Os socialistas cataláns presentaron as emendas que deberán se analizadas e votadas na xuntanza nacional de mediados de xullo.
O PSC remitiu esta quinta feira á súa militancia as 4.830 emendas que se debaterán no congreso que os socialistas cataláns organizará a mediados de xullo, a partir dun relatorio que, baixo o título A forza do socialismo catalanista e federal, aposta por converter ao PSC no eixo vertebrador da sociedade catalá.
Agrupacións territoriais como as de Xirona, Santa Coloma de Farners e Reus piden ter "voz propia en Madrid" e mesmo acordar xa co PSOE, sen agardar ao comezo dunha nova lexislatura, o ter unha representación diferenciada no parlamento español. Esta é unha demanda clásica nos congresos do PSC, mais nesta ocasión o debate será máis intenso dado que hai dúas emendas -unha delas, redactada en castelán- que rexeitan esta opción.
No entanto, salientan entre as propostas a debater outras relacionadas máis directamente coa organización territorial das nacións e rexións que compoñen actualmente o Estado Español, e que afondan no carácter catalanista e federal do PSC.
Dereito de autodeterminación
Unha destas emendas, presentada pola agrupación de Vilanova i la Geltrú, reclama o recoñecemento do dereito de autodeterminación: "Como non podería ser doutro xeito, chegado o caso de que unha maioría de cataláns e catalás o decidisen", o PSC aceptará "o exercicio do dereito de autodeterminación, entendido como a capacidade de decidir o nivel de autogoberno que colectivamente queira ter e a forma de relación co resto de España".
Tamén agrupacións como a de Xirona apuntan neste senso, e piden unha reforma constitucional que recoñeza "a plurinacionalidade do Estado Español, unha organización adecuada ao seu carácter federal, o recoñecemento das linguas nacionais como linguas plenamente oficiais e avanzar na reforma do Senado". E as mocidades do partido, Joventut Socialista, solicitan que se incorpore "á Carta Magna española os últimos adiantos do estado das autonomías nun sentido federal".
e algúns do PSdG coma o propio Touriño din que son igual de independentes de Madrid que o PSC, en todo menos no ideolóxico será...
Autodeterminaqué? federaqué? Noh loh zepillamoh como el estatuto y santah pahcuah!!!!
Para algo ehtá el talante!!!
O Tourinho tem razão. Igual de independentes. Nem uns nem os outros pintam nada em Madrid.
Posturas de cara a la galería, porque luego bien que dice la Chacón, aunque sea con tanta falta de gracia como tiene la chica: "capitán...mande firmes...vivaespaña...vivaelrey..."
vaia por dios, por unha vez ten razón o gaviotero xD
Malos tempos, o PSOE xa volveu ao camiño xacobino puro e duro, despois dun espellismo minifederal que non deixou nada máis que fume.
Estes do PSC ou son parvos ou querenos facer.
En Cataluña viven casi 8 millons de persoas, se o PP ou PSOE queren gañar as eleccións do Estado, teñen que triunfar obligatoriamente en Cataluña, de aí ese barniz catalanista do PSOE ou aquela patochada de Aznar "falando" catalan na intimidade.
Le galicien, une langue et une culture [modifier]
Langue romane, le galicien a avec le portugais un tronc commun, le galaïco-portugués ou galicien-portugais issu du latin, au cours du Moyen Âge. Ce fait a motivé la création d'une riche littérature médiévale et a donné naissance aux deux langues actuelles: le galicien et le portugais d'une assez forte ressemblance.
Un mouvement linguistique (le réintégrationnisme) soutient que le galicien et le portugais ne sont que deux variétés de la même langue gallego-luso-brasileiro, et que l'actuelle séparation entre le portugais officiel et le galicien officiel n'est due qu'à l'hispanisation normative du galicien (seule variété galaïco-portugués s'écrivant avec une orthographe semblable à celle du castillan).
De fait, selon beaucoup de linguistes, la différence entre le galicien et le portugais parlé est approximativement la même que celle qui sépare les deux variétés du néerlandais parlé : néerlandais des Pays-Bas et flamand de Belgique (ces deux variétés partagent par contre la même orthographe). Un Galicien et un Portugais se comprennent donc assez bien.
O que queirades, pero xa nos gustaría que desde o PSOE de Galiza dixesen cousas semellantes, aínda que fosen de cara á galería. O que significaría que a galería tería unhas necesidades que aquí, a día de hoxe, son soños dunha noite de verán.
"Malos tempos, o PSOE xa volveu ao camiño xacobino puro e duro, despois dun espellismo minifederal que non deixou nada máis que fume.
Estes do PSC ou son parvos ou querenos facer."
Iso era tan previsible meu =/ Ao bloque xa lle deron polo cu despois da axuda que lles prestou ao final da derradeira lexislatura.
Por favor, menos expresións grosero-homófobas...
Xa se verá a saúde do BNG dentro duns meses.
Teño para min que Torito non tira e o BNG existe vizoso e ten bastantes máis resultados.
O PSOE leva catro anos máis preocupado de marcar aos socios que de faceren nada, a consellaria de traballo adicase a contraprogramar á Igualdade, Medioambiente a Medio Rural e as veces a Industria,....
E a Zapatero se lle remata o creto e lle suben os xuros.
Malas perspectivas psoistas e boas para os do bloque.
Parece que no PSOE salenlle agora co Federalismo que noutros tempos...
Serán tamén REPUBLICANOS e de ESQUERDAS .
Como se entere o BONO e outros radicais españolistas vaise armar unha conclave ideóloxico como o congreso este do PP, ATA PEDIRÁN CONSELLO A RAXOY..
Bon, parece que EU temos algo que dicir..
Saúde e república.
Pois ahí vai unga de contraria, para variar.
Coido que realmente o PSC ten tanto poder interno i externo que negociará DIRECTAMENTE ENTRE IGUAIS co pesoe do siñor Bono (por certo décadas despois volven leccionar os veteranos republicanos a este franquista monárquico do pesoe, que moitos hai).
E hai moito que os de Madrí "enváinanna" e con "ghusto", que non pica, porque non teñen ningunha posibilidade de goberno sin os "excéntricos" do PSC (os pascuales e compañía).
Así que quen dera xentes como os cataláns e como os do PSC por estas terras: o do touriñés había andar lixeiro e mirando onde pousa os pés, desde logo!
E non digo xa a situación do idioma. Quén nos dera. E sin defensa do asunto, por suposto. mais a vaquiña polo que vale.
Discrepo abundantemente, pois.