O Centro de Referencia de Software Libre Mancomún coordinará a versión en galego do navegador libre máis popular.
Tristan Nitot publicou unha rectificación no seu blog
Despois das súas polémicas afirmacións en Barcelona, Tristan Nitot rectifica e anuncia que haberá versión oficial do navegador Firefox na nosa lingua. O presidente e co-fundador de Mozilla Europa dera a entender a semana pasada que non había interese dos galegos en ter unha tradución do software.
A reacción dos grupos de tradutores non se fixo agardar e, co apoio da Consellaría de Innovación e Industria e o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún), puxéronse en contacto con Nitot, que xa publicou unha rectificación no seu blog.
Despois de anos de falta de entendemento con Mozilla e do traballo desinteresado de grupos de persoas que trouxeron o navegador á nosa lingua, xa dende as súas primeiras versións, por fin a tradución ao galego será oficial e aparecerá na web de Mozilla xunto ás outras versións.
Na web de Mancomún publícase un resumo de todo o proceso de contacto con Nitot e mais unha reportaxe sobre como funciona a tradución de software á nosa lingua.
A min xa me parecían unhas declaración moi aventureiras. Sabendo os grupos de traballo no eido da tradución de software ceibe que hai na nosa lingua, dicir iso carecía de sentido. Esperemos que pronto poidamos ter o novo Firefox