Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PON TRES CONDICIÓNS

Sarkozy podería boicotear a cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos

Pide a fin da violencia contra a poboación, a liberación dos presos políticos, e a apertura del diálogo con el Dalai Lama.

Redacción - 17:00 05/04/2008

Nicolás Sarkozy podería non asistir á cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Beixín. O xefe de Estado francés tomará a súa decisión "en función da evolución dos acontecementos", segundo indicou nunha entrevista en Le Monde a secretaria de Estado de Dereitos Humanos, Rama Yade. Segundo Yade, Francia Francia plantexa tres condicións "indispensábeis" para acudir á inauguración dos Xogos.

Trátase da "fin da violencia contra a poboación e a liberación dos prisioneiros políticos, que se faga a luz sobre os acontecementos tibetanos, e a apertura do diálogo co Dalai Lama".

Por outra banda, Yade esixiu a liberación "inmediata" de Hu Jia, o emblemático activista chinés dos dereitos humanos que foi condenado esta semana a tres anos e medio de prisión.


5/5 (2 votos)

Comentarios (4)

Sabrexo #1 6/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema de Sarkozy é a relación comercial de China cos países africanos, que Francia considera o seu patio privado. Nese ámbito os chineses están gañando porque se lles ocorreu a idea de PAGAR polos recursos naturais, non de EXPOLIAR dando case nada en troques, como fan europeos e estadounidenses.

Propoño que os Xogos Olímpicos os organice o Irak ocupado, e que na cerimonia inaugural desfilen catro grandes demócratas homologados como son Bush, Sarkozy, Uribe e o Dalai Lama.

Tino #2 7/Abril/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outra vez metes a pata até o fondo Sabrexo: se francia/sarkozy kixeran manter esa política (q o fan) non usarian os xogos olímpicos para kedar en evidencia. Teñen o apoio de alemaña, e os paises baixos para boicotar políticas económicas en foros moito mais importantes como o Acordo Internacional sobre os Aranceis, o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, etc.

Non xustifiquemos os atropelos q está facendo ese país anti-democrático cun país invadido e q pretende barrelo do mapa. E menos ainda cos atropelos q fan paises q se autodenominan democráticos e tamén invaden países, pq enton xustificamos todo. Son ganas de marear Sabrexo.

Sabrexo #3 7/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non son ganas de marear, non xustifico nada e defendo o dereito de autodeterminación do Tibet igual que o de Galiza. Pero que non veña xente de dubidosas credenciais democráticas como eses catro que mencionei dar leccións de nada.

Tino #4 7/Abril/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Podes non coincidir coa sua posición politica, pero a ver onde están eses q si nos deverian dar ,,leccións" e calan, q é moito pior q o q fai este personaxe q tan pouco che gusta (a min tampouco) pero céntrate: a causa e a razón é a negación dos dereitos humanos na China e no Tibet, e o apoio internacional q lle están dando o resto dos países q se consideran democráticos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: