Velaquí as fotografías premiadas no XII Concurso de Fotografía Deportiva do Concello de Santiago de Compostela.
O primeiro premio foi para a fotografía titulada Esforzo, tomada por Alberte Sánchez Regueiro (1.000 euros levou). O segundo foi para José María Vicente López, polo seu traballo Arte Acuático I, mentres que o terceiro foi para Mª M. López Cacheda, por unha instantánea denominada Arqueiro.
Á vista da calidade dos traballos, o xurado tamén decidiu conceder dous accésits: o primeiro para José Ángel Hernández Gómez, pola fotografía Ramsdell e Manu, e o segundo para Juan Diéguez Vázquez, que presentou unha fotografía titulada O home e a pedra.
Podedes ver os primeiros premios aquí, a esquerda e dereita. E para máis información, consultar a web do Concello de Santiago de Compostela.