Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
María Seoane, presidenta de Novas Xeracións

"É un día de concordia, para enxalzar o valor da nosa lingua como canle de comunicación entre todos os galegos"

Cre que debería falarse o galego todos os días do ano, "pero nunca en confrontación".

Redacción - 14:17 15/05/2008

"Penso que é un día de concordia, para enxalzar o valor da nosa lingua como canle de comunicación entre todos os galegos. É unha lingua de unión e non de confrontación, deben eliminarse as barreiras.

Dende Novas Xeracións imos festexar esta data coa celebración dun concurso de Poesía e Relato Curto en galego e tamén se fará unha homenaxe en Celanova a Curros Enríquez e por suposto, ao homenaxeado deste ano, Xosé María Álvarez Blázquez.

Trátase dun día para honrar as nosas letras, pero tamén os nosos autores. É interesante e bo para enxalzar a nosa lingua. Debería falarse o galego todos os días do ano, pero nunca en confrontación".


3/5 (2 votos)


Comentarios (1)

prometeo #1 16/Maio/2008 prometeo

Buuufff! demasiado cinismo para o meu estómago.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: