Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Lucho Fernández, MVP do torneo

Non puido ser: Galiza, subcampioa do I Trofeo das Nacións

A Irmandiña caeu derrotada ante Euskadi por 72-80 nun partido en que os tiros de tres foron decisivos.

Redacción - 10:15 08/06/2008
Os homes repiten o mesmo resultado conseguido polas mulleres en maio

Os homes repiten o mesmo resultado conseguido polas mulleres en maio

Logo de superar a Portugal este venres cun excelente partido, Galiza non puido pechar a fin de semana cun pleno. O I Trofeo Masculino das Nacións marcha para terras vascas. Euskadi impúxose aos de Diego Ocampo por 72-80 (18-17, 23-24, 16-20, 15-19) nun encontro en que os tiros de tres foron decisivos, sobre todo na segunda metade.

A igualdade e a concentración caracterizaron o primeiro cuarto dos dous combinados. Galiza permaneceu por detrás no marcador até os minutos finais cando unha tripla de Xosé Antonio Vázquez permitiu estabelecer un 18-17. Nestes primeiros dez minutos salientou a entrada de Xavier Román que dinamizou o equipo.

A tónica da igualdade estendeuse ao segundo cuarto. Ante o acerto no tiro dos galegos a resposta dos vascos era similar. O equilibrio permaneceu no marcador deica o final da primeira metade, que rematou 23-24.

Maia ao comezo da segunda, Euskadi incrementou a intensidade no xogo, tanto no ataque como na defensa, de tal xeito que Galiza non puido anotar deica o minuto 6:20 do terceiro cuarto. A partir de aí A Irmandiña colleu folgos chegando a igualar o marcador (51-51) a falta de tres minutos para o final.

Tripla decisiva no último minuto
Os galegos non xogaron mal o último cuarto do partido, mais os vascos foron mellores. Euskadi anotou unha tripla no último minuto, deixando o electrónico un 72-78 que xa foi imposíbel de remontar. Dous puntos máis dos de Euskadi deixaron marcador final en 72-80.

O quinteto inicial galego estivo formado por: Lucho Fernández (máximo anotador dos galegos, con 18 puntos, e designado MVP do Torneo), Antonio Pantín, Vítor de la Fuente, Xosé Antonio Vázquez e Xosé Ramón Esmorís.

Por outra banda, a selección de Portugal, que dirixe o ferrolán Moncho López, non puido coa de Cataluña, e caeu 93-63, no partido polo terceiro posto.


5/5 (2 votos)

Comentarios (6)

Gaviotero #1 9/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galicia, se dice Galicia, según la toponimia oficial de la RAG.

¡Pero si hasta los bloqueiros han aceptado que "Galiza" debe quedar en desuso! ¡Qué insistencia en el error!

La conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ha asegurado esta mañana, al término de la presentación de un congreso sobre danza en Pontevedra, que se cumplirá la normativa en relación al término «Galicia».

http://www.lavozdegalicia.es/g...

teixugo #2 9/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

VAI TRABALHAR MOINANTE, CACO DA RIBEIRA!!!

Gaviotero #3 10/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿No tienes más que insultos ante los argumentos, teixugo? Eres un magnífico representante del nacionalismo gallego.

GALICIEN #4 10/Xuño/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

GAVIOTERO, FAI AS MALAS E VAITE PRA MADRID.

valky #5 10/Xuño/2008 valky
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Queres argumentos, meu rei? Eu douchos por ser o rapaciño dos meus ollos:

Falas da RAG, pois a RAG acepta os dous termos dende hai cousa de 5 anos e se houbo polémica ao respecto foi porque uns empregaban e outros outro. Se non existise ninguén que o usase nin o defendese, non habería tales problemas. Non veñas a falarlle de grelos a quen os sementa.

teixugo #6 11/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não é um insulto, é uma definição, es um MOINANTE, VAI TRABALHAR!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete