"Ningunha das miñas palabras podería describir a dor e o dano producido por este abuso", dixo. Este venres pronunciará un discurso na asemblea da ONU.
O Papa celebrou unha misa multitudinaria en Washington, esta quinta feira
O máximo representante da igrexa católica, o papa Joseph Ratzinger (coñecido oficialmente como Bieito XVI), reuniuse esta quinta feira -por vez primeira e por sorpresa- cun grupo de vítimas de abusos sexuais de sacerdotes pederastas estadounidenses, que lle relataron individualmente o drama que viviron.
"Ningunha das miñas palabras podería describir a dor e o dano producido por este abuso", sinalou Ratzinger, que lle pediu á comunidade católica que amosase a súa proximidade a estas vítimas.
O Vaticano informou nunha nota que tras escoitalos "dedicoulles palabras de alento e de esperanza", á vez que lles prometeu oracións "polas súas familias e por todas as vítimas de abusos sexuais".
O encontro non estaba incluído no programa da súa viaxe a Estados Unidos, que emprendeu o pasado martes e que rematará este domingo, mais era unha cita coa que os medios do país xa especularan. Antes, este venres, participará na asemblea das Nacións Unidas onde pronunciará un discurso.
Isto lémbrame a eses programas de telelixo nos que os agresores van dicirlles ás vítimas "te quiero mucho, vuelve".
A ver qué vai cambiar do seu discurso, tras de coñecer tan r"reducido" e "solpresivo" grupo de victimas. Nada, só foi lavar a casca do gravísimo problema sexual da Igrexa e do Vaticano Co.
"Ningunha das miñas palabras podería describir a dor e o dano producido por este abuso"... "Por iso vou meter man no asunto".
A Deus rogando e co mazo fornicando.
Outra cousa: O Mazinger iste é coñecido oficialmente como Benedicto XVI, como Bieito XVI non o coñecen nin os seus fillos.
Também por Bento XVI. Ainda que Mazinger é o mais popular mundialmente, não só nestas terras.
e logo o polaco aquel que bicaba o chan e liberou europa xa non está de papa?
#5 botárono.... o cadaleito.
non importa que morrera, xoan pablo segundo vive e vivirá sempre no corazón dos fieles; será o papa eterno, un santo xa en vida que, ahora ausente das banalidades humáns, debe estar a lidiar para ocupar, si cabe, inlcuso o sitio do mismísimo deus dos ceos. despos de el xa non hai papa, non hai deus e xa non hai nin relixión cristiá: hai soio woijtilismo, amor fraterno mentras a súa doce voz nos conmina: goven, hedoniiismo es sóolo un dessseo passsagero...