Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

A folga do transporte obriga a Citroën a parar a produción

O goberno español dálle carta branca ás forzas de seguridade para que garantan o subministro de produtos básicos.

Redacción - 17:40 11/06/2008
Tags:




A factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, que conta con preto de oito mil operarios, vai paralizar mañá a súa actividade pola falta de subministros. A empresa asegura que cada día de paro deixaranse de producir 2.300 vehículos.

Aínda que o de Citroën é un dos casos máis chamativos, o paro no transporte comeza a causar problemas en moitas outras empresas do país. Así, o propio conselleiro de Industria, o nacionalista Fernando Blanco, expresou a súa preocupación polas repercusións negativas sobre “a produción e as industrias”. Blanco sinala que é preciso atopar unha solución canto antes.

Mentres tanto, o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, anunciou que as autoridades van aplicar a “máxima firmeza” contra aqueles que “prexudiquen a vida dos cidadáns”. Logo de tres días de folga, o goberno español decidiu deter e sancionar aos piquetes. Até o momento as forzas de seguridade detiveron a máis de medio cento de persoas en todo o Estado. O executivo estatal advirte que garantirá, se fai falta empregando a forza, o subministro de produtos básicos e de combustíbel.


0/5 (0 votos)


Comentarios (11)

unhagrandechea #1 12/Xuño/2008 unhagrandechea
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Respetamos os que fan as folgas, pero sube para todos o gasoil.
Ven o I SERAN RAMON CABANILLAS en Cambados - ACTUACIÓN DE TREIXADURA . DIA 21 DE XUÑO ÁS 21 HORAS
Máis información en
http://www.unhagrandechea.org....

Canledalebre #2 12/Xuño/2008 Canledalebre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NON É UNHA FOLGA. É UN PECHE PATRONAL.

Parece que desde VIEIROS seguides empeñados en confundir.
Isto non ten nada de folga, é un paro promovido por asociacións de empresarios, que persiguen desregularizar ainda mais o sector. Dos dereitos dos asalariados do sector non se fala por ningures, só de prevendas aos propietarios de empresas, que por suposto sairían das arcas públicas que engordamos os traballadores co noso traballo, cotizacións e impostos.
Algúns dos "folguistas" son os mesmos patróns que logo cando toca negociar os convenios colectivos racanean un miserable incremento salarial do IPC.

OS TRABALLADORES DO TRANSPORTE NON ESTAMOS EN FOLGA NINGUNHA!!!

cangueiro #3 12/Xuño/2008 cangueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aí estamos Canledalebre. Estou contigo. Tócame a moral que estes esquirois metidos a bastardos dos patrôes venhan a fazer o que lhes peta e máis. Se queiman un día...nom pasa ren.

A mim nom me dam pena, a ser sinceiro. Para pedir máis subvençoms? Galiza non necesita máis subvencións, o que necesita é xente xeradora de emprego cualificado e xente que se esforze por acadalo. O resto, parásitos.

Sentíndo-o muito por eles. E nom quero discutir sobre falha de respeito. Dezíam Habeas Corpus: ás cousas polo seu nome, nom si?

baltar69 #4 12/Xuño/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vexo en algúns foros, supostamente esquerdistas, esa deslixitimación da folga que leo máis arriba. non estou de acordo para nada con ese plantexamento, xa sexa porque o dereito á folga non é patente soio para traballadores por conta allea nin dos funcionarios xa porque o facer folga hoxe, ahora mesmo, é case unha obriga xa non multisectorial se non que social.
o que sí é chamativo é que as élites se desentendan de estas contestacións como si con elas non fose e que sexa o propio presidente de fenadismer o que faga uso dunha retórica antiliberal para expoñer as súas problemáticas que os agochados sindicatos de clase e os ideólogos da nosa gloriosa esquerda mexapilas non son capaces nunca de entonar, acostumada como teñen a boca a falar de concertación e a man afeita a collela esmola pola que nos venderon a todos xa fai tempo.

moledo #5 12/Xuño/2008 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Canledalebre, #3 cangueiro, esqueceis os camionistas autónomos sem trabalhadores por conta alheia ao seu carrego que são boa parte, senão a maioria, na Galiza. Não penso que a greve seja injustificada nestes casos. Saudações.

mceleiro #6 12/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já estão os pequenoburgueses incomodados pelo trauma que supõe não ter no hipermercado o seu iogurte com bífidus favorito e correctamente desinformados a dizer aqui toladas.

Os realmente afectados pela suba dos combustíveis são os pequenos transportistas, não os patrões.

Esses camiões de Zara, de Tablicia, de Leite Rio que se podem ver pelas estradas, não são dessas empresas. São de trabalhadores que põem o veículo (meio de produção) comprado a crédito, com muitos gastos de mantemento, e a necessidade de prever a compra do próximo, de querer ter continuidade no negócio. A inflação dos preços faz que estes custos aumentem brutalmente.

Os seus ingresos são os portes, que não subem concordando com os gastos que têm que afrontar, especialmente o combustível.

Isto produz que muitos passem a ser condutores de veículos de empresas do transporte, que lhes suga uma importante mais-valia, e numas condições de trabalho especialmente duras.

De subirem os portes, não podem competir com uma grande empresa monopolística do transporte, que por exemplo não necessita de créditos e ainda têm todo tipo de benefícios económicos por parte do estado.

O que estão a pedir é uma rebaixa dos impostos que gravam ao combustível. Impostos "indirectos" que estão a gravar também o preço dos productos. Dito a grosso modo, é um IVA do 80%, quando às grandes empresas se lhes está a rebaixar os impostos sob os seus enormes benefícios.

No caso dos transportistas, agricultores e pescadores, os preços da sua matéria prima não sube, sim o seu custo de produção, que é restado dos benefícios, até o limite de serem inviáveis.

Há também outras revindicações quanto às condições de trabalho dos transportistas.

Que a esta greve adiram também os grandes empresários do sector, não deslegitima em nenhum caso a sua verdadeira raiz do protesto.

Como o sindicalismo actual é amarelo, uma manada de traidores, o que estão a negociar não são as revindicações originais, senão benefícios para a patronal do transporte, ficando exentos os transportistas autónomos.

É UMA QUESTÃO DE IMPOSTOS.

mceleiro #7 12/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A questão é que o neoliberalismo grava com impostos aos produtores directos, e reduz os pagados nos beneficiários do lucro corporativo.

Um fulano que queira conduzir um BMW X5, que pessa quase 3000kg, e bebe 15 litros de gasóleo porque é assim de chulo, deveria de pagar o gasóleo a 3€ o litro, por ser um gasto ineficiente, absurdo, e desnecessário, um producto de luxo. Mas um uso do combustível para sectores productivos, hoje indispensável não deveria ter uma carga fiscal tão grande.

mceleiro #8 12/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Temos também um exemplo por parte do Rubalcaba de como se respeita o direito à greve no Reino de Espanha. Quando deixa de ser simbólica e produz perdas económicas nos grandes empresários, manda aos antidisturbios a "garantir a liberdade de circulação dos produtos" e os direitos dos esquiróis que, pobrinhos eles, querem trabalhar.

ecoe #9 15/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Citroën para porque non ten almacenamento de reserva das suas necesidades, ou millor dito, teno en forma de camións de abastecemento diario, e agora freou en seco a causa de iso.

Non querían aforrar os costos do almacenamento? Pois.

ecoe #10 15/Xuño/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O encabezamento non está correcto: a folga non é a causa, é o desencadeante. Queda clarísimo!

Xoan_da_Tolda #11 16/Xuño/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Poñamos que es un autónomo tan pringado coma os transportistas, vamos que pides un creto e méteste a un bar ou unha perruquería cunha inversión duns 60.000 euros hipotecando a túa casa ou a dos teus pais. Máis agora pillate a crise económica por medio, máis a suba do gasóleo, máis o euríbor e a xente pénsao dúas veces antes de ir ó perruqueiro, mídese máis a hora de tomar unhas copas. Aínda por riba os produtos encarécense, disminuíndo a marxe de beneficio, e xa non da para todo. ¿Que fas? ¿folga? ¿prender lume os Starbucks, os McDonalds e as cervecerías de Estrela Galicia? ¿arraras cos locais de Jean Louis David e Marco Aldany? ¿pides unha "tarifa mínima" que che cubra os custes?.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: