Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres anos de cadea para cada un

Un tribunal de Exipto ratifica a condena a cinco homes por ter o VIH

A Xustiza exipcia ditou nove sentenzas de prisión polo momento, xa que considera que os seropositivos son unha ameaza pública.

Redacción - 12:45 30/05/2008

Un tribunal de apelación do Cairo ratificou a condena máxima de tres anos de prisión imposta a cinco homes seropositivos encarcerados previamente por un "delito de libertinaxe" (expresión que na lexislación de Exipto fai referencia as relación sexuais consentidas entre persoas do mesmo sexo).

En total, nove persoas na mesma situación xa foron sentenciadas pola Xustiza, que as considera unha "ameaza pública". Dende outubro de 2007, a Policía do Cairo arrestou unha ducia de homes sospeitosos de seren seropositivos. Tres dos detidos foron postos en liberdade sen cargos, logo de que deran un resultado negativo nas probas do VIH, namentres que os outros sufriron todo tipo de vexacións.

A campaña de acoso por parte das institucións do país iniciouse cando un home detido na rúa tras un altercado díxolles aos axentes que tiña o VIH. Os policías levárono a el e mais ao seu acompañante á comisaría. Alí bateron e abusaron deles para que lles desen información sobre os seus 'contactos sexuais', informan as axencias internacionais.

A decisión do tribunal de apelación provocou novas protestas dos grupos de dereitos humanos nacionais e internacionais. "Enviar estes homes a prisión por ser portadores do VIH é inhumano e inxusto", sinalou Human Rights Watch nun comunicado esta quinta feira. Tamén a axencia da ONU para a sida (UNAIDS, nas súas siglas en inglés) , expresou as súas protestas polo tratamento que reciben os seropositivos en Exipto.


Ligazóns

2/5 (4 votos)

Novas relacionadas


Comentarios (12)

Gaviotero #1 30/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tranquilos, no estando detrás la Iglesia Católica no habrá protestas ni quejas...ni Alianza de las Civilizaciones que lo soluciones.

Egipto les cae un poco lejos a los progres, salvo cuando se van de crucero...

rufus #2 30/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home gaivotas, ti por aquí outra vez. E logo a estas horas??? non está á túa nai na casa?
Oe, o dse buscarche algunha utilidade ía en broma eh.
Nos aquí apreciamoste mazo. Sentimos ceros niveis de empatía coa xente coma ti.
Ten que ser moi duro que xa dende pequeno te metesen nun internado.
Esas vacacións de verán nos campamentos de traballo mentras a familia ia de vacacaións a pasalo ben.
Esas festividades de nadal, nalgún campamento para "aprender" a esquiar, mentras a familia a pasaba toda xunta.
Despois no insti (nada de mixto claro), neses de a letra con sangue entra para sacar boas notas, un pouco inchadas claro que para iso se pagaba. Os veráns no extranxeiro aprendendo inglés, mentras a familia se ia de vacacións a pasalo ben.
No resto das vacacións tocaba estudar.
Despois a uni, que a elixiron papá e mamá. e a estudar no colexio maior de pago so para homes...
Rematada a carreira, papá e mamá buscaronche choio. Un amiguete de papá enchufoute...
Que triste, que triste a túa vida.
Entendo que esteas cabreado co mundo.
Pero se te portas ben, tentaremos facernos un chisco de amigos teu.
E se te portas mellor, un día incluso sacaremoste sen bozal pola correa de paseo para que coñezas mundo.
Que che parece a proposta?

Anxo #3 30/Maio/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavioteiro antes de falar do que non sabes podes ler.

http://www.psoe...

Anxo #4 30/Maio/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E se queres ler máis sobre exipto ou de como o PP non apoia no parlamento europeo leis contra a homofobia, le nestes enlaces.

http://www.google...

Gaviotero #5 30/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Angelito, sé leer bastante mejor que tú...y poniendo enlaces que funcionan también soy mejor que tú.

COUTOVEN #6 31/Maio/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que ser preciso como medio e de paso informar adecuadamente.

Este titular é francamente pouco acertado de face a un problema de índole sanitario. Se se le a noticia queda claro que a condena non é precisamente por ser seropositivos. Senón por exercer condutas sexuais que no desfasado e posiblemente teocrático réxime xurídico exipcio son consideradas como libertinaxe. A estas persoas estanas sentenciando polo simple feito de exercer unha práctica sexual de tipo homosexual. A cal en si mesma non pode ser tipificada como de alto risco. A seropositividade neste caso é utilizada como un xustificativo acomodaticio.

Este titular só seria valido se en Exipto practícaa heterosexual irresponsable e promiscua fose considerado igualmente como algo ilegal tamén. Posiblemente non sea así.

As prácticas sexuais en calquera das súas modalidades realizadas de forma pouco responsable e promiscua son unha das causas que a pandemia do SIDA sexa un problema de saúde pública actualmente. Se unha persoa é coñecedora da súa condición de seropositivo e é igualmente consciente do dano que pode provocar a terceiros, e a pesar diso incita ou practica unha actividade sexual ou de intercambio de fluídos altamente contaminantes (sangue, fluídos vaginales ou seme) con outra sen participalo. Obviamente está cometendo un delito e xérase unha responsabilidade civil e penal. Pero enténdase, que a pena de morte non é baixo ningún concepto o camiño a seguir.

De tal xeito que o enfoque do titular é incorrecto. Aunque el desarrollo del tema es totalmente adecuado. O correcto sería sinalar que en Exipto son perseguidas as persoas por exercer unha conduta sexual tipificada como inadecuada. E que a condición de seropositividade está sendo utilizada como agravante para xustificar unha persecución absurda que non vai ao fondo do problema e que en moitos casos contribúe con empeoralo.

O que se me sorprende é que o medio faga eco de comentarios de Human Rights Watch e a ONU cando noutras oportunidades estas organizacións fan comentarios que non son agradables aos intereses ideolóxicos e políticos deste medio. Son descualificadas como interesadas. É dicir, nunhas son santa palabra e noutras son vasallos do imperio.

COUTOVEN #7 31/Maio/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Corrección: Non é pena de morte senón de prisión

xacataca #8 31/Maio/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 e #7

"Enviar estes homes a prisión por ser portadores do VIH é inhumano e inxusto", sinalou Human Rights Watch


COUTOVEN, vostede si que é experto en desinformar. Se non lle gusta que este xornal non cargue indiscriminadamente contra a Revolución Bolivariana coma o resto, non o lea.

A min non me gusta La Voz (de su amo), e non gasto tempo en comentar as súas "noticias".

COUTOVEN #9 1/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No seas idiota Xacataca. Tu solo dices estupideces.

Gaviotero #10 1/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTOVEN, gracias por la aclaración, bien fundada y mejor argumentada.

rufus #11 2/Xuño/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTOVEN por deus!!! a ver se entendemos un pouquiño máis do que vai a película esta.
O que se ven a constatar é que Exipto as respostas da adminstración é a mesma que a que se produciu en EEUU e Europa nos comezos da pandemia.
O problema está en ser portador do VIH se ter a SIDA, polo que as autoridades entenden que eres unha ameaza social.
Como en todos os procesos deste tipo, sinalase un vector determinado sobre o que se cargan as tintas para poñerlle ao resto da poboación os collós e ovarios de "corbata".
Encubrese co tema da "libertinaxe" xa que así teñen unha cobertura legal polo que perseguir a estas persoas.
Se a todo esto lle mistura unha carga de prexuizos enorme, dache a bomba de reloxería.
Pero bueno, unha persoa que fala de "fluídos altamente contaminantes" (querrás dicer unha carga viral alta, non?) ou unha persoa que mistura sen nengún tipo de rubor termos como: "realizadas de forma pouco responsable e promiscua" cando se leva anos tentando convencer á xente de que hai que desemparellar eses termos, porque xa non serven (o aumento de persoas seropositivas producese en mulleress heterosexuais con parella estábel), dinos cal é o nível de coñecemento que tes do tema.

COUTOVEN #12 3/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ola RUFUS. Rógolle encarecidamente que lea novamente o comentario anterior.

Explícolle con todo respecto. Cando falamos de infección HIV aplícase un léxico e unha nomenclatura médica e epidemiolóxica. Nos eventos internacionais onde se manexan os lineamientos de ITS-SIDA efectivamente recoméndase o uso de termos moi específicos aos fins de non estigmatizar nin fomentar a segregación cara aos doentes. Lamentablemente nos códigos penais os termos e definicións xurídicas non poden seguirlle o paso ás recomendacións de ONUSIDA (UNAIDS) e outros foros internacionais que determinan a política terapéutica e de loita deste flagelo.

A miña achega é de carácter estritamente xurídico. Xa que como vostede beira no texto de Vieiros fálase de sentenzas xudiciais onde se fala dun delito de:

”LIBERTINAXE” (EXPRESIÓN QUE NA LEXISLACIÓN DE EXIPTO FAI REFERENCIA AS RELACIÓN SEXUAIS CONSENTIDAS ENTRE PERSOAS DO MESMO SEXO).

O meu comentario nace do feito. Que se nos atemos ao texto vemos que estes pacientes non están sendo xulgados por ser precisamente seropositivos. No fondo están sendo perseguidos pola súa condición de homosexuais. Utilizándose a seropositividad como elemento agravante na súa sentenza. E preguntábame. En Exipto aplícanselles os mesmos criterios aos seropositivos heterosexuais?

Aclárolle. Cando falamos de “fluídos altamente contaminares” É a descrición que se lle dá a toda aquela secreción orgánica onde a concentración da carga viral é alta e polo tanto infectante. E non teño a menor dubida que vostede sabe que os fluídos antes mencionados adoitan reunir estas características cando falamos de doentes seropositivos para HIV. Reitérolle, que non é un texto para utilizar termos como fiestra serologica, CD4 e CD8 xa que do que se fala é de discriminación por condición sexual.

Cando falo das responsabilidades xurídicas dos pacientes. Estou falando das responsabilidades xurídicas que temos todas as persoas. Cando coñecendo ou non que somos portadores dunha enfermidade infecciosa e actuamos de forma pouco responsable e en e caso da SIDA non practicamos unha conduta sexual segura. É comprensible que se apliquen sancións se se comproba intencionalidade e mala fe.

E aclaro. Non é matando á xente nin limitando a liberdade que se soluciona este problema.

O internamento xudicial puidese estar indicado cando unha conduta reiterada constitúa un risco. Esta é unha realidade, Isto é moi común cando o doente provén unha contorna desfavorable, sen apoio adecuado para a súa enfermidade (Que non é só dispénsaa de retrovirales) Se non que é todo un traballo epidemiolóxico e educativo para a comunidade, doentes e as suas familias.

Avanzouse moito no desenvolvemento de terapéuticas retrovirales de última xeración. Creación de combinacións de fármacos que diminúan o número de tomas, ter xenéricos alcanzables e eficientes, evitar a resistencia cun seguimento e motivación do doenteao e diminuír as súas reaccións adversas. Pero, á hora de concienciar á sociedade empezando pola familia do enfermo estamos en cueiros. De forma especial no terceiro mundo.

Rógolle que lea novamente o comentario anterior e creo que entenderá o sentido do mesmo para que vexa que moi no fondo o que se esta é perseguindo a unha conduta sexual especifica e o da seropositividad pasa a ser un pretexto acomodaticio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete