Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto: I Trofeo das Nacións

Este sábado á noitiña, Galiza pode facer historia

A Irmandiña superou por oito puntos a Portugal na semifinal disputada este venres. Na final, terá enfronte aos vascos, que lle gañaron a Cataluña.

Redacción - 11:25 07/06/2008
Xosé Antonio Vázquez realizou un excelente traballo en defensa

Xosé Antonio Vázquez realizou un excelente traballo en defensa

A selección de baloncesto masculino derrotou este venres a Portugal por 70 a 62 (16-15, 20-8, 14-20, 20-19), na primeira das semifinais do Trofeo das Nacións que están a disputar en Xirona (Cataluña).

Os de Diego Ocampo dominaron de principio a fin. Só nos derradeiros minutos, o combinado portugués, que dirixe o ferrolán Moncho López, púxolles as cousas difíciles aos nosos. Mais souberon manter a súa vantaxe no marcador até o final, xogando con serenidade.

Xavier Román, Xosé Antelo, Xosé Ramón Esmorís, Xosé Antonio Vázquez e Vítor de la Fuente conformaron o quintento inicial. Salientou especialmente a actuación de Xosé Luís Castro e de Lucho Fernández, que anotou 17 puntos.

Na final, que comezará este sábado ás 19.00 horas no pavillón Fontajau, a Irmandiña terá enfronte a Euskadi. Os vascos derrotaron por unha estreita marxe (unha canastra de campo) a selección anfitrioa do torneo, Cataluña. O resultado final foi de 79-81.


Documentos

5/5 (2 votos)

Comentarios (3)

Gaviotero #1 9/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galiza no. Se dice "Galicia":

A Real Academia Galega di que Galicia, e non Galiza, é o nome da comunidade
http://www.xornal.com/article....

teixugo #2 9/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

VAI TRABALHAR MOINANTE!!! CACO DA RIBEIRA!!!

teixugo #3 10/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMO RAJOOY...

CUÑAAOOO

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete