Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTREGARÁNSE O 14 DE XUÑO NUNHA GALA

Mercedes Peón, Lourenzo e o Laboratorio de Formas completan os Premios Nacionais

O xurado dos galardóns vén de anunciar os premiados en Música, Artes Escénicas e Iniciativa Cultural.

Redacción - 11:48 30/05/2008

Quedaban tres premios por anunciar, e xa están aquí. Mercedes Peón levou o de música, Manuel Lourenzo o de Artes Escénicas, e o Laboratorio de Formas de Díaz Pardo o de Iniciativa Cultural. Tres nomes de gran peso na cultura galega que completan unha listaxe de galardóns que serán entregados o sábado 14 de xuño nunha gala que se celebrarán en Compostela.

O xurado dos Premios Nacionais dediciu outorgarlle a Mercedes Peón o galardón na categoría de Música, por ser unha gran intérprete pluriinstrumentista que partindo da música tradicional soubo crear unha nova linguaxe que coloca a música galega na vangarda internacional. Mercedes Peón é sen dúbida unha das figuras máis representativas da música galega nos inicios do século XXI, tanto polo seu traballo de investigación e divulgación de pezas tradicionais case esquecidas, como na súa aposta pola renovación da música popular galega, logrando unha gran proxección fóra do país.

Na categoría de Artes Escénicas, os membros do xurado escolleron como premio nacional ao polifacético Manuel Lourenzo, por ser o pai do teatro independente galego e destacar como actor, director, dramaturgo, autor de textos teatrais e ademais desenvolver un importante traballo de base como profesor. As súas contribucións á escena galega son abundantes e notables en todos estes campos, desde que en 1965 formara a súa primeira compañía, Grupo de Teatro O Facho, ata o traballo que desenvolve na actualidade con Casahamlet.

O premio na categoría de Iniciativa Cultural recaeu no Laboratorio de Formas, por darlle continuidade ao Seminario de Estudos Galegos e polo carácter de identidade e modernidade que lle imprimiron os seus creadores: Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Andrés Fernández-Albalat. O Laboratorio creou unha linguaxe de deseño que, ante o actual proceso uniformador global proxecta formas con raíz que achegar á cultura universal.


4,8/5 (10 votos)


Comentarios (4)

xacataca #1 30/Maio/2008 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois o de Manuel Lourenzo e Laboratorio de Formas paréceme ben, mais coido que Milladoiro merecía máis que a Peón (ou primeiro) o Nacional de Música.

hillary #2 31/Maio/2008 hillary
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O premio de Mercedes Peóas está á altura dunha consellería Socialista!!! Posibelmente sexa o que é!!!

Sorte no novo taballo!!

hillary #3 31/Maio/2008 hillary
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo Vieieros; Mercedes non ten dúbida pero: onde están Milladoiro, Carlos Núñez, Rogelio Groba.... Claro eles non tocan o sacho!!!!!

Sorte no novo traballo!!!

galaico #4 1/Xuño/2008 galaico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non digho nada dos premios perooooo... Había alghún músico no xurado ou coma sempre foi ao chou ou mellor dito ao "colegueo"?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: