Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"NIN DE COÑA"

A rede rebélase contra a semana de 65 horas

Miles de internautas únense a unha campaña que inclúe o envío de correos electrónicos aos eurodeputados.

Redacción - 13:30 16/06/2008
Banner da campaña

Banner da campaña

A proposta da Unión Europea de aumentar a semana laboral até as 65 horas provocou a reacción inmediata dos internautas. Deste xeito, xa hai unha campaña na rede que cada vez conta con máis apoios. A cibercampaña, impulsada dende o blog NetoRatón, ten como lema "¿65 horas? Ni de coña".

Segundo o artífice da idea, César Calderón, a proposta europea é unha "lamentábel involución e un atentado contra os dereitos dos traballadores". "Internet debe converterse na vangarda da oposición á mesma", engade, que "nos devolve ao século XIX", polo que convida a comunidade a incluír un banner nas webs ou blogs, facer un post sobre o tema, envialo por correo electrónico aos amigos, mandarlles e-mails de protesta aos eurodeputados e traducir a campaña aos diferentes idiomas.

A iniciativa xa conta con cadanseu grupo nas redes sociais Facebook e Tuenti (beta privada). Polo de agora, xa se enviaron máis de 40.000 mensaxes aos europarlamentarios, sumáronse centos de blogs e hai máis de 7.500 persoas apuntadas nos grupos.


5/5 (9 votos)

Comentarios (7)

ecoe #1 16/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.insurgente...

Barcelos #2 16/Xuño/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

65 horas? Inmovilízate e non trabalhes.

Dogma #3 16/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a min o de 65 horas faime flipar e mais cando o votan xente que non traballan nen 4.

amoscaesquerdosa #4 17/Xuño/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha magnífica iniciativa.
65 horas: NIN DE COÑA!
amoscaesquerdosa.blogspot.com

Atlantico #5 18/Xuño/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anuncio de crisis economica, traballar máis horas para que os patróns manteñan as mesmas ganancias.

mceleiro #6 18/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este tipo de iniciativas, são tão belas como inúteis. Vejamos quantos dos aderintes estão dispostos a ir a uma greve e pôr em perigo o seu postinho de trabalho.

As lutas simbólicas não doem no capitalismo. Só aquilo que produz perdas económicas.


Um filtro na caixa de entrada dos emails e tudo arranjado.

FROUXEIRA #7 20/Xuño/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min e que esto das 65 horas gostariame que alguén me explicara un pouco polo miudo de que vai exactamente.
Dende logo sona a que o capitalismo pode ser máis cruel ainda do que é que xa non está mal.
Dende logo que xa de principio hai que tomar medidas para que non chegue a pasar tal cousa, e tan cruel.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete