Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito dos Balcáns

A ONU e Holanda, a xuízo polo xenocidio de 1995 en Srebrenica

Comezou na Haia unha audiencia para determinar a responsabilidade dos cascos azuis holandeses na matanza de oito mil musulmáns en Bosnia.

Redacción - 17:00 18/06/2008
Enterro de vítimas sen identificar

Enterro de vítimas sen identificar

O xulgado de primeira instancia da Haia tramita esta semana tres casos interpostos contra o Estado holandés por familiares de vítimas do xenocidio na cidade de Srebrenica (Bosnia) en 1995.

A matanza de máis de oito mil bosnios musulmáns varóns, homes e cativos, en Srebrenica, que ocorreu no contexto da guerra de Bosnia (1992-1995) cando o enclave era protexido por cascos azuis holandeses, está considerada como o maior masacre en Europa dende a Segunda Guerra Mundial.

Esta cuarta feira, os xuíces analizan se Nacións Unidas goza de inmunidade ou non ante unha demanda xudicial, neste caso a presentada por unhas seis mil 'Nais de Srebrenica', que en xuño de 2007 denunciaron tanto o Estado holandés como a ONU por non protexer os seus fillos do ataque serbobosnio.

Fallos na misión e posíbel colaboracionismo
Comandadas polo xeneral Ratko Mladic, as milicias separaron a homes e nenos das mulleres para executalos nos arredores. Aínda que se responsabiliza a Mladic (prófugo da Xustiza), as testemuñas e os informes de distintos organismos recoñecen fallos na misión de paz da ONU e mesmo falan dunha colaboración entre soldados holandeses e serbobosnios.

O luns tramitáronse dúas denuncias particulares, unha interposta polo intérprete da ONU Hasan Nuhanovic, que perdeu os seus pais e un irmán, e outra da viúva de Rizo Mustafic, un electricista da base de Potocari, onde estaban apostados os cascos azuis de Holanda (Dutchbat).


4,75/5 (4 votos)

Comentarios (5)

ecoe #1 18/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Bosnia está ben documentado que ata o seu presidente Herzegovic mandou propia aviación disparar contra viandantes musulmáns, na praza aquela pola que disparaban francotiradores, seica para que a OTAN tivera MÁIS razóns de intervención en XUGOSLAVIA!

larpeiran #2 19/Xuño/2008 larpeiran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ecoe

Bosnia e Hercegovina non tivo aviación até 1997. Non digas parvadas como "na praza aquela pola que disparaban francotiradores", de que carallo falas?.

En tal caso si está baixo sospeita de que a intelixencia bosniaca soubese do de Srbrenica e non avisase aos cascos azuis...

ecoe #3 20/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se retiraban nesta web os comentarios INSULTANTES?

larpeiran #4 21/Xuño/2008 larpeiran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que ten de insultante dicir que dis parvadas sen sentido????

Galezio #5 22/Xuño/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquela fora a masacre mais grave e ainda tolerada pela inoperância da ONU e a cobardia dos militares Holandeses que agora um compreende o porqué foram colónia da tirania do ent€ao rei da Espanha!! Uns cobardes, permitiram aos assassinos servios do "Carachi" entrar impunemente matando a mulheres, nenos e velhos. Holanda terá que pagar por aquela cobardia indigna...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: