A oposición critica a "militarización", e o ministerio de Defensa retruca que o 82% dos cidadáns están de acordo coa medida.
Trátase unha iniciativa que formará parte do proxecto de lei sobre seguridade que elabora o goberno de Silvio Berlusconi e foi anunciada esta fin de semana por Ignazio La Russa, ministro de Defensa, durante unha entrevista en televisión.
"A xente só quere algo máis de seguridade e mellores condicións de vida", comentou o ministro, xustificando ademais a decisión aludindo a enquisas nas que o 82% dos italianos expresan o seu apoio a ese proxecto. O responsábel de Defensa tamén asegurou que inicialmente, o proxecto para que os soldados patrullen as rúas durará seis meses, prorrogábeis a un ano, e só incluirá a dotación de 2.500 soldados. O goberno outorgaríalle aos militares o dereito a pedirlle a calquera persoa que se identifique e a rexistraren o interior de vehículos.
A oposición italiana reaccionou contra a decisión, cualificándoa de "militarización do territorio", denunciando que se lle concedan ao exército competencias que lle corresponden á policía, advertindo de que creará "alarma" social e prognosticando que será ineficaz. Paradoxalmente, a iniciativa coincide coas estatísticas que sinalan que en Italia diminuíron os delitos comúns a pé de rúa mentres que aumentaron os delitos económicos.
Alguén precisa VERLLE a cara ó FASCISMO? Meter o dedo na chaga?
Crisis economica e fascismo sempre veñen xuntos.
Home que marabilla. Se un facistoide como Berlusconi saca ao exército á rúa. Toda a prensa pro esquerdista pega o berro ao ceo.
Ha, pero cando un golpista e asasino como Chávez utilizo a parte do ao exército Venezolano para dar un golpe de estado o 04 de febreiro do 92. Poucos dixeron que esta boca é miña (Especialmente despois que se declaro socialista)E se dixeron algo. Hoxe nin se acordan. Igualmente cando o 11 de abril de 2.002 ordeno o plan Ávila para masacrar á oposición tampouco ninguen dixo nada. Especialmente a prensa independente. Independente do imperio, pero ben comprometida cos petrodólares Venezolanos
Se os militares italianos fixésenlle isto ao pobo (ver vídeo). Iso si, baixo ordes de Berlusconi. Xa veriamos como se desgarrarían as vestiduras estes “xornalistas”. E as que están protestando no vídeo son basicamente mulleres e vexan o cordial tratamento dispensado ás mesmas.
http://www.youtube.com/watch?v...
Cando se dispara a sangue fría defendendo a un presidente que se disfraza de socialista pódese ver isto.
http://www.youtube...
Aquí podemos ver como se reprime unha manifestación estudantil en contra da reforma constitucional. E ata hai comentarios do Tarek Ell Aissami Viceministro de Seguridade (Cargo obtido logo de ser derrotado nas eleccións da Universidade de Ándes) Un bo exemplo de como se pasa de dirixente estudantil a policía represor.
http://www.youtube...
Neste vídeo vemos como a Garda Nacional de Venezuela bloquea as peaxes para dificultar o libre tránsito a manifestantes contra o goberno roboilusionario. Cando é o goberno o que indica a mobilización. Ocorre todo o contrario, ata fan uso de medios de transporte de organismos públicos (Delito coñecido como peculado de uso) e non só non interrompen o seu paso senón que ata de escolta sérvenlles.
http://www.youtube.com/watch?v...
Despois critican a Berlusconi por intentar darlle algo de seguridade a Italia e falan de “militarización” e non ven que noutros países onde hai unha importante comunidade galega como Venezuela. Os militares ocupan case todos os espazos políticos e o pobo padece unha das maiores inseguridades do planeta. Mentres máis do 50% da forza policial cumpre funcións de escolta para a xente do goberno roboilusionario.
Iso si. VIEIROS preocúpase máis polo que fai ou deixa de facer Berlusconi. E nin sequera no apartado dedicado á comunidade galega en Venezuela falan do asasinato dun galego como Francisco Caldas Fernández. Non, están moi ocupados seguindo os lineamientos emanados da axencia Bolivariana de Noticias. E se matan galegos ou perseguen estudantes da UCV (A mesma universidade capitalista e vendida ao imperio que lle outorgo o título universitario a Xurxo Martinez Crespo) Simplemente non pasa nada. Sería bo que contase cantos galegos e os seus descendentes han moto en mans do hampa durante o reinado do seu heroe apocalíptico. Garántolle que son moitos máis que as “Catro vidas do exilio galego en Venezuela”
Se Berlusconi é fascista polo que quere facer. Entón Que é Chávez polo que fixo e msigue facendo?
Cando se exercen medidas de forza por un goberno de dereitas chámanlle Fascismo, cando é por un de esquerdas chámanlle Socialismo.
Mentres se poidan realizar eleccións e derrocar a estes gobernantes nas urnas, creo que non se pode falar de Fascismo, simplemente de gobernantes autoritarios.
Como se lle chama aos que queiman camións e paralizan a economía dun país?
Piquetes informativos, por suposto.
Duas coisas. Primeiro, Coutoven, acho que falar de Itália não é esquecer Venezuela. Lá, como na Itália militarizada, há muita população a favor, e isso faz com que se reproduça a falsa ilusão de segurança, de agirem os totalitários amparados pelos votantes. Sabemos que por mais que cinco milhões de pessoas digam uma parvada, segue a ser uma parvada. Eu, portanto, não misturaria tão alegremente o caso italiano e o venezuelano. Penso que não têm ponto de comparação. Aliás, o despregamento de referências que ofereces é mais próprio de um artigo do que dum comentário, embora a linguagem não seja assim.
Em segundo lugar, concordo com o Barcelos em algum ponto: não é necessário chamar de fascismo às práticas totalitárias de Berlusconi (ainda); mas isso também não quer dizer que o oposto ao fascismo seja o socialismo. Seguimos a confundir o socialismo com a prática feita na era staliniana, sem reparar em que houve outros socialismos (mas isso é outro tema). E, polo demais, não vejo a ligação possível com as folgas patronais de transportistas na Espanha. Como acontece com Venezuela, é outro tema, por mais que também não concorde com elas.
Vaia agudeza de "reflexións" (!)
O que se quere indicar, precisamente, é o camiño hacia o fascismo de novo cuño. Coma os alemáns e dereitosos benpensantes €Uripeus do tempo da entreguerra mundial, estaredes esperando a ver si realmente chega. Mentres, como eles, a mirar para outro lado!
Despois, si se sobrevive (morreran moitísimos OUTROS, millóns), claro non se sabía nada. Pois!
Saúdos aconjuradosnescios. Desexo que por favor lea novamente e con detemento o escrito no meu anterior comentario. O primeiro. Cando vostede sinala “acho que falar de Itália não é esquecer Venezuela”
Eu pregúntolle. Vostede leu os últimos 30 titulares de Vieiros dedicados a Venezuela no apartado GZ-EX dedicado a este país? Se non o fixo, rógolle encarecidamente que o faga. Polo menos os titulares, e asegúrolle que logo disto. Vostede poderá confirmar se certo ou non, que Vieiros esqueceuse da segunda comunidade Galega en Hispanoamérica. Simplemente limitouse ha ser portavoz da axencia Bolivariana de Noticias. En ningures escóitase a voz da nosa comunidade nun apartado onde supostamente tería que ser a súa principal razón de ser.
Igualmente rógolle a vostede que lea. “Que é Vieiros?”
http://www.vieiros.com/vieiros...
De forma moi especial o último parágrafo que di:
“... Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita dende o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo.”
E eu pregúntolle señor aconjuradosnescios Vostede cre que Vieiros esta cumprindo realmente cos seus postulados orixinarios ou é simplemente un operador mediático ao servizo dun interese político? E aclárolle, esta percepción persoal é máis atinente ao apartado de GZ-EXT Venezuela que ao resto do medio, o cal loce algo máis plural.
Sobre sacar ao exercito ás rúas en Italia. Non se como poida funcionar. Polo menos en Venezuela todos os gobernos e moito mais este, onde o militarismo chega ao menor cargo publico. A mesma e unha medida máis EFECTISTA que EFECTIVA. É máis, cando lles comente esta situación a algúns amigos italianos. Cáusolles bastante risa e ata algo de sorpresa xa que segundo eles en Italia existen problemas de seguridade importantes pero para nada que xustifiquen medidas dese tenor. É máis, consideran que é algo máis propagandístico coa finalidade de dar unha imaxe de máis seguridade. Simplemente unha medida efectista.
Con respecto ao fascismo, en Venezuela o máis próximo a iso foi o goberno de Marcos Pérez Jiménez a finais dos 50. Ata a chegada de Chávez en 1.992, cando intento derrocar a un goberno democrático cun dos golpes de estado máis criminais e sanguentos da historia de Venezuela. Lamentablemente a corrupción política e a ineficiencia da xustiza permitiron que este criminal puidese participar nun proceso electoral cunhas garantías de imparcialidade que hoxe en día nin remotamente gozan o resto dos partidos políticos do país.
Iso si, todo o que se di e fai en Venezuela é en nome do socialismo. Cando o certo é que o único que se fai é desprestixiar unha ideoloxía política.
Creo que case o 100% dos italianos queren que os politicos soio cobren o que cobran eles, e que traballen coma traballan eles, ¿Se seguen tanto as enquisas porque non o fan?
Un exemplo e témolos aquí cada día, incluso varios por día (intento de criminalización de Izquierda Castellana como base de Batasuna, polo noxento actuante, como "sindicato", utilizando as leises vixentes, op mesmo contra os antifascistas, etc).
Outro exemplo, agora na Alemania:
http://www.rebelion.org/notici...
Sobre o fascismo global ou novo, Eduardo Subirats:
http://www.rebelion.org/notici...
Documentos
Mais a realidade vai noutras vías -axenda oculta, lembran?-. Máis:
http://www.rebelion.org/notici...