Máis de 3.000 axentes intentan parar as protestas a prol dos dereitos humanos. No vídeo poden verse as protestas que este domingo se produciron tamén en Londres.
A capital de Francia amenceu este luns cun amplo dispositivo de seguridade. Máis de 3.000 axentes vixían o percorrido do facho olímpico nos 28 quilómetros que separan a torre Eiffel do estadio Charlety.
As forzas de seguridade tratan de evitar por todos os medios as protestas pola represión militar chinesa contra os tibetanos. A tensión nas rúas e de tal magnitude que o facho olímpico tivo que facer un dos tramos nun autobús para evitar que os manifestantes o apagaran,
O lume olímpico chega a París procedente de Londres. Na cidade inglesa houbo fortes protestas que mesmo afectaron ao percorrido.
Poden ampliar en Le Monde e Liberation. Tamén poden seguir en directo o percorrido do facho en TF1.
Imaxes das potestas deste domingo en Londres:
ÉSES defensores dos DDHH: ónde están o resto do ano? E durante o ano pasado? E o anterior?
Afortunadamente, salvado o enfrontamento ca dictadura de ollos rasgados, TODO SOLUCIONADO.
MOOOOIII BEEEEENNNN polos activistas "repentinos ou repentistas"!!!