Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
'DIGALEGO.COM'

Ir Indo retira o seu dicionario en liña e esixe un concurso público de axudas para o seu mantemento

A editorial afirma que non reactivará a aplicación até que Política Lingüística reabra o procedemento que declarou deserto en novembro.

Redacción - 14:40 11/06/2008

O 23 de abril Ir Indo colgou na rede o seu dicionario de galego, que inclúe ademais sinónimos, antónimos e as correspondencias en castelán e portugués. A ferramenta, con 65 mil entradas e adaptada á nova normativa, tivo un gran recibimento entre os internautas, e viña complementar o dicionario online da Academia, sen as modificacións normativas de 2003 e con tan só 15 mil termos.

Agora a editorial anuncia que retira da rede o dicionario. Esíxelle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que reabra o concurso público para conceder unha axuda para a realización e mantemento desta ferramenta, un procedemento que se iniciou o pasado ano e que foi declarado deserto. Naquel concurso presentáronse dúas propostas: Ir Indo, excluída por non figurar no seu obxecto social o traballo para a rede, e unha empresa informática. Segundo Bieito Ledo, director de Ir Indo, nas bases técnicas da convocatoria non figuraban especificacións técnicas sobre o contido do dicionario (número de entradas, por exemplo), e dado que a única empresa que fora admitida no concruso non dispuña de dicionario, o proceso foi declarado deserto en novembro de 2007.

A partir dese momento, Ir Indo estivo traballando cos seus propios medios na construción do seu dicionario online, finalmente presentado o 23 de abril, que agora pechan, segundo Bieito Ledo, por non poder atender o seu mantemento e corrección. En paralelo, a editorial dirixiuse en varias ocasións á Secretaría Xeral de Política Lingüística, para solicitarlle que reabrise o concurso que declarara deserto: "non queremos privilexios, só que se reabra un concurso para apoiar unha iniciativa que cremos moi necesaria para a lingua e para o desenvolvemento da rede en Galiza".

Ledo afirma que a resposta que recibiu de Política Lingüística foi que o concurso non se ía repetir, porque xa existe un dicionario online de galego, o da Academia, aínda que conta con moi poucas entradas (15 mil, por 65 mil do de Ir Indo) e non contén as modificacións normativas de 2003. Bieito Ledo di, con todo, que non quere que nin a presentación do dicionario en abril, nin a súa retirada agora, se interpreten como medidas de presión.


Documentos

4,8/5 (5 votos)

Comentarios (8)

EVAZSOU #1 11/Xuño/2008 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Logo é que as cousas se vão sabendo e a gente pinga a pinga vai escolhendo:

http://www.agal-gz.org/estravi...

mau #2 11/Xuño/2008 mau
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não dá para perceber nada disto... NADA!!!

O Estraviz leva on-line sei lá quanto tempo... sem nenhum tipo de subsídio... Que classe de espectáculo é este? Estes fazem, retiram, pedem, chantageiam... o que é isto??? E política linguístia quê? Uma vergonha, que vergonha!!!!

galeguzo #3 11/Xuño/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E isso que a Marisol conhece tanto o Estraviz (lexicógrafo) quanto a sua obra. "Xa que logo", não há pior ignorância :D

roebek #4 11/Xuño/2008 roebek
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O mellor de todo: é un farol para comprobar a reacción xeral, porque que eu saiba o dicionario non deixou de estar dispoñíbel. Logo, a que están xogando?

Ainssss o día que a vaquiña quede sen leite non sei que vai ser deste país.

maraghota #5 12/Xuño/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fam/Fariam bem em retirá-lo, até que o refagam em condições. É umha boa chapuza...

E se a lexicografia nom rende, sobram negócios por aí adiante. Que montem umha baiuca ou umha perrucaria!

Ai meu deus, quanta moleza!

outrolector #6 12/Xuño/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este Sr. Ledo paréceme, en xeral, bastante impresentable. A primeira vez que souben del foi sendo susbscritor da enciclopedia galega universal; nos pagando todos os meses os cartos acordados e os exemplares do traballo sen aparecer, meses e meses sen explicación ningunha, atendendo de moi mala gana as preguntas e reclamacións feitas por telefone...

Agora, fai uns días escoiteino nunha entrevista que lle fixeron na radio galega. Presentou o dicionario en rede e mailo seu URL como traballo propio de Ir Indo, e non fixo referencia ningunha a Política Lingüística. A que ven isto agora?

Alguén con vergoña (propia e allea) e con dignidade, tanto dende o goberno galego como dende a RAG - en tanto que sostida con cartos públicos - deberían dicir algo.

mceleiro #7 12/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Subsídia-me, beibe! Lo demás me importa una mierda.

Xarope #8 12/Xuño/2008 Xarope
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

15.000 verbetes o da "academia gaLLega" ?

65.000 verbetes o de "Ir indo" ??

Pois vaia merdinha .. !

o do Estraviz tem 90.000 verbetes e se nom me engano vai ser alargado até mais de 120.000 .. !

Continuem a subsidiar a merda ... até que demos todos afogados nela !!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: