Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DE SER APROBADO NO PARLAMENTO

Os normalizadores acusan a Xunta de renunciar ao Consorcio de Planificación Lingüística

A Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística anunciou que se dirixirá ao presidente para mostrar o seu "malestar".

Redacción - 19:40 26/06/2008

Logo de ser anunciado en diversas ocasións, que contar con dotación económica nos orzamentos da Xunta tanto do 2007 como do 2008; despois de ser presentado e aprobado no Parlamento Galego e despois de que a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asegurase que só quedaba a adhesión das sete cidades galegas e das catro deputacións para poñer a andar o proxecto, a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística dista moito de ser unha realidade.

Así o denuncia a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística, quen anuncia que se dirixirá ao Presidente da Xunta para trasladarlle o seu malestar. Pedirán ademais aos tres grupos parlamentarios que controlen a acción executiva da Secretaria Xeral ante o incumprimento do seu compromiso. Toman esta decisión logo de que dende Política Lingüística lles confirmase a paralización tanto do Consorcio para a Planificación Lingüística como do Consorcio de Terminoloxía. Ademais de incumprir un acordo parlamentario, a CTNL subliña que con esta paralización se está a desviar cara outras accións os fondos dos orzamentos que ían destinados á creación destes organismos.

Obxectivos e prazos
O obxectivo que se marcaba este Consorcio era o de sentar as bases para a coordinación dos servizos municipais de normalización, así como o de converterse nun organismo fundamental para que o galego sexa a lingua habitual nas relacións internas da Administración, na comunicación interadministrativa e na relación cos cidadáns. Crearíase así unha estrutura estábel, da que dependerían os servizos de normalización de concellos e deputacións.

Este proxecto fora presentado no Parlamento en marzo de 2007, logo de incluirse unha partida orzamentaria nas contas galegas para ese mesmo ano. O tema voltou á palestra en outubro, cando o Pleno da Cámara aprobou unha resolución na que se instaba á Xunta a promover unha estratexia de coordinación lingüística, que se levaría a cabo a través da creación deste Consorcio. Oito meses despois, a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística amosouse sorprendida ante a decisión de paralizar a creación deste organismo e anuncia que tomará as súas medidas.


Ligazóns

5/5 (12 votos)


Comentarios (8)

FROUXEIRA #1 26/Xuño/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que controlalos, que unha vez que teñen os votos fan con eles o que lles peta.
Non vaia ser que estén destinando os cartos para Galicia Bilingúe, que eu estou moi escaldado de todo.
E ainda hai quen dí de espabilado por moito que seña da Organización que seña, que o termo GALIZA non é o Oficial.
A próxima sera que o noso Himno é o de españa.
Que cumplan ou moitos vamos a quedar sen votar, xa non serve de moito pèro así menos.
Saúdos para GALIZA, SEMPRE GALIZA.
GALIZA SEMPRE.

LOIS_DE_SILAN #2 26/Xuño/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Consorcio de Terminoloxía? Non era a RAG a encargada de dicir o que é correcto ou non en galego? Que poña xa a disposición dos usuarios do galego a terminoloxía que precisan as súas actividades!

Consorcio de Planificación Lingüística? Mais, que será o que algúns pensan que hai que planificar? Cúmprase o ordenamento xurídico (na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos amais linguas alleas, entre elas o castelán, con quen aída descoñeza lexitimamente a propia do territorio) e deixen de bandullar co galego pedindo teta económica!

A dispoñibilidade de terminoloxía évos algo elemental; porén, non esixe de ningún consorcio.

O do uso correcto, igualmente; mais, tampouco precisa moito máis que dun sistema educativo eficiente e dun servizo público de balde que asesore (non que faga traducións!) transitoriamente os galegousuarios.

A implementación do bilingüismo necesario (lingua propia e lingua común universal) e mais a proxección exterior da cultura galega tamén debe formar parte da política lingüística da Comunidade Lingüística da Galiza.

Porén, o fundamental nesta altura évos o do que ninguén quere falar: un servizo iuslingüístico público de balde para o asesoramento, representación e defensa xurisdicional dos que consideren violados os seus dereitos lingüísticos.

Gaviotero #3 26/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Planificadores lingüísticos y normalizadores...puros circunloquios cuando se trata de simples mentes totalitarias y fascistoides que quieren imponer una lengua y una forma de pensar tan única como ajena para los gallegos, españoles hasta la médula.

Que se vayan a Rusia, o a la extinta Unión Soviética, si la encuentran, que allí estarán mejor...

¡¡¡Y QUE PREGUNTEN POR ESPAÑA!!!

¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!

teixugo #4 27/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... ou em qualquer outro sitio onde haja um moinante este.

EVAZSOU #5 27/Xuño/2008 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu a verdade cada vez acho que compreendo mais a Gavioteiro e de feito observo que ele não pode prescindir de nós. Gosta mesmo de estar entre nós.

Lógico porque a maior parte de nós não somos totalitários, cousa que são os amigos de Vargas LLosa (que caradura a desse peruano e os seus amigões progres vir dizer aos espanholíssimos galegos como podemos ou devemos falar, como se ainda em galego, em castrapo ou mesmo em português alguma outra parte da Espanha pudera dizer dos méritos na construção dela o que Galiza o que os galegos podem).

Tá homem tá. Espanha. Se Espanha dita desse jeito é apenas a Galiza. Se nós não somos separatistas, que somos tolerantes, que já disse Castelao com razão que são os intolerantes centralistas jacobinos os que nos fazem separatistas.

E com isto, irmão Gaviotero, pensa que talvez chegará o dia em que botes de menos esta pluralidade e este agitado linguajar dos burleiros galegos.

Até pode ser que, se os deixamos, nessa Espanha que assoma mais uma vez inquisitorial e nacional-trentina tu termines por ser separatista sem ter te movimentado nem um bocadinho da tua ideia de Espanha nem do teu uso linguístico.

Saúde

spider #6 27/Xuño/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Falou a carracha nazi...

Gaviotero #7 28/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Jajajaja! Dice el otro que en Galicia hay xenofobia...las víctimas convertidas en agresores. Y encima, dándole patadas al diccionarios.

Lo que nos faltaba, que los nazis sean las víctimas del holocausto...

teixugo #8 28/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... ou em qualquer outro sitio onde haja um moinante coma este.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete