o gaviotero non é un ultranacionalista...galego.
É SUPER LÓPEZ, va que si, ghavotas??
Pois estará españolizado o apelido coma en moitos outros casos, mais temén edita traballos na revista Retranca e asina igual, Dávila. Ou sexa que eu non vexo que caia en xogo españolizador nengún.
Bon, iso si. Asina como Luís Davila, todo xunto e sen til. O til esdrúxulo é do faro.
Desculpa Lavesedo levavas razón.
sobre o manifesto a favor do español (e e contra do resto das linguas do estado) a min interésame máis coñecer quen rexeitou asinalo tras terllo ofrecido PedroJota e RosaDé que quen finalmente si o asinou. Ese sería un dado interesante.
Roixordo respondendo ao que dis, curioso e ilustrativo que o teña rexeitado a RAE como institución por non consideralo necesario.
#22 Garrano, de onde tiraste essa imagem????
galeguzo, ei a tes:
http://torrevixia.blogspot.com...
#30 Obrigado! Quando fríki solto essa noite!
Releyendo vuestros comentarios, especialmente los de galeguzo y Xavier, uno cae en la cuenta del tipo de "intelecto" al que se enfrenta y el porqué de la facilidad del nacionalismo para calar entre determinados ambientes...
Por lo demás, al menos los castellanohablantes ya tenemos nuestro idioma bien fijado en sus normas ortográficas y sintácticas, mientras que los gallegoparlantes, unos castraperos y otros lusistas, con muy pocos, si bien ninguno, hablando el gallego oficial, todavía andáis a leches decidiendo qué coño vais a hablar...Todo un ejemplo, vamos.
¡VIVA ESPAÑA! ¡VIVA LA LIBERTAD! ¡NO A LA IMPOSICIÓN TOTALITARIA DEL GALLEGO POR PARTE DE LA JUNTA DE GALICIA! ¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!!
PD: Para vuestra desgracia, cerebrines, no soy ningún invento perverso del gobierno ni mucho menos...ni siquiera de Vieiros. Todo es mucho más simple.
Por cierto, Marisol, podías predicar con el ejemplo y adoptar el gallego también tú como lengua habitual cuando no tengas delante una cámara y un micrófono.
Porque si no, todo lo tuyo es pose. Una pose, por otro lado, asquerosa.
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.
Vexo que o castelá é rico en insultos. Vexe que o longo dos seculos recopilaron moito odio.
"establece como franxa de idade prioritaria a da mocidade, por ser un colectivo con baixo uso do idioma, malia a súa ampla competencia no seu coñecemento"
E por moito que se repita, non deixará de ser incerto...
Claro, claro, roibran, mucho odio...pero el caso es que a los que asesinan los nacionalistas vascos es a ciudadanos españoles, y a los que pegan tiros en la pierna y secuestran nacionalistas catalanes es a ciudadanos españoles, y a los que amenazan de muerte y agreden nacionalistas gallegos es a ciudadanos españoles.
Seguramente tú también considerabas que los judíos en la Alemania nazi tenían mucho odio.
Como para no tenerlo.
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.
A causa da Galiza não é ideológica. Galiza é uma Nação.
É uma desgraça nacional que praticamente só parte da esquerda a defenda.
A direita em todo o mundo é normalmente defensora das suas origens e cultura, veja-se na Catalunha por exemplo. Infelizmente pelo contrário na Galiza nasceram homens como franco, fraga e rajoy que sacrificam a Pátria pela sua promoção pessoal em Madrid e por isso não merecem ter o seu nome escrito em GALEGO-PORTUGUÊS em maiúsculo.
Veja este vídeo: http://br.youtube.com/watch?v=... o “vira casacas”.
Vamos todos fazer um esforço em escrever em galego-português porque mais vale escrever com erros em português na norma internacional do que em “galenhol” ou “portunhol” da RAG como lhe queiram chamar.
O idioma dos nossos pais desde o século IX foi o GALEGO-PORTUGUÊS durante 7 séculos até à opressão castelhana. É esta a única língua com poder de tornar a Galiza uma Nação soberana no mundo livre da vassalagem a Madrid.
Isto acada dimensións subrealistas (con perdón para o subrealismo, que é un movemento moi digno).
Cómpre un manifesto a favor do galego como lingua moito máis alá dos seus límites políticos.
A nosa lingua é lingua en todas as partes e lugares. Non coñece de límites.
Temos de coidalas, mimalas e protexelas.