Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSICIÓN NON DE LEI

A Cámara pide que se ligue a estabilidade laboral ás axudas aos medios

Apróbase por unanimidade un texto que tamén pide que se teña en conta o fomento da lingua nas empresas de comunicación.

Redacción - 19:25 22/05/2008

O Parlamento aprobou por unanimidade unha proposición non de lei para que as empresas de comunicación con "altos índices de precariedade" laboral teñan menos opcións á hora de obteren axudas públicas.

A proposición, defendida pola deputada do BNG Modesta Riobó, insta o Goberno a que nas convocatorias se inclúan claúsulas que desincentiven as empresas con emprego precario e lles concedan máis puntos ás que "demostren crear emprego estábel no último exercicio".

No texto pídese que nas convocatorias de axudas públicas, sinatura de convenios e contratación de publicidade con empresas de comunicación se inclúan criterios como a estabilidade laboral e o "incremento real" do uso da lingua galega.

Riobó denunciou que na prensa do país a precariedade acada o 50%, e que algunhas empresas someten os seus traballadores a "xornadas abusivas", estabelecen "horarios precarios" e substitúen "profesionais con experiencia por recén licenciados aos que se lles paga menos", ademais de abusar do "persoal en prácticas" e dos "falsos autónomos", o que redunda na calidade do traballo.


2,25/5 (4 votos)

Comentarios (2)

LOIS_DE_SILAN #1 22/Maio/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

""incremento real" do uso da lingua galega".

1,1; 1,11; 1,111; 1,1111; ... évos un incremento real!; 1, 2, 3, 4, ... tamén vos é un incremento real.

E, esa promoción aceptada por unanimidade tamén vos é un galegoexterminio real!

O ordenamento di: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa, coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos amais linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio.

Non vos hai ningún motivo para non cumprir a legaldade vixente ... a non ser esa peste de galegoexterminio eventualmente inconsciente.

Gaviotero #2 23/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Touriño: "Las instituciones no están para financiar prensa"

Touriño fue más lejos al preguntar a los periodistas: "¿Se imaginan ustedes que la Xunta estuviera en eso? Sonaría un poco raro, ¿no?".

http://www.elpais.com/articulo...

Y digo yo, embustero, ¿qué coj... haces sino financiar a la prensa desde la Junta de Galicia, que incluso los de El País han podido sacar una edición regional gracias a ti? Y de La Voz de Galicia ya casi mejor no hablamos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: