Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RECOÑECEMENTO

Méndez Ferrín, Premio Nacional de Literatura

O xurado galardoou tamén a Díaz-Fierros na categoría de Pensamento e Cultura Científica, e a remodelación urbana de Pontevedra na de Patrimonio Cultural.

Redacción - 12:10 28/05/2008

Ferrín narrador, Ferrín poeta, Ferrín voz crítica e insubornábel. O xurado dos Premios Nacionais de Cultura decidiu que o autor de Celanova, candidato ao Nóbel de Literatura, Premio da Crítica e membro da RAG, merece o Premio Nacional de Literatura. Como queira que esta é a primeira vez que se entregan os galardóns, e que o outorgado a Ferrín homenaxea cincuenta anos de produción, pódese entender que a cultura galega o condecora deste xeito como o seu máis importante autor vivo. Heriberto Bens recibe, pois, o recoñecemento de Tagen Ata.

O xurado destacou que Ferrín protagonizou o cambio de rumbo estético das nosas letras nas décadas dos sesenta e os setenta, e valorou igualmente o forte compromiso político da súa obra narrativa (O crepúsculo e as formigas, Bretaña Esmeraldina, Arraianos...) e poética, dende o seminal Con Pólvora e Marnolias até as súas obras máis recentes Era na selva de Esm e Contra Maquieiro.

Dáse a circunstancia de que hai unhas semanas Méndez Ferrín criticou publicamente, nun artigo no Faro de Vigo, algúns aspectos da organización dos Premios Nacionais de Cultura, dos que dicía "amosan a mentalidade colonizada de que falamos pesia ao inequívoco adxectivo de Nacionais". En concreto, o autor esixía que se crease un galardón para cada xénero literario, como de feito sucede nos premios estatais de cultura entregados polo Ministerio, e que se equiparase a contía económica dos galegos (15 mil euros cada un) cos españois (20 mil en cada categoría).

Díaz-Fierros e a remodelación urbana de Pontevedra
Este mércores anunciáronse igualmente outros dous premiados nos Premios Nacionais de Cultura. O edafólogo Francisco Díaz-Fierros foi galardonado na categoría de Pensamento e Cultura Científica, destacando "a súa capacidade para colocar na axenda da cultura galega a cultura científica" e saber unir a investigación con problemáticas actuais da sociedade galega, como o medio ambiente.

Recoñeceuse tamén o traballo realizado na remodelación urbana de Pontevedra, Premio de Patrimonio Cultural. O xurado destacou o enfoque global do proxecto, que logrou "mudar a situación do casco histórico e colocalo no centro da vida social e económica".


4,82/5 (39 votos)


Comentarios (22)

luisfoz #1 28/Maio/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os meus parabéns ao grande escritor.

lourentia #2 28/Maio/2008 lourentia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un escritor do tamaño de Ferrín merecía un tributo nacional. Fobias e filias persoais e políticas á marxe, Ferrín é un dos mellores narradores que ten dado a Literatura Galega. Se nacese nunha nación soberana, cunha lingua normalizada, de seguro estaría considerado un dos grandes escritores europeos do último medio século

andresmilleiro #3 28/Maio/2008 andresmilleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns a Méndez Ferrín e a Pontevedra, por conseguir que seu casco histórico volte a ser o centro da cidade.

Lidor #4 28/Maio/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa, o premio fixo xustiza, ben para empezar.

UnDeTantos #5 28/Maio/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como di #2 non hai que mesturar as cousas. Este premio chega tarde,pero bom,polo menos chega. Parabéns!

ecoe #6 28/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O millor como escritor, especialmente de curtas.
Parabéns tamén ó Fierros.

roixordo #7 28/Maio/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algún día terá o recoñecemento que merece (premios á marxe). Un xenio da nosa literatura, sen dúbida.

Gaviotero #8 28/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo de la "voz crítica e insobornable" suena muy bien, pero...¿Méndez Ferrín crítico e insobornable?

Pero me parece bien que a este tío al que no votaron ni 500 personas en las últimas elecciones municipales, a pesar o probablemente por engorrinar toda la ciudad de Vigo con sus carteles, le den este premio supuestamente "nacional" sus amiguetes, pues así le compensan la imposibilidad de que alguien tan mediocre como él alcance el Nobel ese al que aspiran los nacionalistas.

lourentia #9 28/Maio/2008 lourentia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Velaí o problema Gaviotero, as túas fobias políticas (os teus monstros internos) non che deixan separar a palla do grao. Que terá que ver o dos votos coa literatura? Dende logo con posturas ultramontanas como as súas non me estraña que non os queiran nin no PP de Mariano Rajoy, ver para crer.

Albert #10 28/Maio/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome ergueito
pero non hai ninguén para escoltarme.

Xenio e figura. Merecido premio.

Albert #11 28/Maio/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

*pero non hai ninguén para escoitarme.

rufus #12 28/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#8 Pero se anda por aquí o gaivotas!!! cantas horas sen saber de ti.
E pensar que andabas dando o coñazo na páxina de frijolito...
Debeuse aburrir. Alí a xente que comenta sonche da mesma corda de esquizofrénicos, e claro o neno non ten conquén xogar.
Á mínima danche unhas hostias chamandoche fascistas e reclamando a liberdade bla bla bla...
Xa se sabe que se insultan entre si, non falan e claro...
O que máis me extrana deste caste de persoas é esa teima en meterse o dedo do cú e despois lambelo. Que aficións máis curiosas esas de recrearse coa propia merda.
Non lle vexo cura á cousa, problematico non é, pero socialmente a cousa tira moito pa tras. Así despois carece un de amizades e ten que pasarse o día na internes...
Non quero pensar a onde lle leva a cabeciña vendo cartaces de Lara Croft na soidade que produce a asociabilidade...
De todas formas, non te preocupes neno "te queremos"; en todas as familias hai unha mascota, e nos xa atopamos a nosa. Saichesnos un pouquiño rebelde pero ao tempo eres divertidiña.
Claro que non tanto como as túas compañías "ideolóxicas" pero, tampouco queremos esaxerar.

Gaviotero #13 28/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

lourentia, ¿pero acaso crees que a este tipo le han dado el Premio por sus méritos "literarios"?

rufus, gracias por tus vómitos y exabruptos...¿acaso no tienes ninguna idea que aportar? Debe ser eso.

rufus #14 28/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#13 en serio, non credes que lle podiamos sacar partido ao gaivotas? a min ocorrense algunhas ideas.
Como vedes o tipo cuspe pola boca que da gusto, e dado que o podemos adoptar como mascota, pois utilizalo un pouco, non?
Vou ir poñendo ideas do uso que podemos facer del:
-Espantallo: agora que chega a froita, podemos alugalo de espantallo, co que chía, non hai becho que se achegue.

micsha #15 28/Maio/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enhorabuena a Ferrín. Gran maestro de la literatura: creador original, arriesgado, poeta en prosa, poeta en verso. Un escritor con mayúsculas.

papuxa70 #16 28/Maio/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia un dos Gabis gabándote¡¡¡ES GRANDE,MOI GRANDE FERRÍN¡¡¡

buarque #17 29/Maio/2008 buarque
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixade que se desfoghe o Ghaviotero, que hoxe o seu mentor e fonte de inspiración Federico J. Losantos pasou polo xulgado!
Outros temos como modelo o verbo de Méndez Ferrín que non se agocha tras dun micrófono e que ten bastante máis estatura.

mceleiro #18 29/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns.

independencia #19 29/Maio/2008 independencia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa ao grande mestre.

Gaviotero #20 29/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La altura intelectual de Méndez Ferrín no le llega a los talones a Federico Jiménez Losantos, y mira que es pequeño.

Por cierto, si supieras algo de Justicia, te darías cuenta de que pasar por los juzgados, aun como acusado, no significa absolutamente nada.

Pero que os voy a contar a los que defendéis a asesinos como De Juana Chaos...

rufus #21 30/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home gaivotas, ti por aquí outra vez. E á mesma hora de onte. Debe ser no momento que a túa nais che deixa conectarte a internet, ou falo á agochadas???

Sigamos propoñendo cousas para as que podes ser útil:

-Levarte a unha reunión da comunidade veciñal; en tres minutos temolo insultando a todo o vecindario e disolvendo a reunión por antidemocrática. Perfecto para que non te volven a convocar a unha ou te propoñan a cargo algún. Sempre podes ameazar dicindo que o gaivotas vive contigo.

roixordo #22 30/Maio/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaivota, podes dar ti moitas leccións sobre a altura intelectual da xente cando non sabes nin escribir; pero "hayá tú"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xosé Luís Méndez Ferrín, nunha conferencia en Montevideo
Xosé Luís Méndez Ferrín, nunha conferencia en Montevideo
Francisco Díaz Fierros
Francisco Díaz Fierros
Unha imaxe da zona vella de Pontevedra
Unha imaxe da zona vella de Pontevedra