Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A súa primeira acción conxunta

Os presos independentistas comezan unha folga de fame en apoio a Santiago Vigo

O mozo foi presuntamente golpeado, a pasada semana, por catro funcionarios do módulo de menores de Aranxuez, no que está recluído.

Redacción - 14:00 24/06/2008
Membros de Ceivar denuncian as malleiras a Santiago Vigo

Membros de Ceivar denuncian as malleiras a Santiago Vigo

Giana Gomes, en Ávila; Ugio Caamanho, en Puerto de Santa María, José Manuel Sanches, en Aranxuez; e o propio Santiago Vigo, tamén en Aranxuez, han comezar á media noite desta sexta feira 27 de xuño un xaxún colectivo de 24 horas. Con esta medida pretenden denunciar as presuntas malleiras recibidas por Vigo.

A acción completarase cun envío de cartas explicativas das razóns desta medida ás distintas prisións.

Esta é a primeira iniciativa conxunta que desenvolven os presos independentistas galegos, segundo conta o colectivo Ceivar na súa web, "para denunciar as voltas de porca represivas ás que están a ser sometidos".

"Movemento de solidariedade activa" no país
Por outro lado, xa en Galiza, Ceivar ten pensado organizar unha serie de intervencións públicas polas comarcas para informar do acontecido, ao tempo que se busca a mobilización e a contestación social contra a "represión" e a favor "dos dereitos humanos dentro das cadeas".

O programa de concentracións e accións estará dispoñíbel na web do colectivo nas vindeiras horas, mais, segundo anuncian, está encamiñado a "sinalar responsabilidades políticas", polo que prevén realizar as denuncias públicas perante os representantes do Ministerio do Interior en Galiza (as Subdelegacións do goberno español ou as sedes do PSOE).


4,94/5 (17 votos)

Comentarios (8)

ecoe #1 24/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os DDHH NON PRESCRIBEN NO INTERIOR (nin no ministerio nin no cárcere), ahí é onde MÁIS NECESARIA É A SUA ESIXENCIA.

Atlantico #2 24/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Queremos outro Ortega Lara de vacacións forzosas.

Gaviotero #3 25/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡¡¡JAJAJAJA!!! ¿Golpeado? ¿No serían pequeños coscorrones? ¿Pero no son tan valientes estos niñatos de papá que juegan a se revolucionarios? ¿Dónde está la versión de los hechos REAL del asunto y no la publicidad de unos desgraciados que se están pudriendo en la cárcel por haber sido unos auténticos descerebrados en manos de señores de traje y corbata que disfrutan de salarios espectaculares en sus despachitos de San Caetano?

¡¡¡MANO DURA A LOS TERRORISTAS INDEPENDENTISTAS!!! ¡¡¡TODOS A LA CÁRCEL!!!

Y que no se quejen si les hacen "carantoñas"...¡¡¡jajajaja!!!

Gaviotero #4 25/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, un ayuno de 24 horas lo hace cualquiera, ¡coño! Que dejen de comer de verdad y si es posible, que no beban tampoco ni agua...

Pero, ay, acostumbrados al jamón del bueno que les llevan en comandita todos sus compadres cada vez que los van a visitar, estos niñatos malcriados no son capaces de dejar el desayuno y los corn flakes más de un día seguido...

A cualquier cosa le llaman huelga de hambre.

teixugo #5 25/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... ou de qualquer outro sitio onde haja um moinante este.

OPOSIÇÃO!!!!

Dogma #6 26/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero talmente coma Jimenez los Santos ha ha ha

Eu creo que a propia idosincrasia deste elemento que soio ven aqui para tentar amolar cando u úmico que acada é que nos partamos o cú con el, fai que non as pense para nada.

Gavi, se queres seguir sendo facha sigue sendo ¿crees que aqui iso nos importa unha merda?, eso si non pares de visitarnos temos que rir con alguen ;) ...

Agora á nova... pareceme incrible que nun pais "democrtico" teñase que chegar a isto, e digo "incrible" porque deducindo matematicamente ao absurdo, quere decir que.... coma non hai cousas incribles, entón non estamos nun pais democratico.

Gaviotero #7 26/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mejor como Jiménez Losantos que como tanto y tanto aprendiz de Hitler que pulula por estas páginas...

Facha, lo que se dice facha, Dogma, tú y tu madre. Dicho sea en sentido metafórico, pues aun pariéndote a ti, seguro que se trata de una gran persona.

Sí coincido contigo en que parece increíble que en un país democrático se llegue a "esto": la existencia de unos malnacidos, terroristas que pretenden desafiar al Estado de Derecho y con él, a toda la Nación Española.

GalizaEmGalego #8 28/Xullo/2008 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

LIBERDADE PATRIOT@S GALEG@S!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: