Numerosos colectivos xuntáronse este domingo en Vigo contra o ladrillo, a especulación e a contaminación nunha das rías máis produtivas e fermosas de Galiza.
A rede de colectivos A Ría non se Vende convocou este domingo en Vigo unha manifestación para denunciar a destrución da Ría de Vigo e a súa contorna, unha das máis fermosas e produtivas de todo o país, por causa da especulación, o ladrillo e a contaminación.
A marcha xuntou, ao longo dos seus case catro quilómetros (da Praza da Estrela ao barrio de Bouzas), a colectivos como o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Bouzas Móvete!, a Asociación pola Defensa do Parque Rosalía de Lugo, SOS Serra da Groba, Salvemos Monteferro, a Plataforma contra o TAV, Voces polo Litoral de Teis, Foro Social de Cangas... que saíran "á rúa pola ría", lembrando, un a un, os proxectos urbanísticos que están a estragar este espazo natural.
Ao terminar a manifestación, membros do colectivo A Ría non se Vende (formada por Agrupaçom de Montanha Augas Limpas AMAL, Bouzas Móvete!, Caleidoskopio, A Faísca, A Revolta, Foro Social de Cangas, G.A.S. Vigo, Luita Verde, OAR Redondela, Plataforma en Defensa da Illa de San Simón, Salvemos Monteferro, Verdegaia, SOS Serra da Groba e Voces polo litoral de Teis) lembraron os proxectos municipais (tamén houbo berros contra a xestión do alcalde vigués, Abel Caballero durante a marcha) contra os que protestan, entre eles o recheo do porto de Bouzas, a macrodepuradora do Río Lagares ou a ampliación do porto deportivo de Teis.
A plataforma convocante amosouse sorprendida pola resposta cidadá, e seu voceiro e tamén representante de Bouzas móvete!, Duarte Ferrín, quixo salientar que "unha participación tan contundente deixa claro que o que di Caballero de que conta co consenso da cidade non é verdade, e que a xente está en contra da ampliación do porto".
Velaquí podedes ver un vídeo realizado polo colectivo GZ Vídeos sobre a marcha
Un auténtico fracaso con apenas mil personas...
http://www.elpais.com/articulo...
Como para tirar cohetes...
Si es que manifestarse contra un gobierno de izquierdas no mola, ¿verdad? ¡Jajaja!
Sigo a dicilo Gaviotero, que vida máis triste debes de ter para pasarte aqui todo o día posteando...
En fin, a verbas necias...
Bon, Gaviotero, o tema non é o mal que nos vai aos de "esquerdas" senon se a protesta ten ou non algo de razón.
E mola, mola, manifestar-se contra un goberno que non fai ben as cousas ou que vai permitir o que se denuncia.
Pois por alí andivemos e tampouco vou dicir que foran as 8000 da organización, sen esquecer que foron 6km de camiñata e houbo tramos con máis e con menos xente, sobre todo ó principio, pero o de mil, nin de coña vamos, penso que si podía haber as 5.000 perfectamente.
Xabi1, los que allí "protestaban" o, si lo prefieres, una gran mayoría, son los mismos que luego votan al bipartito. Así pues, que se jod...
Gaviotero, estou seguro de que o que botas en falta é a oportunidade de volver reiterar o teu apoio á guerra ou facer de esquirol nas folgas. Non desistas, que se te xuntas cos catro coitadiños da túa corda inda sodes quen de convencer a outros 995 pra chegar ós 1000.