Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Turismo, agroecoloxía e outras áreas

"En galego": valor engadido no contorno económico

O Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo propón por en valor o galego como "elemento diferencial de certas actividades económicas".

Redacción - 09:00 27/05/2008

"A lingua galega, historicamente, estivo vinculada a ocupacións e a sectores profesionais pouco valorados socialmente, e na actualidade utilízase no ámbito laboral principalmente entre compañeiros e case nunca de forma escrita", sinala o profesor Anxo Lorenzo, do Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo. Fronte a iso e admitindo a "dificultade" da lingua para entrar en certos sectores empresariais, o Observatorio propón medidas para cambiar o discurso sobre a lingua. "A idea é tratar de por en valor o galego como un elemento diferencial de certas actividades económicas tales como o turismo e a agroecoloxía", explica.

Control das subvencións a medios
A reflexión forma parte dun informe máis amplo, encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e realizado por un grupo de investigación composto polos profesores Fernando Ramallo, Ana Iglesias e Anxo Lorenzo. Alén do ámbito socioeconómico, o estudo ocúpase tamén do sistema educativo e os medios de comunicación. Reparando en modelos como os de Finlandia, Singapur ou Quebec, os investigadores propoñen por exemplo a "reconsideración" do sistema de subvencións aos medios de comunicación, "que non acadaron os resultados previstos inicialmente" e a introdución dunha cuarta lingua no ensino.


5/5 (7 votos)


Comentarios (10)

Erasmo #1 27/Maio/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Por que non reconsideran tamén o infausto Decreto de Normalización no Galego no ensino?

¿Acaso os profesionais do ensino non temos dereito a que se respecte a nosa liberdade lingüística e polo tanto que se faga a implantación do galego vía subvencións coma en calqueira outro sector?

Mediante o Complemento Lingüístico Galego os resultados serían enormemente máis satisfactorios para todos, e moi especialmente para a calidade na transmisión da lingua galega ás novas xeracións!

Rectificar é de sabios !

Unha lingua non se fala por Decreto !

Esteiro #2 27/Maio/2008 Esteiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non Erasmo, unha lingua non se fala por Decreto, aínda que pareza abraiante haiche xente que pretende falala por cartos!!!!!
Non sei onde imos ir parar...

LOIS_DE_SILAN #3 27/Maio/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"A lingua galega, historicamente, estivo vinculada a ocupacións e a sectores profesionais pouco valorados socialmente,..."

Cando empezaría a historia para estes? Isto évos ignorancia SUPERIOR!

"... por en valor o galego como un elemento diferencial de certas actividades económicas tales como o turismo e a agroecoloxía"

Que, como vos é ben sabido por estes da ignoranca universitaria ou SUPERIOR, o galego para o resto de actividades non serve!

"... propoñen por exemplo a "reconsideración" do sistema de subvencións aos medios de comunicación,"

Si, si, aumentárllela até que se sintan suficientemente motivados!

"... e a introdución dunha cuarta lingua no ensino"

Cantas máis mellor, non? ... pois, polo menos dez! Así serán ignorantes case SUPERIORES e saberán dicir QUERO SER UN IGNORANTE SUPERIOR en, polo menos, dez linguas!

Mándavos moito carallo!

"A reflexión forma parte dun informe máis amplo, encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística"

Ah!, así xa se pode entender o rango superior das reflexións!

Alecrin #4 27/Maio/2008 Alecrin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, Ai, Ai, Ai, Aiiiiiiiiiiiii manda truco na Habana!!! Os que critican continuamente que se empregue diñeiro na potenciación do noso idioma, e catalogan as persoas que defenden a normalización da nosa lingua no seu ámbito natural como "vividores do galego" resulta que agora queren cobrar por empregalo iso sí só no traballo e por imperativo "monetario" que "poderoso caballero es don dinero". Haiche que ter cara, sí señor, como din en Lugo :manda nabo!!!.

Erasmo #5 28/Maio/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Levo dende o 15 de Agosto de 2007 dicindo o mesmo... así que sintoo pero o que manda nabo é ver como a Secretaría Xeral de Política Lingüística pasa dos axóureres ás subvencións indiscriminadas e agora ó parecer empezan a RECUAR sen resolver os problemas que eles mesmos están a provocar: un enfrontamento lingüístico estéril especialmente entre a xente nova que fai da lingua unha bandeira de combate sen saber ben onde se meten... Manifestacións para unha lingua que falamos a maioría da poboación galega parece ridículo!

Esteiro se coñeceras o nivel de competencia lingüística en galego de moitos dos mestres e profesores deste país... igual o pensabas un chisco: compre pagar o esforzo por facer as cousas ben... pois claro que compren cartos ou é que aquí alguén fai algo de balde?

Unha lingua NON se fala por Decreto !!!

http://vigo.cidadans.net/Erasm...

mceleiro #6 28/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Com professores "Uma língua Não se pala por decreto, POR DINHEIRO!!!" e sociólogos a ver medrar as ervas assim nos vai.

Galego marca familiar, en tu casa!
Galego marca agroecolóxica, para los pailanes de campo, chico!
Galego marca turística, con folletos, publicidad y stand en castellano (que son los que vienen)!

Gaviotero #7 28/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!! ¡¡¡PAREMOS EL NACIONALISMO FASCISTOIDE!!! ¡¡¡SÍ A LA LIBERTAD DE ELECCIÓN!!!

rufus #8 28/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero se anda por aquí o gaivotas!!! cantas horas sen saber de ti.
E pensar que andabas dando o coñazo na páxina de frijolito...
Debeuse aburrir. Alí a xente que comenta sonche da mesma corda de esquizofrénicos, e claro o neno non ten conquén xogar.
Á mínima danche unhas hostias chamandoche fascistas e reclamando a liberdade bla bla bla...
Xa se sabe que se insultan entre si, non falan e claro...
O que máis me extrana deste caste de persoas é esa teima en meterse o dedo do cú e despois lambelo. Que aficións máis curiosas esas de recrearse coa propia merda.
Non lle vexo cura á cousa, problematico non é, pero socialmente a cousa tira moito pa tras. Así despois carece un de amizades e ten que pasarse o día na internes...
Non quero pensar a onde lle leva a cabeciña vendo cartaces de Lara Croft na soidade que produce a asociabilidade...
De todas formas, non te preocupes neno "te queremos"; en todas as familias hai unha mascota, e nos xa atopamos a nosa. Saichesnos un pouquiño rebelde pero ao tempo eres divertidiña.
Claro que non tanto como as túas compañías "ideolóxicas" pero, tampouco queremos esaxerar.

mceleiro #9 29/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ALICIA CUNILINGUE!!!!!
PAREMOS EL OSTRACISMO FALOIDE!!!!!
SI A LA LIBERTAD DE ERECCIÓN!!!!

Alecrin #10 29/Maio/2008 Alecrin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Dediante dos aldraxes
i as inxustizas,
lavouse as maus
Era un porcallento moral"
Celso.E. Ferreiro

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: