Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
OS NON ALIÑADOS TENTAN CREAR UNHA NOVA ORDE MUNDIAL NA COMUNICACIÓN

VII Conferencia de ministros de Información dos Países Non Aliñados en Venezuela

As delegacións de África, Medio Oriente, Asia, América Latina e o Caribe, 73 Estados de 108 que conforman o Movemento dos Non Aliñados, confirmaron a súa asistencia á VII Conferencia de Ministros de Información do Movemento de Países Non Aliñados.

Xurxo Martínez Crespo - 09:54 27/06/2008
Tags:

Venezuela mostrará, por intermedio do seu ministro de Comunicación e Información, a experiencia da cadea Telesur experiencia innovadora venezuelana que tenta contrarestar o monopolio mediatico reaccionario monopólico de Estados Unidos e Europa.

O ministro do Poder Popular para a Comunicación e a Información, Andrés Izarra e o ministro de Relación Exteriores Nicolás Maduro anunciaron oficialmente a realización desta xuntanza que se realizará do 2 ao 4 de xullo na illa de Margarita, na que Venezuela asumirá a presidencia da Conferencia de Ministros de Comunicación dos Países Non Aliñados por un período de tres anos.

Os ministros coincidiron en resaltar a importancia deste encontro, para o cal confirmaron a súa asistencia delegacións provenientes de 73 dos 108 Estados que conforman a organización de Países Non Aliñados.

O ministro Izarra resaltou que Venezuela vén traballando intensamente na consolidación da Nova Orde Mundial da Comunicación que pasa por "pluralizar os contidos, democratizar a capacidade de producir mensaxes, xa que o noso país viviu o terrorismo mediático".

Durante a súa participación na sétima edición da Cominac, o titular do MinCI, exporá as experiencias de Telesur e Radio del Sur, para que se considere a posibilidade da súa expansión cara a outros continentes.

Izarra cualificou a Telesur como "un feito concreto de comunicación creativa, ética e con sentido de oportunidade" e adiantou que proporá "a creación dunha rede de información dos Países Non Aliñados para intercambiar contidos e facilitar o fluxo de información no mundo".

Ao abeior da xuntanza, Venezuela ingresará como membro á Axencia de Noticias dos Non Aliñados (ANNA), para achegar ideas ao debate sobre a democratización da comunicación.

Pola súa parte o ministro de Exteriores venezuelano, Nicolás Maduro, destacou o valor da xuntanza polo tema que aborda, "atopámonos para debater sobre un feito vital, que hoxe cobra grande importancia, porque recordemos que as loitas primeiro danse no terreo das ideas".

Para Maduro este é un debate contra o racismo e o colonialismo, a prol da verdade, discusión que Venezuela veu impulsando nos últimos anos "e por iso lle deron esta responsabilidade", declarou.


4,2/5 (5 votos)





Locais:
GZ-Sete