Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ciclón 'Nargis'

Birmania recoñece 80 mil mortos, mais a cifra podería superar os 100 mil

A Xunta Militar que goberna o país aceptou a axuda humanitaria de Estados Unidos.

Redacción - 12:05 08/05/2008

A embaixada de Estados Unidos en Birmania asegurou que recibiu informacións, baseadas en datos de ONG internacionais non precisadas, que cifran en máis de 100 mil o número de persoas mortas na zona do delta de Irrawaddy, como consecuencia do paso do ciclón Nargis.

Pola súa banda, a Xunta Militar que goberna o país deulle permiso á aviación estadounidense para levar axuda humanitaria ás rexións afectadas. Ademais, recoñeceu que 80 mil persoas perderon a vida unicamente no distrito de Labutta.

A Xunta mantiña dende o domingo unha actitude contraria a aceptar a colaboración internacional, mais finalmente cedeu ante as presións. Incluso esta cuarta feira, Francia propuxo a entrada sen permiso do réxime e solicitoulle á ONU una cláusula especial neste senso.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 8/Maio/2008 ecoe

Tras do show tibetano, agora o "birmano" (Myanmar) nas media occidentais! (Agora "xa" "aceptan" a axuda USA ou sexa a USAID (penetración e control).

Quén SOSTÉN a dictadura militar birmana?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: