Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta terza feira

Quintana afirma que o Consello Galego das Mulleres será unha realidade esta lexislatura

Vicepresidencia subliña que o órgano vai servir para darlle voz e capacidade de decisión ao tecido asociativo feminino de Galiza.

Redacción - 19:05 20/05/2008
O vicepresidente na comisión

O vicepresidente na comisión

O vicepresidente Anxo Quintana compareceu no Parlamento, na Comisión non permanente para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres, e anunciou a creación deste novo órgano, ademais de expoñer as actuacións (no campo do emprego, na creación dunha rede de equipamentos públicos de igualdade e benestar e para a maior visibilización e participación das mulleres) postas en marcha dende o seu gabinete para acadar a igualdade real entre mulleres e homes na Galiza actual.

O Consello Galego das Mulleres

Quintana asegurou que Galiza é un país feito por mulleres, e tras anos de marxinación e subordinación, "agora é o tempo das mulleres e de escribir en feminino". Para isto, para darlle máis voz ás mulleres, vaise crear o Consello Galego das Mulleres, previsto na Lei Galega para a Prevención e o Tratamento integral da violencia de xénero.

O novo órgano vai ter, entre outras funcións, a de elevar propostas e iniciativas aos poderes públicos, avaliar programas e iniciativas das diferentes Administracións, recoller das Administracións a información necesaria, promover a creación de consellos locais e comarcais de mulleres, elaborar informes sobre a situación da igualdade en Galiza ou ser escoitado antes da elaboración e aprobación dos plans de igualdade, de violencia ou de corresponsabilidade que se leven adiante.

Na actualidade estase a traballar no decreto que ha regular o Consello, mais o Goberno prevé poñelo en marcha antes de que termine esta lexislatura porque, segundo dixo Anxo Quintana, é un necesario "órgano que vai contribuír á promoción da autonomía e do empoderamento das mulleres e da súa participación na vida cultural, política, económica e social de Galiza".


4,2/5 (5 votos)


Comentarios (8)

Gaviotero #1 20/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quintana bien podría organizar un Consejo Galego de Totalitarios con toda su camarilla bloqueira...

Sabrexo #2 20/Maio/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que este señor entrara aquí unha vez á semana, bombardear as súas mensaxes "totalitarias" un día, e logo non se lle volvía a ver, aínda era tolerábel, era un puntiño gracioso. Pero se ten pensado seguir así, eu prefiro ir a outro lado, xa abonda de ler os seus insultos ao pé de cada noticia. Que o ature Vieiros.

rufus #3 21/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 eu creo que ao paxaro este lle vai a marcha.
Please, pasame o teu teléfono que che vou deixar o cú como a bandeira de Xapón.
Xa veras como quedas aliviado ;-)

Gaviotero #4 21/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaya, Sabrexo, veo que sólo quieres oír opiniones "al gusto", ¿no?

Por mí puedes irte a otro lado. En Cuba, por ejemplo, todas las opiniones serán coincidentes con la tuya, ya verás...

rufus #5 21/Maio/2008 rufus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 que queredes que vos diga??? a min este tipo, co toque ese rebelde e asocial cheo de acné, ponme un lote.
Please, mandame o teu teléfono!!!
Vas goçar neno!!!

sophia #6 21/Maio/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

PUTA ESPANHA E PUTOS ESPANHOIS FATXAS. VIVA GALIZA CEIVE.

aovellaquemira #7 21/Maio/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espero que tenham a suficiente inteligência e empatia como para chama-lo Conselho Galego de IGUALDADE.

Pedrel #8 22/Maio/2008 Pedrel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixemos que Gaviotero perda o tempol Que escriba así temos un áspid axexando e mantémonos alertas sobre o avance do feixismo.
VIVA GALIZA CEIVE
Eu non escribiría esto tódolos días se non existise Gaviotero
Gaviotero, o teu veleno é o que salva ós galegos e á Galiza do esquecemento.
VIVA O ÁSPID REVULSIVO CHAMADO GAVIOTERO. Ogallá atopes outro semellante que use o teu proprio veleno.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: