O rexedor lalinense cre que de momento non é fácil o entendemento pero avogou por deixar as portas abertas.
O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, cre que un pacto político entre o PPdeG e o BNG non é de momento fácil mais deixou a porta aberta de cara ao futuro cun "nunca se debe descartar nada". Nunha entrevista na Radio Galega este domingo, o dirixente popular defendiu que un partido democrático nunca debe renunciar a negociar con outro que tamén o é. Botando man do refraneiro Crespo espetou un "na terra dos lobos hai que ouvear coma todos" e avogou por ser flexíbeis, sen renunciar aos principios, á hora de dialogar con outras forzas.
Crespo sinalou que os conservadores xa están a quentar motores de cara os vindeiros comicios autonómicos e mostrouse convencido de que "se o partido apreta" poden acadar a maioría absoluta. Porén, o ex vicesecretario xeral do PPdeG recoñeceu que o partido non vive un bo momento a nivel estatal aínda que se mostrou seguro de que Rajoy vai saír "fortalecido" do congreso de xuño.
Carallo¡ os politicos do PPG xuntase cos nazis do BNG, chamarance PPGnazisBNG...JJJJJJJJJJJJJJJJAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAJJJJJJJJJJJJJJJJJJJAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA
Os únicos "lobos " ou raposos que quedan na vida política deste país son vostedes señor Crespo. Non imos ouvear como vostedes. Imos facer montesía e mantelos onde sempre deberon estar: no monte ! Así que tranquilo que outras especies como vostedes tamén os acompañarán no porvir da nosa historia .
No momento que o PP deixe de promover plataformas tipo Galicia Bilíngüe e se comprometa, ao jeito que fam os seus companheiros das Baleares, co processo de normalizaçom lingüística, si será possível chegar a acordos com eles.
Vejamos... se o Capital (ou os médios de comunicaçom de massas ou outras máfias na suas diferentes morfologias ou facçons) é capaz de pôr ao Berlusconi como Primeiro Ministro de Itália e ao txikilikuatre em Eurovisión como representante da "Santa, católica, militarista, reaccionária, monaquiquísima y oscurantista sociedad de la nación española"... Nom ham dar posto outro Fragasauro na presidéncia da Xunta? ou é que algo se move na Galiza que rompe tópicos?