Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
A LISTA É DA ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL DO TRABALLO EN XENEVRA

Venezuela excluída da lista de países que violan liberdades sindicais

Despois de sete anos do empeño dalgúns sectores de incluír a Venezuela entre os paísrepresores e violadores das liberdades sindicais, a Organización Internacional do Traballo (OIT) excluíu á Venezuela revolucionaria da lista. A central sidical existente antes da chegada do presidente Chávez ao poder, Central de Trabajadores de Venezuela, aliosuse cos empresarios e a plutocrácia económica dirixente da compañía estatal petroleira para derrocar por medios ilicitos ao goberno elixido polo pobo. O seu principal dirixente, Carlos Ortega, ludópata vive asilado no Perú despois de fuxir dunha cárcere venezuelana.

Xurxo Martínez Crespo - 10:58 19/06/2008

O Goberno revolucionario de Venezuela demostrou que todos os sinlamientos eran falsos, dixo o ministro do Poder Popular para o Traballo e a Seguridade Social, Roberto Hernández, en rolda de prensa na que ofereceu un balanzo sobre a participación de Venezuela na 97º Conferencia Internacional do Traballo, que se celebrou até o pasado 13 de xuño na cidade de Xenebra, Suíza.

"O balanzo que podemos facer da nosa presenza nesa conferencia é altamente positivo (...) Despois de sete anos, do empeño dalgúns sectores de incluír a Venezuela entre os países violadores das liberdades sindicais, fomos excluídos desa lista porque demostramos que todas os sinlamientos na nosa contra eran falsos", puntualizou Hernández.

O ministro precisou que Venezuela foi excluída da lista que integran 29 países, por denuncias infundadas dalgúns sectores de oposición sobre a violación de dereitos dos traballadores e outras acusacións falsas contra o Estado venezuelano.

Así mesmo, sinalou que, como outro aspecto positivo do balanzo, durante a cita de Xenevra, Venezuela foi eleita na presidencia da Comisión Electoral da presidencia de Conferencia Internacional do Traballo.

Hernández resaltou que a delegación venezuelana integrou a presidencia da Conferencia, en nome de todos os 182 gobernos adscritos na Organización Internacional do Traballo (OIT)?.

De igual modo, destacou que durante o evento, Venezuela ademais foi incluída no máximo organismo de dirección da OIT, o Consello de Administración, co que Venezuela pasa a formar parte da dirección da organización entre unha conferencia e outra.

Ao mesmo tempo, sobre unha denuncia que había contra Venezuela, en canto á suposta violación do convenio 9787 da OIT, sobre eleccións sindicais, Hernández precisou que o Consejo Nacional Electoral (CNE) , presentou un novo regulamento sobre eses procesos para descartar posíbeis inxerencias nos mecanismos de sufraxio.

"O Consejo Nacional Electoral declarou un novo regulamento para os procesos de elección nos sindicatos, no cal quedou fóra de toda dubida a posibilidade de inxerencia deste ente comicial no proceso electoral sindical", dixo o ministro.

"Penso que con estes feitos, quedou demostrado ante o mundo que Venezuela é un país onde se respeitan as leis e normas que teñen que ver co sindicato e a eleccións sindicais", aseverou Hernández.


3/5 (4 votos)





Locais:
GZ-Sete