Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentará mocións pedindo a derrogación

O PP mobiliza os seus edís contra o decreto do hábitat

A conselleira de Vivenda recorda que os concellos contarán este ano cun millón de euros para garantir o cumprimento das Normas.

Redacción - 09:00 22/04/2008
Afonso Rueda, secretario xeral do PP

Afonso Rueda, secretario xeral do PP

O PPdeG anunciou este luns que moverá aos seus representantes en todos os municipios do país a presentaren mocións instando a Xunta a derrogar "de inmediato" o decreto de habitabilidade. A decisión chega ademais despois de que o presidente do partido, Alberto Núñez Feijoo, subliñase que no caso de gañar as próximas eleccións suprimirá este decreto.

Perfecto Rodríguez, alcalde do PP en Ponte Caldelas e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, resumiu así os argumentos do seu partido contra a Norma do Hábitat, cualificándoa de "intervencionista", queixándose de que "xera inseguridade" e "rexeitamento", criticando que "invade competencias municipais", advertindo de que "bloqueará a aprobación de planeamentos" e asegurando que "incrementará o prezo dos pisos un 30%".

Táboas ve a voz dos promotores por tras da do PP
"A oposición frontal de certos promotores era previsíbel", explica este luns a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, desde a web do BNG. Táboas recoñece que este sector considerou "a súa marxe de beneficios reducida" e entende que estes intereses "tamén repercuten nos posicionamentos de certas forzas políticas". "Na polémica destes días coas Normas do Hábitat Galego penso que todos quedaron claramente retratados para a sociedade galega", sentencia a conselleira.

"Cando non se teñen argumentos sólidos a demagoxia de que van subir os prezos da vivenda é a ferramenta que se utiliza", láiase a conselleira de Vivenda. Lembra Táboas que estes prezos xa medraron en Galiza "até un 300% nos últimos 10 anos", provocando que moitas persoas "quedaran fóra do acceso a unha vivenda". Nese contexto, na súa opinión chegaron os tempos de que os beneficios do sector inmobiliario se reduzan e pasen a parecérense máis aos doutros sectores económicos. "A construción ten uns beneficios que rondan o 5% e no sector da promoción houbo momentos en que o beneficio se multiplicaba por 100 e por 200% do que se investía realmente", indicou.


Os construtores cargan de novo contra a Norma

A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo tamén bourou contra as Normas do Hábitat. O seu presidente, Hipólito Trinidad, dixo estar convencido que é imposíbel que saian adiante no tempo”. O representante dos construtores atacou á Xunta dicindo que “dende un despacho en Santiago é moi fácil sacar normas e leis, sobre todo xente que na vida pisou unha obra. Se nos escoitasen dende o principio, estou seguro de que estas normas serían distintas”.


2,33/5 (3 votos)


Comentarios (11)

baltar69 #1 22/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a mín esas famosas e cacareadas competencias municipais danme moito en que pensar.
desgraciadamente, e ca connivencia de tódolos contribuíntes tanto por activa como por pasiva, as corporacións municipais dende ortegal ó miño ( e dende fisterra a marbella )teñen moito que ver neste colosal desaguisado urbanístico e económico. non están soios os concelleiros, os aparelladores, secretarios municipais e constructores neste tinglado, pero sí son os máis achegados( tal e como gustan decir eles mesmos, o concello é administración máis cercana ao cidadán )e algún currante empeñado até as cexas quizás un día ou outro empezará a razoar do por qué desta súa situación e cecais empece a sospeitar que detrás da nova furgoneta de parques e xardíns, dos empregados que podan os bimbios xunto ao río con insultante parsimonia, da nova fotocopiadora a coores e do bmw do alcalde ou do concellal de urbanismo, está unha boa parte da súa hipoteca e do futuro dos seus fillos. cando así sexa, espero que, como é normal neste punto do occidente democrático, se santigüe e corra a votar de novo dentro de catro anos para seguir sacando a pucha diante da casa do concello.

Sabrexo #2 22/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.bng-galiza.org/open...

Tino #3 22/Abril/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PP ten razón: q é iso de meterse na vida dos cidadáns?
Q é iso de facer leis de consumo, de hixiene, de educación, de seguridade nas estradas, de fabricación e importación de produtos seguros... leis e mais leis para nada!
O q me estraña é q os do PP agora son os novos ANARKISTAS: pois non poñen moita pasta para a causa, pq os carteis q se ven apegados polas paredes seguen sendo simples fotocopias, como os seseta...

Xistral #4 22/Abril/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A lei do PP é: me gusta vivir en una república bananera porque así cada cual hace lo que quiera.
Os concellos non deberían ter ningunha competencia, simplemente deberían administrar, ningunha capacidade para lexislar. En Galiza hai máis de 300 concellos dos cales máis de 200 están gobernados por analfabetos funcionais e en algún caso por analfabetos totais (dos que non len).

edreira #5 22/Abril/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois de darlle moitas voltas xa sei o que defende o PPdeG, o dereito dos coellos de monte a facelo seu toco. Esquecen que somos persoas, non coellos.
Fan ben ir contra os intereses da xente é a mellor oposición que se pode facer.

fillotolo #6 22/Abril/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Á lei do Habitat deberían engadirlle un novo punto que permita aos militantes e votantes do PP legalizar cortellos a modo de vivenda para o seu propio uso. Se eles queren vivir como animais e outros os ven como tal que problema hai???
Cada día hai máis paletos en Galiza

ecoe #7 22/Abril/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende agora xa sabemos que a fracción maioritaria do BIPARTIDO DO CEMENTO -bipartidismo único- (tras da escisión, antes era PC) está toda integrada no PP.

Atlantico #8 22/Abril/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os popularras son celosos das súas fontes de financiación.

fuco-lois #9 22/Abril/2008 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si señores e señoras que poñan a Contru-4 ao frente da rebelión contra o "hábitat". Hai que ser pailáns!

Dogma #10 22/Abril/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MMMMMMMMMMMM .... Dende logo a onde imos a parar...
Nun estado que é o 8 mais corrupto do mundo e practicamente exclusibamente a causa do urbamismo, van a facer normas urbanisticas para que sobre todo certos alcaldes-promotores non desfalquen aos cidadans.... POS BEN VIDAS AS NORMAS INTERVENCIONISTAS...

Se xa o decia Telmo Martín en Pontevedra... "PRESENTOME A ALCALDE NON POR IDEAIS POLITICOS".....

JOSEGALAICO #11 22/Abril/2008 JOSEGALAICO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PP con tal de favorecer ós seus amigos promotores ,alcaldes constructores e demáis vividores do cemento especulador e capaz de poñerse en contra dos cidadáns criticando unha norma de primeira necesidade coma a de ter unha vivenda digna.
Pero xa o pagarán para o ano próximo nas eleccións(si non facemos coma despóis do Prestige,claro)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: