Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Anuncio antes do pleno deste venres

EHAK racha o empate e facilitará a aprobación parlamentaria da consulta en Euskadi

Unha das deputadas votará a favor e as outras oito absteranse. A formación di querer escenificar así que "será España quen impida" a convocatoria de referendo.

Redacción - 13:25 26/06/2008

Nekane Erauskin e Itziar Bazterrika, parlamentarias de EHAK, compareceron na mañá do xoves diante da prensa para anunciar que facilitarán o seu apoio ao proxecto de consulta promovido polo lehendakari Ibarretxe. A fórmula escollida será que unha soa das deputadas da formación abertzale vote a favor da proposta, rachando así o empate a 33 do tripartito e Aralar fronte aos votos de PSE e PP, mentres o resto de representantes de EHAK se absterán.

Con todo, as deputadas de EHAK insistiron en criticar o proxecto impulsado polo goberno vasco. "Diga o que diga Ibarretxe, o dereito a decidir de Euskal Herria non cabe na legalidade e na Constitución que o PNV di que vai acatar", explicou Nekane Erauskin, indicando que con este proceso "verase con nitidez que é o marco constitucional o que impide oese dereito" e criticando que "o PNV non fará nada por superalo".

Máis na EiTB


5/5 (2 votos)

Comentarios (2)

xoselado #1 26/Xuño/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pareceme moi acertada a decisión tomada por EHAK.Da pouca política coherente que se pode ver neste país chamado España por unha forza antiespañola.

Dogma #2 27/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pareceme fatal o que andan a facer estes do EHAK, pero dende o punto de vista deles mesmos é unha posición moi boa.

Se sale o resultado que eles queren o comentario aso 3 min será:
"NOS SEMPRE ESTIBEMOS NO PROCESO", e lexitimaranse a si mesmos para seguir facendo o mesmo "NON CONDEAR O TERRORISMO", (e non violencia terrorista, a violencia pode ser de xenero, pero o TERRORISMO salese de ise rango.).

Se non sale o resultado que eles queren diran:
"Este é un proceso que dende o inicio non contaba co noso apoio por non ser nin valente nin decidido, por iso a xente non se decidiu ir votar"... E por consiguiente seguirán facendo mais do mesmo....

Eu dende logo de ser o Lendakari, nestas condicións retiraba a consulta, pois está claro que saia o resultado que saia, os "poliquiteros" non a van a respetar, e todos tentarán lebar a ascua a sua sardiña.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete