Van Walsum recomendoulle á Fronte Polisario que renunciase á secesión da ex colonia española. A valoración contradí o último informe de Ban Ki-Moon.
A valoración de van Walsum contradí o último informe de Ban Ki-Moon
O enviado especial da ONU para o Sahara Occidental, Peter Van Walsum, recomendou este luns nunha comparecencia ante o Consello de Seguridade que a Fronte Polisario adopte unha postura "realista" e renuncie a unha posíbel independencia da ex colonia española anexionada por Marrocos.
O presidente de quenda e embaixador de Suráfrica, Dumisani Kumalo, afirmou á saída da xuntanza que Van Walsum falou "a título persoal", e que a súa valoración é "contraditoria" co último informe do secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, que recomendou a intensificación das negociacións e que non toma parte.
"Van Walsum dixo na súa recomendación que a opción realista é que a independencia pode non ser posíbel e que a Fronte Polisario podería non alcanzar ese obxectivo", afirmou Kumalo, que engadiu que "de ser así, terémoslles que dicir tamén aos palestinos que sexan realistas e que esquezan o seu Estado".
O Consello de Seguridade, dividido
O Consello de Seguridade está dividido. Suráfrica e outros membros non aliñados coidan que o Sáhara Occidental debería ter unha oportunidade para a independencia. Porén, Estados Unidos e Francia apoian o plan de autonomía de Marrocos.
A finais de abril o Consello debe renovar a forza de paz no Sáhara. O interese reside agora, tal e como apuntan os países non aliñados, en ver como poden afectar os comentarios de Van Walsum na elaboración do mandato para esta nova misión.
era boa; cómo vai selo sahara independente?
independente pode ser kosovo, bosnia, croacia ou eslovenia así como santa cruz, tarija, beni ou pando, dado que actualmente bolivia está gobernada polo que o grupo prisa califica de peligroso populista que no respeta la propiedad privada ni los acuerdos internacionales.
independente poden ser tamén os cachos en que eeuu pretende convertilo antigo iraq, o tibet e cantas repúblicas se quixeron desgaxar da antiga unión soviética. incluso zulía, en venezuela, é percetible de independizarse do estado bolivariano comandado polo terrible mico mestizo hugo chávez.
pero o sahara teno crudo. marruecos está apoiado por eeuu e a ue, polo que os refuxiados que viven en arxelia teñen difícil volver a súa terra como propietarios; permitiráselles, eso sí, vir de inquilinos como veñen os séus fillos de visita durante os verán galegos.
e crudo o teñen tamén transnistria, osetria do sur, euskadi, córcega, o nagorno karabaj ou galicia. como decía fai uns días un comentarista, para ser independiente hai dous camiños: ou tela forza para arramplar cara adiante sen pedires permiso ( caso de israel, por exemplo, que independiza terras palestinas o séu arbitrio mentras solana, moratinos e o máis nutrido da caterva progresista europea prorrumpe en rapsodias e comentarios anexos de texto ) ou precisas un primo tipo zumosol. e non vexo eu nin ós de mohamed abdelazid nin ós outros mentados ( e non están tódolos que son )ter moitos amigos para esas aventuras independentes. será que non teñen nada que ofrecer ás multinacionais que dirixen gobernos, exércitos e premios nóbeles da paz? será que robert menard non ten tempo de loitar por estes súbditos da perifeira democrática?
Concordo totalmente. Tamén se podía engadir entre os que poden ser independentes a provincia boliviana de Santa Cruz, poboada maioritariamente por brancos. Porén, eu coido que o Sahara Occidental ten posibilidades de selo cando remate, algún día, a ditadura "homologada" do sultán de Marrocos.