Así respondeu o arxentino que publicou un libro "racista" con chistes de galegos á denuncia legal feita pola colectividade galega.
Chámase Ricardo Parrota e ten –el coma os seus fillos- nacionalidade española. Parrota, que emprega o pseudónimo Pepe Muleiro para escribir os seus libros como o novo 'Super chistes gallegos', tomouse de broma a denuncia por discriminación presentada contra el, aínda que aclarou que non ten a 'intención de ofender a ninguén'.
'Son un comando de intelixencia galega, termo contraditorio se os houbese', dixo Parrota sobre os membros da comunidade que denunciaron á Editorial Sudamericana, que publicou o libro, ante o organismo estatal arxentino que combate a discriminación.
En declaracións publicadas hoxe polo diario local Crítica de la Argentina, o autor –que ten nacionalidade española e lla deu aos seus fillos- considerou que 'porse a defender chistes a esta altura é inútil'.
'Eu fago chistes de todo tipo, non só de galegos, e vendín máis de dous millóns de exemplares dos meus libros. Todos os anos fan este tipo de manifestacións', indicou.
O arquitecto arxentino de orixe galega Gastón Quiroga foi o primeiro en denunciar á Editorial Sudamericana por considerar que o libro contén 'agresións máis que chistes'.
A denuncia foi presentada o pasado 5 de maio ante o Instituto Nacional contra la Discriminación, la Xenofobia y el Racismo (Inadi), un organismo dependente do Ministerio de Xustiza, Seguridade e Dereitos Humanos de Arxentina, e foi apoiada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG).
A ela sumouse o presidente da Sociedade Hijos de Arantey y Centro Villamaría Perojano ((http://www.arantey.com/historia.htm)), Gastón Juan, quen do mesmo xeito que Quiroga espera que a comunidade galega se sume á denuncia, xa sexa de forma institucional ou individual.
'Os xudeus fan os seus propios chistes sobre os campos (de concentración), os franceses rinse dos belgas, os uruguaios dos arxentinos. Un chiste é un chiste, punto. Non hai intención de ofender a ninguén', escusouse Parrota.
O pasado luns Quiroga acudiu xunto a medio centenar de persoas ao espazo da Editorial Sudamericana na 34º Feira do Libro de Buenos Aires para repartir entre os presentes folletos que se manifestaban en contra do libro de chistes.
O obxectivo principal das denuncias, ademais de manifestar o malestar da comunidade galega, 'é impedir que o autor gañe diñeiro desta forma', segundo Quiroga, cuxa idea é conseguir que o recadado pola venda do libro vaia parar a causas sociais.
Tem nacionalidade espanhola e quer ganhar muito dinheiro; isso explica-o todo.
A sua aldraxe ós galegos é suficinte para que lle retiren a nacionalidade. Que lla quiten xa!
Ademais, si é español e ofendeu a unha colectividade española, ainda que fose no exterior, pode ser sulgado en España. Cunha condea adeus nacionalidade.
Pois eu vou facer de avogado do demo. Lin algúns dos chistes que se publican nese libro, e vexo que son os mesmos que aquí facemos de Lepe e os Lepeiros por exemplo.
Triste dun pobo que non se sabe rir de si mesmo, e sacar beneficio delo, como o fixeron os de Lepe, porque senon o sabedes os chistes de Lepe veñen pola envexa, Lepe e un pobo traballador e un dos máis prósperos grazas ao seu traballo é non a especulación urbanística e ao famoseo, e polo tanto o resto da comunidade autónoma andaluza decidiu mofarse deles cos chistes.
Este pobo en vez de denunciar, alporizarse, e demáis tonterías, aproveitou para que con elo se dese a coñecer máis ao pobo, conseguir visitantes, industrias, etc.
Hoxe todo o mundo sabe onde está Lepe un pobo de Huelva e sabe que unha das suas maiores industrias e a fresa.
Así que moitas veces vale máis rirse dun mesmo que andar en liortas absurdas.
#5 Concordo contigo,hai que saber facer autocritica e "autorisa" dun mesmo,pero o deste tipinho empeza a ter un certo tufinho xenofobo algo estrano.
¡Qué poco sentido tienen los nacionalistas gallegos! ¡¡¡Pero si ellos saben más de xenofobia y totalitarismo que nadie!!!
Y la publicidad que le están haciendo al tipo este...
Concordo con Anxo. Os galegos que alí emigraron son protagonistas deses chistes porque da nada prosperaron. Non todos chegaron a millonarios pero a gran maioría tiña un nivel de vida que moitas outras etnias non tiñan. Aspiraban a dar educación os fillos, etc. En definitiva non é máis ca envexa e frustración. O mesmiño que fan os españoleiros (que non españois que todo o mundo merece un respeto) cos cataláns. Moitos lles fode que sexan máis ricos, máis cultos, etc. Évos o que hai. Eses chistes non son para riren para fóra, son para rirmos para dentro.
En resumo: nin puto caso e a velos desde arriba.
Un Pais que é dos primeiros productores mundiais de alimentos, pero que ten nenos morrendo de fame, e ainda se permite o luxo de falar da falta de intelixencia dos demáis.
Claro, os españois veñen a sua Galicia coma bwanas e non a Galiza, que problema hai? miremos para o outro lado. O escarnio contra os galegos na literatura castelá débese a que eles facianse ricos co seu traballo, que problema hai? non se debeu as diferenzas culturais. E non vos preocupedes refirnse ao españois cando falan de galegos coma neste video.
http://youtube.com/watch?v=jY0...
Non vos preocupedes, esta actiude nace da envexa que nos teñen e non de prexuizos xenófobos ou racistas condenabeis en calquera outro caso, mellor ignoralos.
e facedelle caso a Gaviotero que el si que sabe, non sexades tan nacionalistas e non lle fagades propaganda a este señor.
Comentarios a este video. Moi esclarecedores por certo:
-Muy bueno! Cuantos recuerdos XD...por cierto en Vzla. diferenciamos a los españoles segun del lugar de procedencia los gallegos son los gallegos y los asturianos, asturianos, no generalizamos diciendole a los españoles "gallegos"...Eso si, para un venezolano un extranjero es un "musiu"(no importando de que pais venga)...pero siempre ha sido con cariño, somos fruto de la inmigracion, descalificar a los inmigrantes es discriminarnos a nosotros mismos. Suban mas videos!!!
-cuando en sudamerica se habla de gallegos se supone q se refiere a todos los españoles no?? lo digo por q como dice q es de galicia (comunidad autonoma de España) y además tiene el acento de los gallegos de galicia....
bueno que yo sepa, se refiere solo a Galicia...
lo que si, que es sin ofender.. en venezuela hay mucha gente con familia española, de hecho hay Españoles aun...
Saludos XD
Como ben di no último comentario, se fora a españois ofendería, se é a galegos non ofende así que non vos preocupedes. En calquera caso o deste video non deixa de ser suave ou anecdótico en comparanza co do libro, o libro contén bazófia xenófoba e racista pura e dura e non só chistes sen a maior importancia.
Si, como Risco, ainda bem que foi o único; o resto, ao contrário do que os nacionalistas espanhois, forom e somos internacionalistas e antifascistas.
gaviotero, umha coussa e "desenvolver" um papel (que e o q voce fai aco) e outra insultar a gente...Se nom lhe aprenderam educacom ainda esta a tempo. Repito: discrepar o qie queia, insultar NOM
Antes de aproveitar (umha vez mais) contra o nacionalismo galego, haveria que pedir-lhe a quem assim obra que observara que, desta vez, a reacçom veu de dentro, ou seja, da própria Argentina. É dizer, é bastante provável que dentro da sociedade argentina este fenómeno editorial dos "chistes de gallegos" comece a levantar antipatias.
Polo demais, poido imaginar o nível cultural de quem consume semelhantes produtos.
...e Parrota reafirma-se, com outra carga de profundidade: galegos e inteligência som dous conceitos contraditórios.Vale.Pois espero que, com a que está caindo, se depois sofre algum tipo de conseqüência tenha a mesma galhardia para apencar com ela que para nom menear-se ante as críticas. Que nom vaia logo de vítima.
Um par de cousas:
1) Os chistes som de gallegos nom de galegos, ou seja os protagonistas som o gaviotero & company, ou seja desses colonizados imbecis e escuros que nom merecem mas que desprezo.
2) Os brasileiros fartam-se de contar as mesmas piadas, mas os protagonistas som: argentinos.