Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
MANIFESTACIÓN

Máis de mil persoas denunciaron a "pasividade" ante os vertidos á Ría do Burgo

Convocouse unha nova protesta pública para o 20 de setembro.

Redacción - 14:43 22/06/2008

Ao redor de 500 persoas, segundo a Policía Local, e unhas 2.000 segundo os organizadores, participaron este sábado na primeira manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa da Ría do Burgo para exixirlles ás autoridades que realicen o saneamento das súas augas.

Despois de percorrer o treito que separa as prazas da Palloza e de Ourense, os manifestantes agrupáronse diante da Delegación do Goberno onde os presidentes das agrupacións de mariscadores, Carmen Chans e Manuel Cao, leron o manifesto.

Pediuse a aplicación da lei para identificar e deter os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de rexeneración medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo e a propia recuperación dos bancos de marisqueo.

A plataforma culpou da contaminación aos vertidos que se efectúan dende os municipios da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, así como ao retraso na construción da depuradora por parte do Ministerio de Medio Ambiente.

Na marcha estiveron presentes representantes de BNG, EU e PP.


5/5 (3 votos)

Comentarios (1)

ulo #1 22/Xuño/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A manifestacion non foi multitudinaria, como esperabamos algúns. E ha que preguntarse porque non o foi... E dandolle voltas a cabeza a explicacion moi sinxela.
Na manifestacion estaban, un, os do partido que foi o responsable durante 17 anos do seu emporcamento, o PP. Porque a final apoio o PP, que manda cara.... Os que os 17 anos deixaron facer dende a Xunta, agora exixen a rexeneracion... Non o cren nin eles.
Mais, na manifestacion si estaban os burocratas do BNG. É dicer, os que agora gobernan na Xunta e no Concello de A Coruña; ou xa esquecemos que Tello é do mesmo goberno que Losada, co que, nas súas mesmas palabras, levase moi ben, ou que Quitana é o vice de Touriño. Son a Xunta e o Concello de A Coruña, que xunto cos demáis concellos da zona son os responsabéis, HOXE, da recuperacion-
Calquer cidadan con dous dedos de frente, preguntaráse, Porqué os mesmos que poden rexenerar a ría, van a unha manifestacion par exixir a rexeneracion da ría. Ese galimatías non o entende nin dios.
Que se deixen de "manifestar contra si mesmos", e arreglen problema. É o que pode contestarse a si mesmo ese cidadan, que loxicamente vai ficar na súa casa, esperando que os que estan na rúa, vaian os seus despachos oficiais e arranxen o problema.
Por outra banda, ainda sendo hoxe o primeiro responsable da situacion o goberno bipartito da Xunta e da Coruña, o PSOE polo menos tiva a "dignidade" da coherencia: non foi a manifestacion, e fixo o posible para que concellos como o de Oleiros non a apoiaran (Gelo fixo o papelon pois ficou collido polos..... votos do PSOE para manter o seu goberno municipal).
Mais a presenza de Tello, Jorquera, Cobian (do PP) e todos os responsabéis presentes e pasados do emporcamento e da non toma de solucións é que esta no fondo de que non houbera máis xente: a quén exiximos a solucion, se os que a ten nas súas mans estan manifestandose. ESte é problema, que non se pode estar na misa e repicando... como pretende algúns.
De feito, a min, como a outros, cando vimos tanto "politico profesional" exixindo a si mesmos o que teñen que facer, deronnos ganas de abandoar a manifestacion.
Para exixir solucions, só tiñamos que por a Tello, da man dos do PP, e dos do PSOE, e comezar a berrarlles: solucion XA, e que se puxeran a traballar e menos manifestar.
Ah, Pero o ano que ven ha eleccions e todos teñen que saír na foto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete