Unha carta aberta publicada no blog Malmequer denuncia a perda dalgúns dos sinais de identidade do encontro de música celta.
A carta centra as súas críticas no ambiente da zona de acampada, que di "nestes últimos anos perdeu a súa maxia: Agora entre os piñeiros instálanse moreas de carpas que non paran de pór música 'dance' e que non deixan descansar a aqueles que queren facelo". Así mesmo, o texto denuncia que "a organización fai oidos xordos ano tras ano a todos aqueles que nos diferentes foros pedimos que se impida que se monten esas carpas na zona de acampada".
A carta, que anima a facer un envío masivo á organización do festival para protestar por esta situación, propón que se cobre unha cantidade simbólica polo lugar de acampada: "por ser gratis e por poder pasar un fin de semana de drogas, alcol e música dance, xentes que non se achegan a Ortigueira a ver nin un só concerto, enchen a zona de acampada". En Lorient, lembra, si se cobra por acampar e así e todo, o lugar énchese todos os anos.
O texto tamén critica a selección musical realizada nos últimos anos: "en anos anteriores moitos dos grupos non tiñan nada que ver ca música folk ou celta", aínda que recoñece que "iso parece que foi corrixido o ano pasado". Remata dirixíndose á organización do festival lembrando que "está nas súas mans que este ano, no 30 aniversario, as cousas sexan un pouco mellor. Eu adoro este festival, e daríame moita mágoa que puidese chegar a desaparecer porque é impresionante a cantidade de xente de fóra de Galicia que vai a el".
E certo o da carpa dance, o ano que fun, 2004, unha noite un fulano preguntaoume porque tódalas tardes a xente baixaba cara o pobo, e eu lle respostei.
-"polos concertos do festival"
E despois fixo unha pregunta demoledora.
-"ahhhh... que concertos?"
O fulano estaba mais que colocado. Eu prohibiría as carpas electronicas no camping. Se queren que haxa carpa dance, pois moi ben, pero lonxe dalí.
Ortigueira perde a súa identidade e o seu esprito á velocidade proporcional na que Galicia a perde tamén. Quizais as novas cabezas pensantes, que tanto pensan e dictaminan, podan darnos unha solución ao problema, ou non!
Teñen que comezar a cobrar 5/10€ por dia de acampada e persoa e xa veriamos que ben funciona o filtro.
As carpas dance estanse cargando o festival.Hai anos cando se recuperou a festa a comezos dos 90 era pra flipar a de festas instrumentais que se montaban a luz das fogueiras na praia de Morouzos e no piñeiral, agora iso é imposíbel, o chunda-chunda afoga calquera intento e o que é pior, todo dios se está a queixar de que non é posíbel durmir. Xa non é que boten unha horas botan cando menos as 96 horas seguidas que dura o festival!
Se queres ir para a tenda, sexa noite ou sexa dia e durmir un anaco non podes, e se podes descansas mal.
É coma dun infantilismo revancheiro, coma se os que non gostan dun tipo de música quixeren facer a puñeta aos que si gostan dela. Eu non podo ir este ano ao festival, pero gostaría de que alguén tomara a iniciativa de recoller sinaturas e esixirlle a organización do festival a prohibición destes chiringos pola sua contaminación acustica e polo impacto que están a ter no benestar dos que soemos ir a Ortigueira.
Asegurovos de que se alguén comeza a recoller sinaturas para o ano non haberá carpas dance. Está todo dios ate os webos da prepotencia pastillera!
Non participo en campañas aparecidas en "Malquerer", un blogue que non se caracteriza por respetar a cultura musical galega en toda a súa dimensión e pon novas asturchais e deturpa a toponimia estremeira.
O dos "chundeiros" esta mais estendido,por desgraza,do que parece,hai un par de anos na festa da Carballeira en Zas apareceu unha carpa desas(bueno en realidade era unha carabana) a ultima hora cando todos iamos pras tendas a repousar da noite de troula.Xuntamonos varios e fomoslles dicir algo,pero inda por riva puxeronse violentos.
Sinto pola festa da Carballeira,pero o ano pasado xa non fun e este tampouco tenho pensado.
é certo o do festival de Ortigueira
Non creo que cobrar pola acampada seña a solución, a xente que asiste ás pasti-carpas déixase moitos leuros na droghaína, que lles importa pagar un pouco máis. Non creo que o festival precise esa financiación extra e só contribuiría a que a xente que quere descansar perda o sono e os cartos. A solución, ó meu entender, é organizar mellor a acampada, controlar onde asenta a xente e mandalos o máis lonxe posible.
Por outra parte, dada a política de permisividade con certas sustancias, é normal e inevitable que o festival se encha de elementos que nunca escoitaron unha gaita.
Está a se "pocholizar". O tecno no deserto dos Monegros. Está deixando a cultura celta para ser cultura pil.
O de pagar está pensado para que haxa un mínimo de garantías. A zona de Morouzos é dificilemnte accesíbel por outras vías se fechan o paso e un certo control nos accesos a zona podería mellorar a calidade dos servizos e darmonos a posibilidade de esixir uns mínimos de hixiene e certa orde. Inevitablemente a xente vaise meter de todo,mais non vexo niso o problema, o problema atopono na carpa dance e nos saqueos, si saqueos.
Os roubos nas tendas abertas moitas veces a navalladas amañarianse en boa medida cun servizo de consigna. Se pagamos 2€ por día 100.000 persoas, suman 800.000€ , pasta máis que dabondo para pór alí un persoal e uns servizos que melloreen sobradamnete a calidade de vida e a seguranza dos que alí estamos.
Con tal de que Morouzos siga inaccesible, que civilizen todo o que faga falta, que tamén os celtas eran civilizados, ou que?
merda de carpas....son un noxo, o último ano que fun estiveron ca mesma canción de Ska-P toda a noite ....pra tolear...non volvín
O espiritu de Ortigueira era música da nosa terra e disfroite dos afeccionados que ían a pasalo ben sen máis.
Na actualidade é un Festival de Cabeceira de Xornais.
Ainda lembro os Sóns dos Irmans García -penso que así se chamaban- de Melide, un cuarteto tradicional que non tiña que envexar a ningún outro grupo e eso que eran maiores; era o Festival, o Son Galego en estado puro.Agora oomo no idioma hai moito Bilingüismo Musical.
Polo demáis penso que é a propia xente que acude a que ten que facer que o FESTIVAL volte as súas orixes.
Eu debo de levar mais de doce anos indo todolos anos a Ortigueira, e cada ano defraudame mais, o principio podias baixar co teu coche ata a zona de acampada, e aquelo ela moi tranquilo,respirabase un gran ambiente folk, o final tiveron que retirar a baixada dos vehiculos pola masificacion... non importa, o paseo ata a praia era moi agradable, pero edicion tras edicion a masificacion era evidente, e naceu o fenomeno morouzos-techno, o principio so era cuestion de alonxarte delas, pero ahora estan por todas partes, e imposible, a presenza de drogas multiplicouse por dez, e a oferta musical esta moi lonxe dos seus principios, ¿¿que queda logo do festival de Ortigueira ??? eu non o sei. Este ano volverei, por costume pero cada mez con menos ganas, e unha magoa.
Saudos
Eu fun tan só un par de veces acampando, e outras dúas aloxado por aí, polo que de seguro hai maiores eminencias no tema. Inda con todo, o que acontece en Ortigueira pareceume unha perfecta fábula dos perigos da masificación, excepto polo transporte público e o peche do tráfico, que lle dá un toque interesante ao festival. Os mozos queren unha escusa para acampar e pasar unha noite de carallada (tecno, folk, ou o que se tercie segundo gustos... e cerebro!). Para iso está ben unha gran superficie nas aforas dunha cidade, pero que deixen en paz o engado atlantista de Ortigueira combinado co da música celta! A miña proposta aos políticos é que lle fagan competencia a Ortigueira cun ben situado e publicitado híper do folk, (a ver se cola) e despexan un pouquiño Ortigueira da grea humana en busca de diversión estándar de maiorías.