Os peor parados foron os de Ferrol, que non conseguiron manterse e que han xogar o ano que vén en 2ª B. Os resultados noutros campos sentenciaron a sorte ferrolá.
Malia a súa vitoria fronte ao Castellón, cun gol de Rubén, o Racing de Ferrol viuse prexudicado pola vitoria do Alavés en Balaídos (2-3) e o empate do Córdoba e a Real Sociedade (1-1). Por unha cuestión de puntos, o equipo de Xoán Veiga vai ter que xogar a tempada que vén en 2ª B.
Triste foi tamén a tempada do Celta en Segunda, que terminou este domingo en Balaídos, cun 2-3 fronte ao Alavés que, ao gañar este encontro, conseguiu ficar na categoría. Os celestes, aínda que non xogaban nada, demostraron no campo o que durante toda a tempada: que aínda lle falta moito a este equipo para volver facer soñar á afección. Os xogadores parecían ser conscientes de que unha vitoria axudaría a que o Racing de Ferrol ficase na categoría, mais nen por esas. Para a afección, unha tempada para esquecer, cousa que se demostrou polo baleiro que estaba Balaídos, e polos apupos que os poucos seareiros que aínda estaban lle dirixiron aos vigueses.
A alegría da fin de semana estivo toda no campo do Cidade de Santiago que, após superar ao Almansa (4-2) na volta dos play-off decisivos, ascendeu a 2ª B. Esta tempada non se van poder enfrontar a un dos seus míticos rivais, o Compos, xa que este ano xoga en Terceira (categoría á que acaba de ascender).
Os xogadores do Celta son uns impresentables. Calquera cousa menos galegos. Non mover o cu por axudar a outro equipo galego é ser moi pouco galego e uns insolidarios.
Merecen baixar a Terceira División para que se lles pegue un pouco o compañeirismo da nosa terra.
Aprendede do Deportivo que na época de Djukic e Bebeto, sen xogarse nada lle gañou 8-2 ao Albacete no seu campo, no último partido de Liga salvando ao Compos do descenso a pesar da rivalidade.
O que non se lembre que llo pregunte a Caneda.
#1 A min tamén me fastidia o descenso do club departamental, mais penso que é obvio que a culpa non vai ser do Celta, máis ben será deles, sobre todo se temos en conta que o equipo comezou nos postos altos, e foi dende aí desmoronándose progresivamente.
O que si será unha mágoa será a perda dos irmáns Veiga, que polo pouco que teño visto de deportes este ano, cando menos semella que algo de galego aínda falaban nas roldas de prensa, e iso é tristemente raro nestes niveis.
O que me faltaba,agora Vieiros fai crónicas do Cidade de Santiago.Pois felicidades,estades ao nivel do Correo Gallego,se non queriades,pois a foderse.Nin "mu" do Compos,que é o único equipo de Santiago e que acabamos de ascender,e unha foto do "Fátima",AUPA EQUIPOS DE CONCELLO,
Para vindeiras tempadas:
-Ciudad de Vigo(antigo Gran Peña,pero agora equipo do alcalde)
-Ciudad de Ferrol(antigo Somozas pero...)
-Ciudad de Coruña(antigo equipo de Santa Cristina pero...)
e asi ata ter equipos dos concellos..
¡¡¡SEMPRE COMPOS!!!
-