Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PRODUTIVIDADE

Menos tempo para o café no Concello de Pontevedra

O edil de Persoal envioulle unha circular aos empregados municipais para lembrarlles os seus deberes laborais.

Redacción - 10:20 27/05/2008

O concelleiro de Persoal de Pontevedra, Xosé Antón García Lores, amosou a súa preocupación polo "descontrol" dalgúns traballadores municipais no cumprimento dos horarios laborais. Por iso, emitiu unha circular en que lembra os "deberes e principios" do persoal que presta servizos no concello.

Para García Lores, "prodúcese unha perda de tempo importante, fundamentalmente no que se refire a entradas, saídas e dereitos de café", explica a edición pontevedresa de La Voz de Galicia. O edil socialista asegura que ese documento se envía "todos os anos ou cada dous".

No texto saliéntase a "obriga da permanencia e asistencia ao traballo" e mais o "deber municipal de cumprimento íntegro da xornada laboral, agás nos casos xustificados que requirirán en todo caso a presentación do correspondente xustificante".

Porén, García Lores desculpa parcialmente a falta de produtividade do persoal polo feito de que o concello está "repartido nunha morea de edificios diferentes".


5/5 (9 votos)


Comentarios (10)

trapalleiro #1 27/Maio/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pero neses periodos de tempo dinamizan a economia da cidade, van de cafés, fan os recados...

baltar69 #2 27/Maio/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

entérome ahora de que existen os " dereitos do café " e coido que a miña actitude ( na empresa privada, por certo ) non está a ser nada armónica nin respetuosa para con estes esforzados traballadores da cousa pública.
eu levántome e emprego tempo non laboral en cagar, ducharme e almozalo suficiente como para chegar até as 14 horas sen necesidade de aprovisionalo organismo con máis mantementos; cargo tamén ó meu tempo libre os minutos que me leva darlle o almorzo ó fillo e acercalo ó colexio para logo achegarme eu mesmo ao centro laboral.
si non fose así eu podería levantarme unha hora e media máis tarde e fichar as oito para sair as nove e levalo rapaz ó colexio, as dez sair a comer algo mentras olleo a voz de galicia e as once ir o baño do piso de abaixo e cagar largo mentras olleo o marca ou o que me dices?
ah, os funcionarios!!! estes esforzados protagonistas do noso día a día como nación democrática!!! estes servidores indispensables no mantemento da maravillosa administración!!!
canto tempo creedes que lles queda de monada a eles e a os que os colocan para utilizalos de parapeto? vai ser sempre así?

Xos #3 27/Maio/2008 Xos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moito lle gusta á xente criticar aos funcionarios. ¡¡¡Pois estudiade para sacar unha oposición!!!

xavo #4 27/Maio/2008 xavo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois claro que si, Xos.

O negocio consiste en estudiar para ser funcionario e non rascala. Despois, como estudiaches, xa tes argumento: como eu saquei unha oposición, xa teño dereito a chuchar do teto sen mover un dedo. E os demais a producir para pagar moitos impostiños para pagarme a min.

Quicol #5 28/Maio/2008 Quicol
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Para qué queremos traballadores fixos, se poden ser inestables?. De esta maneira o posto de traballo dará a mais xente para repartir, e de paso a competencia e a inestabilididade poderá apretar un pouquiño máis as condicións laborais e a disciplina.
¿para que manter persoal que poida contestar ao xefe, negarse a facer algo que vai contra as normas, intentar formarse profesionalmente ou advetir dunha irregularidade? ¡Xa temos conselleir@s, concelleir@s e director@s que saben que é o mellor, por iso teñen os votos!. E, de paso ¿para que tantas normas e leis?, ¡que gobernen directamente sen tanto papeleo!. Por outra parte, ¿xornadas de 8 a 15, con pausa para o café?. ¡Nin de coña! a administración está dirixida por xente que ten unha formación e dotes excelentes para manexar os recursos humanos e a xestión de grandes organizacións e sempre tropezan co café e os horarios dos funcionarios. A mellor alternativa é rematar coa estabilidade e impoñer xornadas máis longas, sen pausas, e rematar co emprego fixo así haberá patadas por conseguilo e, ao tempo, obedecer, e se aquí non hai xente que o queira sempre poderán vir de fora ¡Total para o que hai que facer!. E de paso poderemos acabar cun mal exemplo para o resto dos traballadores ¡a ver se nos enteramos a que vimos a este mundo!

Barcelos #6 29/Maio/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu creo que os do gremio de hostalería deberían de manifestarse en sinal de protesta, porque se aos funcionarios non lles deixan tomar café afúndese o sector.

Aínda que eu creo que non vai facer falta, pois como di o edil socialista ese documento envíase todos os anos, e ninguén o le nin lle fai caso.

Gaviotero #7 3/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los funcionarios del Concello de Pontevedra se limitan a seguir el ejemplo de su Alcalde, que ya ni se acuerda de lo que es trabajar...

rufus #8 3/Xuño/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ui!!!! o gaivotas outra vez!!!!
Bueno bueno, dando lecións de honradez; non hai forma, ehhh!!! ao final imos ter que dicer quen eres e quen che enchufou, non???
E que non aprende o neno.

roixordo #9 4/Xuño/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

deixade de chamarlle enchufado ao gaivotas que vai enfadarse; ou seguide decíndollo, "hayá vosotros", jajaja

Gaviiotero #10 6/Xuño/2008 Gaviiotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, he reabierto mi blog.

http://gaviotero2.blogspot.com
http://gaviiotero.blogspot.com

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete