A Galega captou coas súas cámaras como os últimos dous puntos do Bruesa, que deixaban o equipo compostelán lonxe da loita polo ascenso á ACB, se anotaban fóra de tempo.
O Bruesa, celebrando a vitoria
Agora o equipo compostelán quere enviar o vídeo da Galega á Federación Española de Baloncesto (FEB) para pedir a impugnación do partido no que os donostiarras do Bruesa venceron por un só punto.
Ficaban 4 décimas de segundo para a final e no marcador do Multiusos do Sar, en Compostela, debuxábase un 73-72 a favor dos locais. O Bruesa sacaba de banda e Hopkins colleu o balón, virouse e anotou, o árbitro deu a canastra por boa e os xogadores e afeccionados do Rosalía viron como se esvaecía o seu soño.
Pero que fixo a nosa cibdade contra a federecion estatal de baloncesto hai anos non deixaron ascender ao Obradoiro, agora poñenlle pegas para devolverlle o que era seu, e para rematala roubannos asi diante dos nosos peteiros un sonho que nos custou tanto acadar co beirasar. onde se atopa a federacion galega para defender os nosos intereses?