Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil

Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Ás 3.00 horas, con 100 quilos de explosivo

Morre un garda civil tras estourar un coche bomba en Euskadi

A explosión produciuse nunha casa cuartel da localidade de Legutiano (Araba) sen previo aviso. Hai catro feridos, mais a súa vida non corre perigo.

Redacción - 09:30 14/05/2008

Un garda civil morreu e outros catro resultaron feridos pola forte explosión dun coche bomba na madrugada do martes ao mércores nunha casa cuartel da Garda Civil en Euskadi, na localidade de Legutiano (Araba).

O axente falecido era Juan Manuel Piñuel Villalón, un melillés de 41 anos. Estaba casado e tiña unha filla. Os catro feridos foron trasladados aos hospitais de Santiago e Txagorritxu, en Vitoria-Gasteiz, mais non se teme pola súa vida.

O coche bomba -que todo indica foi colocado por ETA- era unha furgoneta cargada con máis de 100 quilos de explosivo. Estaba aparcada á porta do cuartel, situado ao bordo da estrada N-240, á entrada da vila, e estourou sen previo aviso contra as 3.00 horas.

3/5 (9 votos)

Comentarios (10)

mceleiro #1 14/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O "problema basco" é como o mito de Sísifo. Tragédia eterna. Dois grandes partidos vivem disto.

Ghaviotero #2 14/Maio/2008 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só unha reflexión:

O dous de maio vimos grandes festexos en Madrid pola lembranza do erguemento contra os franceses. Alí estaban todos eloxiando ao "povo español" que rebelouse contra o "invasor francés".

O povo español semella que pode rebelarse contra o invasor francés. O povo basco pode rebelarse contra o invasor español?

A masacre dos afrancesados por parte dos sublevados semella lexítima se é feita por españois. É lexítima a masacre dos españolizados por parte de ETA?

Son só unhas cuestións. Eu pola miña parte gostaría dunha resposta española a elas.

elrr #3 14/Maio/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ghaviotero, é o mesmiño, cuspidiño.

O exército español vai por Euskadi fusilando patriotas vascos e poñendo reis españois polas armas en lugar dos gobernantes elixidos lexitimamente polo pobo vasco.

mceleiro #4 14/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não, elrr, isso é em Afganistão, Líbano, Haiti,... Em Euskadi com torturar, ilegalizar, dispersar, censurar, malhar, etc, já chega. Bons e maus. Assim de simples.

BonKarallan #5 14/Maio/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pór unha bomba nunha casa familiar non é nin patriótico, nin efectivo. Pero non lhes importa. Fano por foder.

guillerme #6 14/Maio/2008 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Elrr sinto dicirche que si, España pon un rei español en Euskadi e tamén en Galiza, collendo os nosos impostos e gastándoos sabe deus en que.

Atlantico #7 14/Maio/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixando á marxe as carnicerias. A invasión do Pais Vasco foi peor que a invasión de España, Os españois tiñan un rei Fernando VII que voluntariamente lle cedeu o trono de España a Napoleón, o do Pais Vasco foi unha conquista militar.

sozinho #8 15/Maio/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A aberración é esa licenza para matar chamada guerra, que fomenta a sicoptatía e saca o peor dos humanos. Os "patriotas" vascos son voluntaristas nese camiño.
Os 7 inxenuos comentarios anteriores non me merecen máis verbas que: lede historia.
Quen dixo que Melilla era mal destino...

sophia #9 15/Maio/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A violencia nunca está xustificada, malia que moitos de nós esteamos a prol da independencia de Euskadi, iso non quere dicir que se mate a ninguén, aí teñen o Parlamento pra reivindicar as súas ideas, aí a rúa pra manifestarense, digo eu...outra cousa é que cada vez que @as vasc@s reclaman autodeterminación e outros dereitos, xa os condenen porque o estado español din que é "apoloxía do terrorismo", iso tamén me parece inxusto dabondo...é complicado.

sophia #10 15/Maio/2008 sophia

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: