Hillary Clinton non confirma a renuncia pero suxire que podería ser vicepresidenta para facilitar a unión do partido despois das belixerantes primarias.
"Esta noite chegamos á fin dunha travesía histórica e ao comezo doutra", afirmou Barack Obama na súa intervención desta terza feira despois de coñecer que a súa vitoria nas primarias de Montana e South Dakota lle facilitaban superar a cifra de 2.118 delegados, o mínimo necesario para converterse no aspirante do Partido Demócrata ás próximas eleccións presidenciais dos Estados Unidos.
Obama tamén aproveitou para felicitar a súa rival nesta pelexa, a senadora Hillary Clinton, asegurando que "fixo historia nesta campaña, non só porque é unha muller e conseguiu o que ningunha outra lograra, senón porque é unha líder que inspira a millóns de estadounidenses".
De xeito paralelo, Clinton non confirmou que deixa a loita antes da convención demócrata, tal e como especularan algúns medios de comunicación durante todo o día, pero das súas palabras entendeuse que daba por feita a nominación de Obama. Ademais, despois de avanzar que non tomaría unha decisión esa noite, convidou os seus simpatizantes a faceren suxestións a través da súa páxina web. Ao fío, insinuou que podería ser candidata a vicepresidenta nunha candidatura conxunta con Obama se aquel llo solicita directamente.
Máis en The New York Times e CNN.
Aínda que pareza un paradoxo, este tío vai ser un branco perfecto (para os francotiradores, pagados polos poderosos que queren que USA siga en Iraq)
Queren poñer un negro de presidente, porque USA está a punto de retirarse vencida de Irak e a súa economia arruinada pola crise, así logo lle botaran as culpas dos desastres a un home de color.
Tranquis, que a Orde Suprema halle por boas cancelas: poñamos que un neutralizador marca Hillary!!
Teño que dicir que a min me da absolutamente igual que goberne Hillary, Obama ou Farruquito. Pero faime graza ver como moitos idolatran a Obama e falan del como a reencarnación de Gandhi. ¡Pero se hai pouco, Obama declarou que está a favor da pena de morte que aquí nin Fraga defende!!!
De verdade, todo o día criticando aos ianquis e despois, ás primeiras de cambio, nos baixamos os pantalóns diante deles.
E xa que se trata da elección do presidente mundial e mesmo do €$tado €$pañol -son seus súbditos o bourbon e o mr. presidente, e obedecen o que de alá se lles manda e ensina, incluso o €xército- porqué non habían de nos deixar votar, tamén nas primarias! Ou non?
Si nos han mandar igual...Por min...
E qué vai resolver éste sobre os sangrantes casos do Mumia, o de Leonard Peltier (As Costas do Mundo), ou dos presos políticos portorriqueños??
Van deixar de se meter na vida interna de Cuba, deixarán de ir polo mundo alá onde haxa RIQUEZAS COBIZADAS polas suas multinacionais??
Van deixar de facer as guerras e de sementar a fame?