O colectivo de seareiros escolleu este ano a cidade de Ourense para desenvolver, en dous días (o 13 e o 14 de xuño) as súas Xornadas Nacionais.
Xa están organizadas as actividades todas das Xornadas Nacionais que cada ano celebra o colectivo Siareir@s Galeg@s, desta volta no CS A Esmorga de Ourense, os días 13 e 14 de xuño. Estes dous días hase defender, máis unha vez, a oficialidade das nosas seleccións nacionais, mais, ao tempo, desenvolveranse unhas xornadas lúdico-festivas, cheas de cousas, que se clausurarán, como cada ano, cun concerto.
A sexta feira 13 de xuño comezan estas actividades, coa súa presentación oficial, por volta das 20:00 horas. Media hora máis tarde procederase a sortear os cruces do torneo de fútbol praia, que comezará o sábado 14, ás 10:00 horas, no paseo ourensán do Barbaña.
A xornada do sábado: fútbol, comer e festa
Tamén no sábado comezará, as 11:00 horas, un mercadiño á beira do Pavillón municipal dos Remedios, onde se desenvolverá tamén unha sesión vermú, amenizada por un grupo de gaiteiros. Ás 14:00 horas está programado un xantar popular e ecolóxico, que sairá da perola dunha polbeira e das mans da Comissom de Agroecologia d'A Esmorga.
Xa de sobremesa, actuará o grupo de teatro amador da Casa da Xuventude de Ourense. Ás 16:00 horas haberá xogos populares, nas pistas de patinaxe do Pavillón dos Remedios, e media hora máis tarde comezará unha palestra no Ateneu. Sobre as 18:00 chega o fútbol, cun partido entre ente de Siareir@s e unha selección de deportistas ourensáns (Campo de fútbol do Pavillón dos Remedios).
Ás 20:00 horas, a comer de novo, outra vez produtos ecolóxicos nunha cea popular nas pistas de patinaxe dos Remedios. De sobremesa, outra volta o teatro, desta vez ofrecido polo grupo As Esmorganas. A xornada pecha cun concerto, ás 21:30 horas, no que han estar, ao vivo, os grupos galegos Ultraqans e Guezos, e os vascos Suspenders e Betagarri.
Lo de las selecciones "irmandiñas" tiene un carácter tan folclórico que va a ser difícil que nadie se tome en serio esto de la oficialidad. Cosa que por otra parte es imposible, salvo que se trate de selecciones oficiales a nivel autonómico, pues a nivel nacional, por muchas fantasías que tengáis, la única Nación en España es la propia Nación española. De ahí "pabajo", todo comunidades autónomas, incluida Cataluña.
Os gustará más o menos, que no lo niego, pero es lo que hay.
Vaia parvada, Escocia xoga mundiais tamén, ¿por qué Galiza non podería?
Por certo, unha Nación existe polo seu dereito a existir, non porque ti digas que non o é ou porque non exista un papel no que se diga.
Amén.
Esse é uM moinante homem..., o único que entende é: OPOSIÇÃO!!!
Andam o Freijooy e o Rajooy a fazer mudanzas, e não quero ser mau, Deus me perdoe, mas o que tenhem que mudar é a cara...
O que si ten un caracter folclórico é o de "la roja", iso si que non o cre ninguén... aparte de ser unha mala copia de seleccións cun historial no fútbol baseándose na cor da camisola (A celeste, albiceleste, canarinha, azurri, bleus, ...). Nós até niso fomos orixinais...