Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Xornadas sobre transporte

A alta velocidade agocha as necesidades dos camiños de ferro do país

Varios expertos reflexionarán sobre a oportunidade doutro modelo de comunicacións para Galiza.

Redacción - 09:00 21/05/2008

"As comunicacións coa metrópole (Madrid) son importantes, mais teñen valedores abondo", sosteñen desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, "pola contra, a integración do noso territorio é un elemento de desenvolvimento integral imprescindíbel para un progreso sustentábel".

Nese sentido, deseñáronse as xornadas de transporte que terán lugar os días 23 e 24 de maio, co obxectivo de debater sobre as necesidades de "compensar" a desintegración territorial de Galiza "provocada por unha formulación dos transportes feito desde unha óptica localista e sen ter en vista o conxunto da Galiza e a súa conexión co resto do mundo".

O encontro terá un triplo obxectivo. En primeiro lugar, debullará o impacto do tren de alta velocidade, o TAV. Ademais, afondarase de xeito xeral sobre o impacto ecolóxico dos transportes, contrapondo o transporte por estrada e o novo TAV ás posibilidades dunha alternativa de transporte por tren electrificado de proximidade. Un terceiro punto de interese será a achega de solucións á problemática das comunicacións en Galiza, no cadro actual do cambio climático e das emisións de gases de efecto invernadoiro.


Ligazóns

4,43/5 (7 votos)


Comentarios (4)

baltar69 #1 21/Maio/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

velahí un interesante debate do que espero que vieiros dé conta en profundidade, logo da demagoxia e o paroxismo da clase política en falar das enormes e carísimas infraestructuras do tav como futuro ineludible do artellamento económico e social de galicia.
sopoño que estas xornadas ensinarán, as claras, á poboación que as razóns de fondo para acometelo tren de alta velocidade non son outras que as de favorecer os intereses estratéxicos de multinacionais alemanas e francesas e as constructoras ibéricas, tan cercanas os grandes partidos capitolinos, que a crise inmobiliaria amenaza con resquebraxar, de forma que tódolos cidadáns paguen por un artigo de luxo que utilizarán catro empresarios ricos e os séus balidos da administración pública para ir de putas a madrí.

mariano_grueiro #2 21/Maio/2008 mariano_grueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo resumo: ir de putas a madrí
seino eu que vexo por madrí xente moi interesante en sitios inda máis interesantes.
Nun esceario de crise enerxetica precisamos estar preparados máis alo do AVE.
Precisamos un gran tecido ferroviario que nos permita prescindir do caotico transporte por estrada

Druida #3 21/Maio/2008 Druida
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está claro, o futuro de Galicia pasa por unha restructuración do tecido ferroviario interno. Cercanías, tren-lixeiro, metro, trens entre as 7 cidades....chamémoslle como queiramos.......Galicia un tamaño ideal para desenvolver unha boa rede ferroviaria. O problema é que isto non interesa (de momento).

ecoe #4 23/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O AVE de mal agoiro non agocha as necesidades dos habitantes: IMPÍDEAS!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: