Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUMOS Á COLA NO ESTADO

Un pensionista galego cobra de media 600 euros, un español 814

Os xubilados de Euskadi, Asturias e Madrid cobran de media 897, 866 e 852 euros, respectivamente.

Redacción - 14:00 20/06/2008

As estatísticas seguen a reflectir que ser vello en Galiza é moito máis difícil que en calquera outra comunidade do Estado. Segundo os datos que este mesmo venres fixo públicos o Ministerio de Traballo, un pensionista cobra de media no noso país 600 euros, mentres que a media estatal é de 814.

Por comunidades, as que teñen maiores pensións son Euskadi (897 euros); Asturias (866); e Madrid (852). Pola contra, xunto con Galiza están Murcia (634); e Estremadura (611)

Poden ampliar información na páxina do Ministerio de Traballo


2,75/5 (4 votos)


Comentarios (4)

Barcelos #1 20/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo que me vou a ir xubilar a Donostia

Gaviotero #2 20/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues nada, nada, a seguir votando a los progres...¡jajaja!

teixugo #3 20/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...

'Uñaa00!!

COUTOVEN #4 21/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo, un pensionado Galego en Venezuela que cobre a pensión máxima, malamente chegase aos 140 Euros ao mes.

Se por algunha razón non a cobra durante 3 meses seguidos simplemente suspéndenlla e poden pasar máis de 3 anos para que lla restitúan. E se a isto sumamos que asino contra Chávez para solicitar referendo revogatorio (Dereito constitucionalmente establecido) e aparece na LISTA TASCON, pode esquecerse da mesma. E teñan por seguro que o depositado previamente no banco é retirado polo I.V.S.S.

Atendendo ao feito dos fabulosas pensións que ofrece o GOBERNO ROBOILUSUINARIO. Os pensionados incapacitados teñen que presentar unha fe de vida cada 3 meses para que outra persoa poida cobrar as súas pensións. Isto é comprensible, hai moita competencia e en Venezuela o único autorizado para roubar é o goberno.

O máis triste é que fose que as pensións son miserables, a pesar que moitos dos “beneficiarios” cotizaron por décadas montos maximos. O goberno non garante os medicamentos que adoitan ser necesarios nesta poboación da terceira idade. Tendo que sufragalos eles ou as súas familias.

De tal xeito que podemos dicir. Que mal están os pensionados Galegos con respecto ao resto do estado Español. Pero que ben están con respecto aos que se foron a Venezuela.

Como reza o devandito. “Mal de moitos, consolo de bobos” Creo que o papel de bobos estano facendo os nosos nobres pensionados Galegos en Pobrezuela, perdón, Venezuela.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete