Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
MERCOU AVIÓNS RUSOS ANTE A NEGATIVA ESTADOUNIDENSE DE VENDERLLE ARMAS DE DEFENSA

A Aviación Militar Bolivariana venezuelana chega aos 24 Sukhoi-30 MK2

En 2006 Venezuela anunciou a compra dos avións rusos Sukhoi-30 MK2 para a Aviación Militar Bolivariana despois de que Estados Unidos negarase a entregar pezas de reposto e dar os mantementos contratados aos F-16 de fabricación estadounidense. O Estado español declinou cumprir os acordos de venda de avións asinados en Caracas polo daquela ministro de Defensa José Bono ante a negativa estadounidense de subminitrar equipamentos á empresa española EADS-CASA para a fabricación dos avións vendidos á República Bolivariana de Venezuela.

Xurxo Martínez Crespo - 13:46 30/06/2008

O Goberno venezuelano estuda actualmente a adquisición do caza bombardeiro de fabricación rusa Sukhoi-35, capaz de lanzar mísiles a 400 quilómetros, así o aunuciou o comandante xeral da Aviación, xeneral de división Luis José Berroterán.

Como parte do contrato subscrito coa República Federativa de Rusia, precisou que se está á espera da chegada de catro Sukhoi-30 MK2para completar a flota de 24 desas aeronaves xa adquiridas, ademais dunha serie de helicópteros tamén de orixe rusa.

No 2006 Venezuela anunciou a compra dos avións rusos Sukhoi-30 MK2 despois que Estados Unidos negarase a entregar pezas de reposto e dar os mantementos contratados aos F-16 de fabricación estadounidense.

O xeneral indicou que no 2007 menos do 25 por cento da flota estaba operativa, proporción que hoxe é do 50 por cento debido a un proceso de repotenciación.

Ao respecto asegurou que Venezuela conta cunha capacidade absoluta para defender o seu territorio, grazas ao bo equipamento e a complementariedade entre os compoñentes da Fuerza Armada Nacional Venezolana.


4/5 (4 votos)





Locais:
GZ-Sete