O responsábel da Mocidade pola Normalización di que a ruptura da transmisión interxeracional está a acelerarse.
O responsábel da Mocidade da Mesa pola Normalización Lingüística, Fran Rei, alertou este martes de que a desgaleguización segue avanzando imparábel entre a mocidade. Segundo Rei, o número de mozos que falan habitualmente a lingua do país non chega ao 35%. Pola contra, subliña que na última década aumentou case dez puntos o número de mozos que só empregan o castelán.
Logo de comparecer diante dunha comisión parlamentaria que está a analizar o cumprimento da lexislación de normalización, Rei aseguroulle a Europa Press que a xeración actual “é a primeira que xa non ten a lingua galega como lingua habitual nin como primeira lingua” e afirmou que os datos que manexa a Mesa “evidencian unha ruptura cada vez máis acelerada da transmisión interxeracional”.
Dende A Mesa sosteñen que, contra a crenza de moitos, entre a xuventude aínda persisten moitos tópicos como os que asocian aos galegofalantes con “xente que vén da aldea ou que ten unha filiación nacionalista”.
Descobriram a póvora estes da Mesa. Propostas?
Matizando a associação dos galegofalantes:
Galego normativo com fonética neutra (ao neofalante) > Bloqueiro
Galego dialectal com fonética galega correcta > Pailán
Desse 35% haveria de ouvir como se fala e perguntar-se se ainda se lhe pode chamar galego ou é neolíngua crioula.
A Mesa talvez podia estudar o papel do ensino nesta situação, quanto à quantidade de galegofalantes e a qualidade dessa língua.
Évos unha grande mágoa que A Mesa siga dicindo que, polos seus estudos, sabe o que calquera observador atento sabe: a substitución do galego polo castelán na Galiza.
Síguevos A Mesa ignorando a solución para evitar o atentado á cultura da humanidade que é a substitución ou desaparición dunha lingua por outra: bilingüismo necesario (lingua propia e lingua común universal).
No cumprimento do ordenamento xurídico vixente estavos a solución ó galegoexterminio: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen aínda lexitimamente descoñeza a propia do territorio.
Non se vos ve os da Mesa denunciar xurisdicionalmente quen viola impunemente os dereitos lingüísticos da Comunidade Lingüística Galega e mais dos seus membros. Os vosos saloucos sonvos moi mediaticos!
Persisten eses tópicos porque teñen moito de certo, non?
Y como sigan pretendiendo hacer del gallego una lengua de imposición y exclusión, cada vez serán más los gallegos que ante tal tesitura optarán por la lengua de la libertad y la democracia en España: el castellano.
Suponiendo que todo lo que dice la Mesa fuera cierto, que es más falso que falso, ¿cómo resolverían ellos el problema?
A ver, a ver...¡oh! ¡sí! ¡¡¡DÁNDOLE MÁS DINERO TODAVÍA A ESTA ASOCIACIÓN PRIVADA DE AMIGOTES QUE SE ESTÁN ENRIQUECIENDO CON EL DINERO PÚBLICO DE TODOS, INCLUIDOS AQUELLOS A LOS QUE NOS ATACAN A DIARIO!!!
¡¡¡POR LA DESAPARICIÓN DE ESE ENGENDRO TOTALITARIO LINGÜÍSTICO QUE NO ES MÁS QUE UNA MESA POR LA FALSIFICACIÓN LINGÜÍSTICA!!!
¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!! ¡¡¡GALICIA LIBRE!!! ¡¡¡GALICIA DEMOCRÁTICA!!!
¡¡¡NO A LA IMPOSICIÓN TOTALITARIA Y FASCISTA DEL GALLEGO!!!
¡¡¡LIBERTAD, LIBERTAD, LIBERTAD!!!
Añado, el español es la lengua propia de Galicia, como la de cualquier otra comunidad autónoma española.
Y jurídicamente, es la ÚNICA que tenemos el deber de conocer los gallegos y, por extensión, el resto de los españoles.
Todo lo demás, pamplinas.
Suponno que 35% será a media, onde eu vivo é o 100%, ou sexa de 400 e pico veciños, dos cales, uns 50 teremos menos de 30 anos. E en Vigo, Corunna supoño que será dun 10 ou 5 %. E vilas de tamanno medio, pois andará a cousa fifty fifty...non sei se se poden ver os datos deste estudo nalgún sitio...
#1 e #2 Parécen-me inmerecidas as críticas à Mesa. A Mesa é uma associação, não a Rag, nem uma Administração pública, ainda que esteja a dar dados que deveriam dar as primeiras e a intentar ponher-lhe remédio. Acertada ou desacertadamente, en função da vontade dos seus sócios e sócias.
Outros podem fazer outras cousas, outros e outras devem fazer outras cousas (as Administrações), mas pedir-lhe peras ao ulmeiro como se fosse a Mesa quem marca a política lingüística na CAG... já lhe gostaria. E a mim também que conste, por mais que se puidesse elegir optaria por outras vias provavelmente com mais possivilidades de suceso.
#7, aovellaquemira!, nin A Mesa nin os seus socios teñen ningún dereito a seren nin ignorantes nin galegoexterminadores inconscientes, condicións que en materia iuslingüística profesan.
Á Mesa hai que agradecerlle a súa repercusión mediática (por que vos parece que a ten? ... por que lle vos é moi útil ó galeoexterminio castelanista!); mais, A Mesa é un inconsciente eficaz axente galegoexterminador por descoñecer as claves do problema que pretende abordar.
A Mesa séguevos sectorizando un fenómeno único, global, integral ou, como se di ultimamente, transversal; pondo de manifesto non só a súa ignorancia senón o contraproducente da súa acción.
A Mesa séguevos coa súa ideoloxía ou filosofía e praxe discriminaatoria ó pretender ou aceptar unha imposíbel igualdade entre lingua propia e lingua(s) allea(s) na Galiza.
A Mesa séguevos a conformarse con aparecer nos medios (ben que vos coñecen esta súa debilidade os medios dos galegoexterminadores conscientes!), desbotando a esixencia de responsabilidades xurídicas concretas de concretos destacados galegoexterminadores (nomeadamente xulgadores).
A Mesa merécevos as precedentes críticas e moitas máis que, por presumir a súa inconsciencia, podería ser excesivo insistir nelas.