Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Inconstitucionais, ilegais e inxustas"

Solicitan medidas cautelares para a paralización das oposición ao ensino

A Asociación Galega de Opositores presenta un recurso contra as bases da convocatoria no TSXG.

F.A. - 13:45 06/06/2008
Os interinos están exentos de pasar unha das probas

Os interinos están exentos de pasar unha das probas

"Non pode ser que unha persoa quede fóra cun 10 e outras entren cun 3", di Xavier Casal, vogal da directiva da Asociación Galega de Opositores do Ensino (AGOE). Non é a primeira vez que realizan esta queixa dende que en 2007 entrou en vigor o novo sistema de acceso á ensinanza pública.

A AGOE, presentou esta quinta feira un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) contra a convocatoria de oposicións aos corpos de mestres e de profesores.

O ano pasado impugnaron a lista de aprobados, xa que non chegaron a tempo de facelo coa orde da Consellaría de Educación. Desta volta, ademais, solicitaron que o tribunal tome medidas cautelares para que as probas, previstas para o 20 de xuño, non se efectúen.

"Inconstitucional, ilegais e inxusto"
Segundo Casal, a norma podería ser inconstitucional, ilegal ou mesmo as dúas cousas á vez. Inconstitucional porque "non se respecta o principio de igualdade" (artigos 14 e 23.2 da constitución española): por exemplo, os docentes interinos cun mínimo de seis meses traballados están exentos de facer unha das probas da oposición.

E ilegal porque "vai contra diversos aspectos da LOE" e "é contraditoria en si mesma": por exemplo, aínda que a orde fala dun único tribunal, o informe de exención dos interinos está supervisado por inspectores da consellaría, habendo deste xeito dous tribunais de facto.

Tema aparte, sinala o vogal da directiva de AGOE, é a "inxustiza" que supón -"aínda que poida ser legal"- que no sistema de acceso, a nota do concurso valla un 60% e a da oposición, un 40%.


4,18/5 (11 votos)

Comentarios (7)

Gaviotero #1 6/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero si no, cómo le van a dar las plazas los progres y los bloqueiros, y valga la redundancia, a sus amiguetes...

Dogma #2 6/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vai falar o fillo de baltar e cacharro ha ha ha.........

En canto a esto gustelles ou non eu si que o considero xusto, xa que para entrar coma interino tibeches xa que pasalas antes ben putas e mesmo sacar un deses 10 que din que podes sacar e non ter plaza...

Anque isto é como todo, os que non están queren entrar e os de dentro queren seguir... e total todo isto ¿para que?, pera que os que xa estaban dentro (ousexa Gavi, fillos de... na sua maioría da epoca PP pero que non son capaces de botar fora) poidan regular a sua situación...

zulu #3 7/Xuño/2008 zulu
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1º-todos os que entran a traballar como interinos no ensino fano a a partir dunha lista que se crea coas notas das oposicións, ninguén o fai a dedo coma noutras administracións.
2º-eu aprobei o ano pasado despois de moitos anos de interino e ninguén me diu nada: tiven que sacar un 7,5 e o último que entrou sacou un 7,1
3º- se estas capacitado para dar clases( ou outro traballo ) durante anos, non é normal que se artellen medidas para consolidar postos de traballo? ou hai un raseiro distinto para a empresa privada e a pública? ( e con isto volvo a insistir no punto 1º)
4º- o que a administración non quere aceptar é o acceso diferenciado, co que se acabaría co problema e coa demagoxia de sacar un 10 e non entrar.
5º- no meu tribunal houbo un 10 que non entrou: non tiña un só punto nin de traballar nin de cursos, nin de méritos de carreira.(porque os puntos non son só de traballar de interino)

Montemogos #4 7/Xuño/2008 Montemogos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que din os da asociación esta danlle a volta á realidade: é o concurso o que vale un 40% e a oposición conta o 60%.
Por outro lado, é posible conseguir ata o 60% do máximo de puntuación do concurso sen ter traballado xamais no ensino. Ou están dicindo que a formación continuada e a excelencia académica debe carecer de recoñecemento?

Maiakovsky #5 8/Xuño/2008 Maiakovsky
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cada quen vé a feira como lle vai, non é?

O que deberan recoñecer os interinos, anque lles perxudique, é que o 'antigo' sistema (o que rexiu e rexirá despois destes 5 anos de 'excepcionalidade'. Sí, cando se volte a 2 ou 3 prazas cada 2 anos), ou sexa: exame teórico e comentario, eliminatorios, e notas públicas das diferentes partes, é máis xusto. Que os 'matices' engadidos son un caciqueo indigno. Porqué ese interese en que as notas diferenciadas non aparezan? Para que non se vexa que os 'informes' da Unidade Didáctica son misteriosamente premiados, todos, coa máxima nota? Porqué o téorico non é eliminatorio? é que os interinos non teñen tempo para estudar?
Non sendo interino, atopas que no concurso dos méritos, que son o 40 por cen da oposición (algo que por outro lado tampouco está mal nen é ilegal), o máximo ao que podes aspirar é a 4 sobre 10 (os 4 da categoría 'méritos académicos e cursos'; porque logo está a categoría 'cursos de menos de 20 horas, reservados para profesores e interinos, e a experiencia docente, coa que podes chegar ao 10). Logo atopas que tes que facer dúas defensas das cales os teus rivais interinos teñen unha xa feita, e coa máxima nota. Iso moi serio, e moi democrático non é que sexa.
O das listas tamén daría moito que falar, porque iso que di zulu, ríome eu... O que conta de verdade é 'antigüidade'. A saber: unha persoa presentouse ás opos digamos no ano 98, e sacou un 3. Entrou en listas, e no 2000 o chamaron para ir facendo sustitucións. Esa persoa estará sempre máis alta na lista que outra que o ano pasado sacou un 10 e non sacou a praza.
Outra cousa é que un non acaba de entender esa figura da interinidaxe. Se hai unha praza para todo un ano por baixas ou polo que sexa, ao ano seguinte debería saír a concurso oposición. Dende fóra, un tende a pensar que só existen para que o estado aforre en mestres (xa que non os pode despedir).

ladrillazo #6 8/Xuño/2008 ladrillazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un par de comentarios:

1. Os méritos non son de experiencia docente, son de anos/meses de contrato: ninguén valora o que un fai durante ese tempo (podes ser unha merda de mestre ou un mestre execelente e terás os mesmos puntos). E indo máis alá, se collo unha baixa médica (si,si, das de verdade ou destas que incapacitan para dar clase pero logo fas unha vida normal para o resto das cousas) de longa duración envían un sustituto (normal) pero os méritos por experiencia docente siguen contanto. ¿Conta que esteas enfermo na casa como mérito docente? Eu creo que eso non é experiencia docente.

2. Listas: Zulu se traballas no ensino saberás que con respecto ás listas omites uns cantos datos:
-> Podes sacar un cero (menuda demostración de coñecementos e interese) e entrar en listas.
-> As listas non se modifican a pesar de que se fagan oposicións. Concretando, cando me presentei por primeira vez a unhas oposicións de secundaria fun o segundo suspenso coa nota máis alta; sen embargo, á hora de chamar para traballar chamaron a todos os interinos (por certo, ningún me superaba en notas fronte ás mesmas probas obxectivas). Interinos que en moitos casos a súa maior preocupación era: para aparecer como presentado chega con vir á presentación ou temos que viró primeiro exame.
-> ¿Qué medo ten o colectivo de interinos para non refacer as listas en cada oposición? Que se vexa o percal que hai por ahí de xente que o seu único mérito é nacer antes que outra xente.

Ós interinos unha mensaxe: tendes unhas condicións laborais (soldo e horario) moito mellores que ás de moita xente que se presente ás oposicións (están en paro ou traballando cun horario máis fodido e seguramente cobrando moito menos), estades en contacto coas materias, materiais e compañeiros dos centros (cousa que constitúe unha grande avantaxe, e se non o entendedes, pensade sobre elo) polo que deixade de parasitar e esperar por si un goberno se baixa os pantalóns e traballade que o que está en xogo é un posto de traballo.

Estando no ano 2008 e aínda andamos con caralladas para o acceso á función pública. É flipante, moito falar das chanchulladas do anterior goberno pero paréceme a min que da igual a cor... que razón tiña Felipe González: máis da mesma merda.

Ós que estades esforzándose para aprobar, unha cousa: sorte.

Saúdos

flipada #7 8/Xuño/2008 flipada
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta claro que vemos o que queremos ver, e que cada un de nós aporta unha parte de verdade e outra de visión particular. Nin os interinos son todos bos, nin todos malos, nin uns rascapelotas. E nesa clasificación estarían tamén os que pretenden entrar agora. E teríamos que falar tamén de sustitutos, xente que entra a primeira vez. Se o problema está en que se é un mal profesional e deberían estar "vixiados", penso que se debería extender os funcionarios de carreira, que coñezo a máis de un que habería que apartar do corpo por perigo de contaminar mentes. Se o problema está en que entra xente que non está preparada, que queredes que vos diga. Non é a primeira vez que entra xente que non está preparada PARA A DOCENCIA por non deixar prazas vacantes. ¿Cal sería o sistema ideal? Non penso que haxa ningún. Agora ben, interinos e sustitutos son necesarios para que o sistema funcione, mal que nos pese. O problema, desde o meu punto de vista, está no traballo que se oferta, pois se se tivese que pasar por controis periódicos que mediran a nosa capacidade de rexeneración para adaptarnos ós cambios na sociedade, ás novas tecnoloxías; se se nos medise e puntuase o tempo que lle teríamos que adicar á preparación de material didáctico (para non ir con clases sen preparar, con material obsoleto, etc), se se controlase as faltas, tamén de puntualidade (cantas veces, en cantos centros soa o timbre e se segue de cháchara na sala, se todo esto se controlase e o noso traballo dependera diso, xa veríamos como non nos tirábamos dos pelos para coller unha praza. O problema, para min, non está no sistema de entrada, senón en que se oferta un traballo no que non nos controlan demasiado, doutro xeito non se entende esta guerra, cando estamos a falar dunha profesión cun alto índice de presión mental, a non ser que sexas un rascapelotas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: