O galardón recoñece a traxectoria literaria de cinco décadas do autor ourensán.
"....Temos moi poucos apoios"
Ferrín ano 2008
:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D:-D
"Eu fun sempre crítico e sentinme sempre recoñecido. Do mesmo xeito son moi crítico con este goberno e veñen de premiarme agora."
E absolutamente certo. O que mais me gusta do Ferrín é que é sincero sempre. A verdade é eu que o coñecín na miña adolescencia nunha entrevista cun outro compañeiro no bar das Camelias, e que el se prestou a unha entrevista para unha revista que facíamos desinteresadamente.
Grazas Ferrín
Grande e valente Méndez. Enorme escritor.
Pésimo e fracasado político. Agora facendo xestións con Esquerda Unida.
E no 1º de maio manifestando-se cos españolazos.
O dito: grande escritor e extravagante político.
Ponto assente: parabéns ao Ferrín escritor.
Em "La Voz" já todas sabemos o espaço que tem a cultura galega, mas no "Faro", o "Faro" p.e. está já libertado e dispensado polo facto de ele escrever aí -ah, é para elucidar ao povo desde lá. Infortunadamente, umas palavras de Ferrín no Faro não servem para o salvar, nem para omitir a este jornal quando se fala da substituição cultural, da pura espanholização, que pretendem os media, Faro incluído, na Galiza.
Non teño dúbida de que Ferrín é un dos cumios da Historia da Nosa Literatura, así hai que recoñecelo e pouco ten que ver isto cunha actividade política (con moitos erros, é evidente) que non pode eclipsar a súa faceta artística. Aínda así, é de agradecer que os intelectuais sexan quen de criticar abertamente o poder (goberne quen goberne) e non calar a cambio duns euros.
O título é para dançar-lhe uma sardana na careca. É ridículo! O que temos uma literatura funcionarizada que cheira a naftalina. Eis um revolucionário. Resistir desde as defesas organizadas nas páginas do Faro de Vigo... (por favor!) É que não sabe falar sem cuspir? Eu tenho a certeza de que trocava mais da metade da produção destes durões por mais Harry Potter, mais livros de divulgação, mais músicas, mais audio-visual... Mais de todo e menos lula.
De resto, parabéns: Mr. Autosuficiência. "ustezlopasebién".
"Arrabeas pola peneira
arrabeas por peneirar
arrabeas por ter un mozo
arrabeas por te casar"
Parabéns ao mestre e camarada!
Eu diría literatura de subsistencia¡¡¡
Sen dúbida un dos poucos xigante dos nosos tempos. Pero non estou dacordo con el co do Harry Potter, coido que é indispensábel para a literatura galega abrirse as narrativas internacionais e traducir obras doutras narrativas de tódolos xéneros e de tódalas calidades literarias. Pois é o camiño a seguir para normalizala.
Antes que nada, meus parabens ao autor.
Ora, eu penso que Ferrín é um escritor muito sobrevalorizado. Escreve bem, mas nem é para tanto. E o torto no pais dos cegos. Cunqueiro ou Blanco Amor são infinitamente mais interessantes; Ferrin escreve em galego numa época totalmente erma para o panorama da literatura galega e isso tem mérito, mas a sua literatura representa o início dum declive que é já franco com Freixanes ou Alfredo Conde, para finalmente chegar á insuportável levidade anodina e light de Suso de Toro ou Manuel Rivas. Naturalmente esta é a minha opinião, para outros pode ser um grande escritor, ora, e pedir-lhes-ia que se esqueçam de todos os condicionantes ideológicos e políticos, que imaginem que Ferrín é apenas um senhor de Vigo que escreve em galego, como o Alfredo Conde, sem qualquer envolvimento na história recente do nacionalismo galego de esquerdas...o que fica? Uma obrinha passável, apenas.
Parabéns Ferrin:
Acho que mereces isto é muito mais.Obrigado polos teus ánimos e apoios as luitas populares, nomeadamente à nossa na ria de Ferrol. Adiante irmao, todos juntos poderemos!!!
#10 e mesmo assim é do melhorinho que temos! o que não deixa de ser uma opinião muito pessoal ;)
Estamos em guerra, temos que reflectir... Com a literatura subsidiadada que temos... não criamos progresso social... Muito investimento para o benefício que tiramos.
Temos que reequilibrar o tema do investimento público, da funcionalidade dos premios, de ter en conta as outras artes... d e pensar em apoiar um bocadinho mais à formação, ao tecido social e de intercâmbio -, eliminar a reduplicação de estruturas e sobretudo acabar com o pluri-emprego e privilégios dalguns. Esquerdistas ou não, temos uma inflação de profe-burguês-chupão inacreditável.
e perdemos de vista que a literatura já não ocupa a posição que tradicionalmente ocupou na sociedade.
Creo que temos unha miga de complexo de inferioridade. É certo que Blanco-Amor e Cunqueiro son grandes narradores, mais Ferrín seguro que vai ter, cando menos, un mesmo recoñecemento co paso dos anos. O do complexo de inferioridade dígoo polo que se di nalgún comentario de Rivas, que sen dúbida é tamén un gran escritor, ao que lle queda aínda tempo por diante para dar grandes obras.
Méndez é un grande, enorme, escritor.
Xibarizar o seu labor literario non é de recibo. Xa quixera un ter o estilo literario de Ferrín.
facer comparanzas con autores actuais non ten sentido. Cada quen escrebe cando lle toca e na etapa que lle toca, mais Ferrín viveu e vive, por fortuna, diferentes etapas literarias.
Lograr ter un estilo literario inconfundíbel, tanto na narrativa coma na escrita xornalística, con independencia do medio no que apareza o texto, é própio de quen sabe xogar coa linguaxe de xeito maxistral.
E, que conste, que non son ren da súa corda política. Nen por asomo. Mais X.L. Méndez Ferrín fai de nós, de mín, coa súa literatura, cidadáns galegos do mundo.
Sen premio, Méndez, serías o mesmo: enorme, grande, supremo creador da linguaxe, recreador de situacións e de paixases.
Un escritor, un artista.
Bom escritor, claro que mui longe de Cunqueiro ou Blanco Amor.
Pésimo político
Librepensador mas nom livre de contradiçons como amostra a sua colaboraçom com o Farol de Vigo
Toda esta lusistada nin se molesta en escribir en galego para que non lles "percebamos" a xenreira política.
¡Qué bonito es hablar de resistencia y guerrilleros cuando a uno le mantienen con el presupuesto público! ¿Verdad, Pepeluí? Hay que tener la jeta de hormigón armado...
PD: Por cierto, tu partido llenó de mierda Vigo en la pasada campaña electoral. Te podías implicar un poco con lo del medio ambiente, tío...Claro, luego no me extraña que no te voten más que los amiguetes.
Imos ver "Lidor", semelha que a tua unica missiom neste mundo e turrar na contra dos que escrevem galego AGAL ou português "padrão"...Ja nem te molesta sem realmente ler as opinions dos que escrevem, ja ages como um "automata" levado pola xenreira....Tudo o mundo expressa a sua opiniom educadamente do Ferrim escritor, politico etc (persoeiro publico que asemade publica num diario em espanhol na Galiza) e vocé é tam "pouca coussa" que nems e decata de que ha gemnte reintegracionista, lusista, isolacionista e espanholista que gostam ou nom gostam do Sr Ferrim e da sä obra e meritos literarios e políticos com mais normalidade da que vocé jamais a ter...Ja vais endo tempo de que madure e se deixe de ceivar "merda" sobre sim próprio pensando que o fai sobre os demáis...Um pode ter amigos reintegracionistas, lusistas, erspanhoistas e isolacionistas e de tudas a scores e naçons do mundo...(e nom passa nada)...Que lhe parece a vocé o ferrim?? Gosta dele?? Perfeito
Home gaivotas, ti por aquí outra vez. E logo a estas horas??? non está á túa nai na casa?
Oe, o de buscarche algunha utilidade ía en broma eh.
Nos aquí apreciamoste mazo. Sentimos certos niveis de empatía coa xente coma ti.
Ten que ser moi duro que xa dende pequeno te metesen nun internado.
Esas vacacións de verán nos campamentos de traballo mentras a familia ia de vacacaións a pasalo ben.
Esas festividades de nadal, nalgún campamento para "aprender" a esquiar, mentras a familia as pasaba todas xuntas.
Despois no insti (nada de mixto claro), neses de a letra con sangue entra para sacar boas notas, un pouco hinchadas claro que para iso se pagaba. Os veráns no extranxeiro aprendendo inglés, mentras a familia se ia de vacacións a pasalo ben.
No resto das vacacións tocaba estudar.
Despois a uni, que a elixiron papá e mamá. e a estudar no colexio maior de pago so para homes...
Rematada a carreira, papá e mamá buscaronche choio. Un amiguete de papá enchufoute...
Que triste, que triste a túa vida.
Entendo que esteas cabreado co mundo.
Pero se te portas ben, tentaremos facernos un chisco amigos de ti.
E se te portas mellor, un día incluso sacaremoste sen bozal pola correa de paseo para que coñezas mundo.
Que che parece a proposta?
#16 Lidor: "xenreira política"? Em absoluto, pela minha parte não. Mas para che contestar a ti só direi o seguinte: convido-te a que comproves nas últimas candidaturas que apresentou a FPG qual é o nome de pia que acompanha os apelidos "Méndez Ferrín", sobre tudo o primeiro: está escrito com "J", ou com "X"? Será por lusismo ou por...
Saudações!
Se cadra non te fixaches nos Juan, Pablo e Carmen doutra lista? Habería que ser medio bobo para dicir que o nome de tres candidatos de Nós-UP está así por españolismo ou por...
#21 hahahaha, do teu comentário deduzo que achas que sou de NOS-UP... erras... hahaha, claro que reparei! mas o pecado não é menor por isso... curiosamente os únicos que parecem ter vontade são os do Bloque... hehehe, tão criticados ;)
Relê a tua resposta e reflicte, companheiro-a, percebes o sarcasmo?
Um saudo!;)
Desculpade polos erros (tinha um chisco de présa e este teclado nom tem os digitos grafados e eu escrevo só com dous dedos):
2a ringleira: (...) Ja nem te molestas em ler as opinions...
5a ringleira: (...) nem se decata de que ha gente (...)
7a ringleira: (...) sua obra...jamais ha de ter. Ja vai sendo...
9a ringleira: (...) espanholistas (...)
Ha que respectar um chisco máis á gente..se nom concorda com que el@s dim, tam pouco nom é a fim do mundo...Repito Sr "Lidor", nom ha que ser "reintegracionista", "lusista", 2espanholista" ou "isolacionista" pra gostar ou nom gostar do ferrin escritor, político etc etc ..avonda com opinar e argumentar com educaçom e respecto...
mau: Dilo por Josefina Cienfuegos, por Francisco Javier Fraga ou por José Manuel López? E iso só nunha lista provincial para o parlamentiño. Retiro o de medio bobo, mau, é un cualificativo que contigo fica a medias.
E non sei que teñen que ver os percebes co sarcasmo. No que tes razón é en que "José" e "Rianjo" son igual en español e en lusista.
"Maeloc": non é que tiveses présa, ti non conseguirías escribir en portugués nin co curso de Carlinhos Maurer.
Non se nos poñan nerviosos os lusiadas que as homenaxes só duran un día e se queren que Ferrín desapareza xa poden esperar sentados.
Só intervir para desmentir unha información falsa da terceira intervención deste tema, de "Xabi1". Xosé Luis Méndez Ferrín, non sei con que españoklazos o verías ti no 1º de maio, pero neste 1º sde maio do 2.008, manifestouse Vigo, na mani convocada por CUT e a CGT. Case me atrevería a desmentir tódolos demáis comentarios vertidos, pero descoñezo o que ves afirmando. Asinado: Tarelo, afiliado a Central Unitaria de Traballadores
coma sempre gavi falando de subencións (supoño que o conto tamén será para as subencions dos pobres touros)....
¿pero quen te paga a ti para vir aqui cada día? ha ha ha...
A nova sería boa...
Nacionalistas Españois subersivos subencionados por.......
Lidor respeta á xente que segue a normativa AGAL que é tan axeitada coma a outra,aínda que a túa xenreira e mailos teus prejuiços contribúan ó teu mononeuralismo.
Méndez Ferrín,grandísimo escritor,grandísimo patriota.
Ah, Ferrín... Está ben que lle dean o premio. En primeiro lugar, felicitalo ao respeito. Teno merecido de sobra, e certamente é o mellor dos escritores vivos na nosa língua. Todo o cal non quita luces e sombras, claro. Algunhas xa as tedes discutido eiquí.
Por suposto, o mérito e a calidade sempre teñen un aquel de subxectivo. As comparanzas son odiosas. Sendo dunha corda diferente a Blanco Amor ou Cunqueiro, non creo que lles quede moi atrás, estéticamente. É certo que está estancado e os seus últimos libros (Maquieiro, Esm) son pobres e nada innovadores, carecendo doutro interese que o frikie, pero pódese permitir iso, despois de toda a producción anterior (anque os lectores quereríamos outra cousa).
Canto á política de Ferrín, o único que direi é que anque podo comulgar máis ou menos cos seus ideais, é de rigor recoñecerlle a constancia e a fidelidade (MF: onde tódolos días son 1968...), estaría dacordo en que é un 'mal político'. Mais non polas ideas que defende, senón pola torpeza nese eido, o divismo e o culto á personalidade, o sectarismo e os odios por cuestións absurdas (reintegracionismo e carraxe que lles ten). Un mismos defectos e atitudes que transplanta á política cultural, coa Corte Ferrinita das Redes Escarlata cantando as loubanzas do Gran Timonel, e cunha mediocridade polo xeral inmensa (hai excepcións: Chus Pato) pero que topan as portas abertas por relacionarse ou estar relacionados co 'Papi Chulo'.
Sobre o dos premios, para rematar, dicir que a Consellería xa gasta cartos dabondos en parvadas carísimas (Cidade da Cultura) e que a descolonización con España non pasa por igualarnos nos premios con eles (esa atitude sí que é verdadeiramente 'seguidista') e pretender arrogantemente competir nas mesmas medidas e ao mesmo xogo que unha língua literatura prestixiada e con moitos millóns de falantes (e bastantes escritores decentes). O noso discurso de construcción nacional e estética ten que seguir outros derroteiros, nos que unha manchea de premios para a intelligentsia endogámica e caciquil que padecemos son a mellor solución para nada.
Non ten volta de folla de que Méndez Ferrín é un notabilísimo escritor (coincido con algúns comentarios en situalo entre os mellores da nosa historia literaria). Relatos como os que escribeu Crónica de Nós ou Arraianos son simplemente sublimes. Agora ben, eso non quita que poida dicir algunha parvada como a do titular. Que ten de resistente a literatura galega actual? Sinceramente moi pouco. Hai excepcións pero só són iso excepcións o resto é banalidade.
Senhor #28, vexo que vocé está acó co único ánimo de faltar ao respecto á gente. Nom o vou culpar a vocé da súa núa educaçom (nom é a súa enteira responsabilidade)...Nom me pre-ocupo nem me ocupo de gente coma vocé que atende os foros cum único degoiro: insultar...mesmo a quem se desculpa por erros tipográficos!!!...eis a estultícia humana a onde chega e seguramente no seu caso onde nom se detém)...Eu cá vim intervir pra dar a minha opiniom o máis educadamente possível encol do Sr Mendez Ferrín e coma mim moitos, tud@s diría (agás vocé e o #30 que seica venhem ceivar as suas fobias...é a sua opçom, que por desgraza e pura "golferia on line") quem desde distintas (porque nom som coincidentes) opçons linguísticas, possivelmente ideológicas, distintos gostos literarios, etc etc etc oferecem a sua opiniom livre e educadamente...Sinto-o que vocé nom poida/saiba estar a altura. Minha avô nom tinha estudos, mais tinha respecto, sensibilidade (especialmente cara aquel@s com opinions diversas da sua) e sobre tudo EDUCAÇOM...Critiquemos ideias com argumentos, boas palavras e deixemos a belicosidade verbal na casinha, que cá nom tem lugar...que eu opine e acredite distinto de vocé, ou mesmo que me trabuque pola razom que for nom lhe da nengúm direito a me insultar...A súa actitude (que nom vocé a quem nom conheço)é pior ca miseravel...E por certo, lea a opiniom dos intervintes anteriores a vocé e decatarasse que é vocé o primeiro (seguramente ao igual que o seu colega #30) que comeza por desprezar e calumniar a outros intervintes sem razom nem fundamento (sabe que ha reintegracionistas que gostam do Ferrin e isolacionistas que nom....e cal é o problema logo?? EU GOSTO DO FERRIN COMO ESCRITOR E COMA MIM UM FEIXE DE GALEGOS a marge da sua opçom lingüística ou normativa, tam dificel é ceivar-se das súas fobias??? Pois so tem que ler, respectar cando escreve e deixar de insultar...Repito: a falta de educaçom pode que nom seja enteirament a súa culpa, mais ja é tempo de madurarmos, digo eu...E desculpe se se ofende por algo do que tenha escrito, nom é nada pessoal (ainda que me sobrariam razons, nem é o meu estilo nem levaria a ningures)...falo de assuntos, nom de pessoas...
Sr #28: Gostaria de lhe perguntar-lhe se é quem de distinguir galaico, galego, astur, asturiano, luso, lusitano, reintegracionista, isolacionista, lusista, castelhano, espanhol e espanholista...Tenho essa curiosidade, mais ca nada polas dúvidas que um tem ao ler as suas intervençons...Obrigado, digo Grazas (ou Gracias?)
Aos inimigos da nossa língua é-lhes indiferente:
http://br.youtube.com/watch?v=...
O certo é que Rufus fai unha boa descipción de Gaviotero. Eu tamén o imaxino exactamente así...
Máis alá das guerras normativas, das diferenzas políticas, dos egos que poida ter o escritor, do Ferrín como home coas súas grandezas e miserias, non teño dúbida de que a súa obra vai perdurar cos anos. Incluso me atrevo a dicer que é un autor universal á altura de moitas figuras que figuran nos cánones literarios porque veñen dunha literatura normalizada. Acaso, obxectivamente, é mellor a prosa de Kerouac que a de Ferrín? No ventre do silencio ten algo que envexarlle a La Colmena de Cela? Os relatos de Arraianos non son comparables en calidade aos dun Raymond Carver? Deixémonos de papanatismos, producimos un xenio e como tal temos que honralo (ollo, digo a súa obra, non o Ferrín persoa-deus)
#24. Lamento ter que explicá-lo, mas como ficas naquilo de "tu mamá también"... é o que che tem. Podemos vender coerências, Pátrias, construções nacionais, bla-bla-bla, mas primeiro chupamos do subsídio, isso sim: com o X no nome, na capa(e digo X como se fosse NH eh?)mas depois afinal quem colectivamente mantêm um uso mais coerente são os que estão a ser tildados de
traidores e tal e qual. (que por outro lado maldito interesse tenho em os defender, sirva apenas como exemplo, é o que temos)
Lidor, erras de pessoa, acho, ou como mínimo no tom. Não che faltei ao respeito como tu fazes, deve ser algo que tenhas por desporto. Aliás vejo-te pouco formado em questões linguísticas e não serei eu que te leccione. Por último para mim tanto faz que escrevas com ñ, é a tua escolha e as tuas fóbias... são tuas, cadaquém com a sua paranoia. Mas sim julgo que deverias consertar o teu exercício da ironia: neste Pais estamos afeitos a um bocadinho mais de qualidade:
"Retiro o de medio bobo, mau, é un cualificativo que contigo fica a medias."
"E non sei que teñen que ver os percebes co sarcasmo. No que tes razón(ein? disse eu tal coisa?) é en que "José" e "Rianjo" son igual en español e en lusista."
Meu Deus, aonde é que chegámos. Abofé. Mais qualidade, please.
Cona, Gaviotero, às vezes tens razão, na maioria dizes barbaridades e ficas no ideologema mais burdo... que mesmo parece que não pensas o que dizes ou que és uma máquina... mas o Sr. Ferrín, medíocre... medíocre, não é. E não é uma questão de gostos... ainda que seja um cidadão-súbdito do Reino de Espanha que renegue, que anseie a morte do Pequeno Império Pán-Castelhano, foda-se, é do melhorzinho que pariu Espanha, com ou sem H. Porra! Que mau espanhol és se che produz gastrointerite ler em galego, eh? Se és uma pessoa crítica e mínimamente inteligente deixa de vulgarizar o chiringuito máis do que está e aporta algo um bocadinho mais produtivo, caramba.
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA PARA MARÍA XOSÉ QUEIZÁN!
Para o afiliado da CUT de máis arriba:
Se a CGT (Non CXT) non é unha organización de españolazos, pois ti mesmo. Unha volta polo seu local social en Vigo ao mellor da-che pistas. Basta con ver a súa propaganda.
Con esa xente vai Ferrín os primeiros de maio.
A CGT non é nacionalista española, por máis que na GZ descoiden a custión idiomática, pesie a utilizar ritualmente o noso idioma nos seus panfletos e faixas ás veces.
Ai que ver, ecoe, como collemos o tema con pinzas e papel de fumar.
Se "descoidan" en Galiza a cuestión idiomática... a ver en que lugar falarán galego e a ver onde escreben en galego.
E iso de que non é "nacionalista española" será o día 1º de maio porque o resto dos días pasan de todo. Claro, como o 1º de maio vai coa CUT e coa FPG, ese día, ai, ese día non é nacionalista española e só descoidan a cuestión ideomática.
Ainda lembro a intervención super-españolaza de chefe da cousa nunha Semana de Filosofía en Pontevedra e a resposta, boa, que lle deu Méndez, alí, diante de todo o mundo.
E, bon, algún día haberá que explicar cómo Méndez, co odio que lle ten a todo o que cheira a anarcosindicalismo ( e a CGT cheira pouco), resulta que vai e se manifesta do ganchete con eles e, a maiores, escrebe grandes loubanzas sobre a unidade de acción CUT-CGT no xornal Faro de Vigo, un medio gran defensor da cultura galego, en opinión de Méndez, que, tristemente, ten o miolo furado en ocasións.