Centos de explotacións estaban a ter graves problemas para que lles recollesen o leite.
As granxas de todo o país están tendo graves problemas para darlle saída ao leite. A folga de transporte impide dende o luns que os camións cisterna poidan sacar o seu produto con normalidade. A situación é especialmente complicada segundo os sindicatos nas bisbarras coruñesas. De feito, algúns produtores comenzaran xa a tirar o leite que acumulaban nos tanques frigoríficos.
Por iso, o acordo ao que chegou este mércores Unións Agrarias coas asociacións de transportistas en folga pode paliar a dramática situación que vive un sector xa en crise. Os piquetes permitirán a partir deste mesmo mércores un servizo de mínimos para os camións do leite, os de pensos e o transporte de animais mortos
NON É UNHA FOLGA. É UN PECHE PATRONAL.
Parece que desde VIEIROS seguides empeñados en confundir.
Isto non ten nada de folga, é un paro promovido por asociacións de empresarios, que persiguen desregularizar ainda mais o sector. Dos dereitos dos asalariados do sector non se fala por ningures, só de prevendas aos propietarios de empresas, que por suposto sairían das arcas públicas que engordamos os traballadores co noso traballo, cotizacións e impostos.
Algúns dos "folguistas" son os mesmos patróns que logo cando toca negociar os convenios colectivos racanean un miserable incremento salarial do IPC.
OS TRABALLADORES DO TRANSPORTE NON ESTAMOS EN FOLGA NINGUNHA!!!