Unha das webs inclúe todo tipo de recursos para as pemes, mentres que a outra contén ligazóns ás outras páxinas da consellaría da mesma temática.
A Consellaría de Innovación e Industria presentou este martes dúas novas páxinas web dedicadas ás pequenas e medianas empresas. A primeira delas, GaliciaPMS, é un espazo destinado especificamente a fornecer de ferramentas de información e servizos ás pemes, mentres que GaliciaXa é un portal de acceso a todas as iniciativas en liña da Consellaría destinadas ao tecido empresarial.
O portal GaliciaPMS inclúe seccións como "Enterpemes", de servizos, foros e videoconferencias, "Oportunidades de negocio", cun taboleiro virtual e datos de contacto de 70.000 pemes do país, ou "Programas e servizos", con información sobre axudas e concursos e unha área de descargas.
Ademais, a web inclúe a Guía dos Parques Empresariais Galegos, con toda a información sobre eles, como a súa localización, accesos, infraestruturas, empresas que os compoñen e espazo libre.
Por outra banda, GaliciaXa é unha páxina contedor de acceso aos diferentes proxectos da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Actualmente, ten ligazóns a ByGalicia, Sociedade da Información, Mancomún e ao mesmo GaliciaPMS. Pódese acceder a cada unha desas páxinas ou subscribirse mediante unha semente RSS a cada unha delas.
Ve-se que Industria nom é da politica do Bloco, é dizer da Galiza. O Branco ademais de trabalhar para as empresas espanholas e o CNI (segundo o informe do CNI WHo is Who at CNI), está contra Galiza.
Viva o Comité Central da UPG e o pensamento jibaro
Não é problema de pensamento, laurinha, é de falta dele. De qualquer ideologia.
Agora resulta que promover que as PEMEs compitan no mundo globalizado en que vivimos é malo. Eu son nacionalista i empresario pero o que non son é parvo. Viva a UPG, viva o marxismo, viva o comunismo, logo viva o aislamento e viva a fame. O sistema no que vivimos é o que é, inxusto? tal vez, pero que queredes realmente? competir como as mellores e amosarlle á nosa xente que o máis rentabel para nós e xestionar os nosos recursos por nós mesmos ou pola contra queredes defender un nacionalismo irracional e alonxado da realidade.
¿Laurinha, cal é a receita da UPG no que a economía se refire?.
Veña, viva a UPG, o marxismo, o comunismo,... viva, viva (pero que non me falten 50 € pra ir de copas).
Por certo senón recordo mal Branco é afiliado da UPG pero non é parvo, e me alegro.